No DOG de 11 de febreiro de 2010 [
, 253 kB] convócanse 3.077 axudas para realizar actividades de inmersión lingüística durante o ano 2010, dirixidas, entre outros, a alumnado de ESO e Bacharelato. Para optar á axuda é preciso cubrir un formulario electrónico de solicitude na páxina: http://www.edu.xunta.es/axudasle e seguir os pasos que se citan no devandito DOG. O prazo de solicitude remata o 12 de marzo de 2010.
O venres 12 de febreiro as clases rematarán as 11:20 horas. Entre as 11:20 e as 14:10 haberá actividades. Programa de actividades [
, 195 kB].
9-10-11 de febreiro: Segundas Probas. Máis información [
, 153 kB].
O xoves 17 de decembro tivo lugar a entrega de calificacións ao alumnado de ESO e Bacharelato. O alumnado de PCPI recibiu as súas calificacións o venres 18 de decembro.
O próximo día 14 de marzo un grupo de alumnos e alumnas do noso centro acompañados pola profesora Isabel López Mariño e o profesor Carlos Vidal comezaran o II Intercambio Escolar IES Xosé Neira Vilas de Oleiros / Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes. Programa [
, 62 kB].

O equipo directivo quere agradecer a participación de profesorado e alumnado nos actos celebrados durante o venres 12 de febreiro, previos ao entroido. Grazas polas lambetadas, grazas polas poesías recitadas, grazas polos disfraces, grazas pola música, grazas polo teatro, GRAZAS. Unha participación tan ampla, cun espírito multicultural tan vibrante, no que cada quen tivo tempo para expresarse e reivindicarse, é un preludio excelente para a II Semana Intercultural que xa está en cernes.
Feliz entroido a todas e todos. O luns 22 de febreiro retornamos con máis ensinos e praceres.
O alumndo de cuarto curso e Bacharelato asistirán a unha conferencia sobre a ría do Burgo e despois haberá unha saida para coñecer "in situ" a situación do humedal. A saida asistirá o alumnado de bacherato.
Esta actividade está organizado polo CEIDA Centro (Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) e as profesoras Carmen Porta e Patricia M. Leyenda.
O día 29 de Xaneiro púdose coñecer a ravés da exposición de Mathilda Anderson na fundación Caixa Galicia, cómo era a situación de Galicia nos anos trinta. O alumndo foi acompañado polos profesores Eduardo Álvarez e Ricardo Puig
Entre os años vinte e trinta do pasado século Mathilda Anderson percorre Galicia retratando con detalle todo aquelo que lle impresiona, tanto nas cidades como no mundo rural. Sorprende o afecto co que trata ás súas personaxes salientando a dignidade humana nas fotografías da súa estadía en Galicia. Inicialmente representa edificios e despois son as persoas as retratadas, representando esta exposición un gran estudio de tipos humanos e costumes deses anos en Galicia.
Por iniciativa de 2º curso de ESO estase a recoller axuda económica en todo o noso centro educativo para os damnificados de Haití.
As alumnas Irea Hernández e Lidia Sotorríos son as encargadas de recoller todo tipo de axudas.
Moitas gracias a todos pola colaboración.
De novo coa colaboración do CEIDA (Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia), iniciamos o segundo trimestre deste curso académico coa exposición "Áreas mariñas protexidas", un paseo polos recursos do mar e as problemáticas de conservación deste entorno tan valioso para a nosa vida. Con ela trátase de sensibilizar sobre o patrimonio marítimo e a necesidade de preservar e manter as áreas protexidas como instrumento de conservación dese patrimonio. Do 12 ao 26 de xaneiro de 2010 no IES Neira Vilas.
![]() |
![]() |
O pasado día 21 de Decembro o alumnado do noso centro tivo a oportunidade de pasar unha mañá moi divertida escoitando as historias do famoso actor Cándido Pazó.
![]() |
![]() |
Alumnado de 3º e 4º de ESO fai reflexións sobre noticias de actualidade
Máis información...