Exposición de Proxectos

Celebrada a semana do 14 ao 18 de abril de 2008, celebrouse a Semana das Ciencias coma outros cursos.

O Departamento de Tecnoloxía expuxo unha serie de proxectos realizados voluntariamente por alumnos/as de 4º da ESO.

Os proxectos foron elaborados aproveitando os recreos e algún martes de xoves pola tarde, ademais de usar algunha hora de clase. Este desinteresado traballo é moi de agradecer a tódolos alumnos e alumnas que expuxeron os seus traballos.

Realizouse unha mostra de proxectos acompañados de carteis explicativos, con explicacións dos autores ao demais grupos das clases de ESO e Bacharelato, segundo a planificación realizada e exposta na sala de profesores. O día de montaxe foi o mércores 16 de abril de 2008 e o de explicacións o xoves 17 e o venres 18 de abril.