Arquivos da etiqueta: A Fábrica

Novos mediadores do Neira Vilas

Dende o pasado mércores 5 de novembro ata o 10 de decembro desenvolveuse no centro cultural A Fábrica de Perillo un novo Obradoiro de Formación en Mediación Escolar.

Este obradoiro está promovido polo concello de Oleiros e contou con 12 horas de formación que foron impartidas todos os mércores de 16:30 a 18:30.

Neste curso formáronse 16 novos mediadores, 12 de primeiro de ESO e 4 de segundo de ESO. Un gran éxito de convocatoria. Os novos mediadores xa forman parte do Equipo de Convivencia e Mediación.

Parabéns a todos e o noso agradecemento a Octavio, que impartiu a Formación, e á Concellería de Cultura do Concello de Oleiros, que nos apoia neste proxecto e nos axuda a mantelo vivo.

Olimpíada alternativa

Olimpíada alternativa
Olimpíada alternativa

O remate do primeiro trimestre realizouse con esta actividade na que competiron todas as parellas que se poideron formar co alumnado de ESO 1º, 2º e 4º (os de 3º estaban de concerto na Fábrica).

Os participantes sometéronse a un total de dez probas dirixidas polo alumnado de 1º de Bacharelato nas que se puxeron a proba ás súas destrezas físicas, as súas habilidades motrices, os seus referentes culturais a as súas capaciades memorísticas, sensitivas e interpretarivas.

A competición organizouse por niveis resultado ganadoras as seguintes parellas: Noemí Iglesias – Amanda Muñoz (1º), Antía González – Sandra González (2º) e Alberto Basante – Pedro Álvarez (4º).

Neira Vilas visita o seu instituto

Neira Vilas visita o seu instituto
Neira Vilas visita o seu instituto

Xosé Neira Vilas, o gran escritor galego e persoa que da a seu nome ao noso instituto, visitounos o día 31 de outubro acompañado de Valentín García, Director Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e Angel García Seoane, Alcalde de Oleiros.

Á chegada ao centro, foi recibido por Agustín Fernández, Director do Instituto, e unha representación dos delegados do alumnado que lle deu a benvida e lle entregou un ramo de flores. A continuación Neira Vilas mostroulle ao Director Xeral o fondo editorial que se leva xuntado no Instituto, con practicamente todas as edicións dos seus libros, así como os paneis que recollen unha breve reseña da súa biografía.

Seguidamente asinou dedicatorios para os diversos grupos de alumnos que llo pediron e compartiu uns minutos co profesorado e persoal non docente.

Como remate da mañá, Neira Vilas trasladouse ao Centro Cultural A Fábrica onde mantivo un encontro co alumnado de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato para lles presentar a exposición “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun Neno Labrego”, organizada

Cachai: A historia dun ventríluoco no chile de Pinochet.

(Teatro para a reflexión e o debate filosófico)

O 22 de outubro de 2009, na Fabrica de Perillo, acudimos todo o alumnado de bacharelato e algún achegado de outros niveis de ESO. Alí encontrámonos cos compañeiros e compañeiras do Miraflores.

A pesar do intempestivo da hora, a obra de teatro que representaron actores profesionais impresionounos. Cachai é unha adaptación ao teatro do libro do filosofo Miguel Morey “Deseo de ser piel Roja”. O desigual reparto da riqueza no mundo, a perda da liberdade tras o golpe de estado, a loita por sair da miseria… foron asuntos abordados na obra. Ao remate convertidos en obxecto de discusión filosófica dende unha doble perspectiva: a) que visión somos quen de construir respecto do mundo no que vivimos. Vivimos anestesiados?; b) que compromiso moral asumimos respecto do que está a pasar. Que podemos facer para cambiar as cousas? Ese debate conducido polo profesor chileno Esteban Zamora foi rico en intervencións e contidos. Verdadeiramente xenerou en nós interés e tensión.