Os días 14, 15 e 16 de febreiro terán lugar os exames para alumnos con materias pendentes. Ver Calendario [
120 kB]
Horario das actividades
Pode consultar a axenda de actividades ou incorporala ao seu Calendario de Google, engadindo ao mesmo "axenda@iesneiravilas.es".
O IESP Neira Vilas incorpórase no curso 2011-12 á Rede Abalar con dúas aulas Abalar correspondentes aos grupos de 1º de ESO.
No curso académico 2010-11, o IES Xosé Neira Vilas foi seleccionado como centro plurilingüe segundo a convocatoria efectuada pola Xunta de Galicia con data 30 de xuño de 2010. Concretamente, no nivel de 1º ESO, as materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia e Proxecto Interdisciplinar, serán impartidas en francés nos grupos de referencia, de acordo co proxecto presentado diante da inspección educativa.
Nun centro con vocación polo impulso do plurilingüismo, esta experiencia engade un novo acontecemento a esta promoción da multiculturalidade.
No impulso continuo das tecnoloxías da información e comunicación (TIC's) que se promove desde o IES Xosé Neira Vilas, o centro implanta sistema de xestión académica que permitirá a comunicación de incidencias e cualificacións do alumnado vía e-mail coas diferentes familias. Trátase de SIXA.
O centro educativo seguirá, un ano máis, a promover a utilización e fomento das aulas virtuais e ensino complementario axudándose das novas tecnoloxías.
O alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato escoitarán textos de Cervantes dramatizados o día 14 de Febreiro na biblioteca Rialeda de Perillo
O alumnado de 1º de ESO asistirá o día 3 de febreiro ó taller de cómic que xa desde outros ano tivera un enorme éxito entre o alumnado do Neira Vilas.
O alumnado do IES aistirá o día 31 de xaneiro e o 10 de febreiro ó Coliseum da Coruña a practicar patinaxe no xeo.
Durante o mes de xaneiro temos unha exposición de carteis, elaborada pola delegación das Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural, sobre as Brañas de Sada. Contén unha detallada información gráfica e escrita sobre a flora e fauna e ten como obxectivo reivindicar a importancia das zonas húmidas na conservación do medio natural.
Neste curso o alumnado do IES “Neira Vilas”participa nun proxecto Comenius no que vai facer unha intercambio co Instituto “Rosmini“ de Lucera para traballar sobre alimentación nos diferentes paises, as dietas saudables e a cultura gastronómica cun programa de taballo moi interesante. Será do 22 ó 28 de Xaneiro e asistirá un grupo de alumnos que xa son trilingües xunto cos seus profesores. [Programa da viaxe][
154 KB]
O alumnado de 3º e 4º tivo ocasión de coñecer de primera man, as causas dos accidentes, as normas básicas para a actuación cando esto acontece, as normas de prevención de lesións graves e as consecuencias para a saude física e síquica.
As charlas foron organizadas por AESLEME (Asociación para a prevención de lesións medulares) en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. O médico e fisoterapeuta explicaron ó alumnado dun xeito sinxelo e con audiovisuais estes contidos tan necesarios para a concienciación e prevención destes accidentes.
A valoración da actividade, tanto por parte do profesorado organizador como do alumnado foi moi positiva, quedando en consideración a inclusión desta actividade no Plan de Acción titorial para os vindeiros cursos.
O mes de setembro pasado, a ex alumna deste centro, Naira Albaina Balerdi defendeu a súa tese de doutoramento titulada "Biomonitorización de contaminación por TBT y genética poblacional en Nassarius reticulatus (L) y N. nitidus (Jeffreys) en el NE Atlántico" que foi calificada cun merecido sobresainte Cum laude.
¡Noraboa Doutora!
Dentro das actividades para a conmemoración do aniversario de "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas nas que xa estivemos participando, o día 13 de outubro o grupo de lectura da Bilioteca do noso centro e o Departamento de Galego organizan unha visita ó Forum metropolitano e asistencia á peza de teatro que recrea a obra literaria represantada por Cándido Pazó que xa estivera no noso centro con grande éxito. Está organizado para 3º e 4º curso.
Os grupos de 1º da ESO estiveron o día 14 de outubro na Coruña para visitar as exposición sobre Antigo Exipto e Mesopotamia e sobre a orixe do ser humano. A actividade foi organizada polo Departamento de Historia. [Pode ver un vídeo da visita]