O día doce de Decembro os alumnos de 4º ESO acudiron ó ensaio xeral da Orquesta sinfónica de Galicia para asistir á representación "A noite dos Maias" de Silvestre Revueltas
A saida foi organizada polo departamento de Música e os alumnos estiveron acompañados polo profesor Jesús Fernandez Llaneza. A obra durou 35 minutos e foi moi amena xa que a música daba saltos de ritmo e dese modo podíase seguir a obra con facilidade e resultou moi entretido.
O alumnado Bacharelato tivo ocasión de asistir a unha performance realizada polo grupo teatro Oteatrodoresoante, actividade organizada polo Departamento de Filosofía do noso centro en colaboración co concello de Oleiros.
O día vintecatro de Novembro e acompañados polo profesores de Filosofía: José López Couce e Fernando Vidal Meijón, puído o alumnado introducirse no mito da Caverna de Platón a través dunha montaxe que pretende trasladar o mito clásico á actualidade relacionando os homes de hoxendía cos medio de comunicación así como os prisioneiros da cova en relación coas sombras.
Tamén houbo unha interacción entres os actores e o público separando o escenario do patio de butacas e incorporando os espectadores na obra á maneira do teatro de participación.
O martes 24 de novembro alumnos de 2 e 3 da ESO visitaron a Ría do Burgo para iniciarse na observación de aves acuáticas.
Máis información...Xa pode consultarse no arquivo toda a información relacionada co pasado curso académico.
O día once de novembro os alumnos de primeiro de E.S.O e primeiro de Bacharelato realizaron unha visita á casa das ciencias e asistiron a unha sesión no Planetario nunha excursion organizada polos departamentos de Historia e Ciencias Naturais.
Acompañaron ós alumnos os profesores Carmen Porta, Milagros Rey e Antón García. Na Casa das Ciencias foron observando as exposicións que ali se atopan. Tamén puideron ver unha pelicula no planetario que -segundo comentan os alumnos- lles resultou moi interesante polo tema e polas dimensións da pantalla.
O luns 10 de novembro celebramos o Samagostiño 2009 [MAGOSTO + SAMAÍN] no noso centro educativo. Xúntase o cartel [
, 204 KB] deste evento.
![]() |
![]() |
O 22 de outubro de 2009, na Fabrica de Perillo, o alumnado de bacharelato e parte do alumnado de ESO asistiu á representación de Cachai.
Máis información...O pasado 19 de outubro de 2009 tivo lugar no salón de actos do noso Instituto a primeira reunión coas familias do alumnado deste centro co obxecto de informarse do IIº Intercambio Escolar co Collège Notre Dame Le Ménimur de Vannes ( no Departamento do Morbihan na Bretaña francesa); á reunión asistiron moitas persoas interesadas en que as súas fillas e os seus fillos participen nesta actividade que organiza o Departamento de Francés; alí explicóuselles en que consistía un Intercambio, as actividades que se ían realizar, as viaxes que se farían, etc..., e resolveronse as dúbidas que había ao respecto.
Máis información...