A celebración do 25 aniversario do noso instituto serve, entre outras cousas, para entender os cambios que continuamente se producen no mundo.
Esta idea impulsa a exposición /Artefactos anos 80/ que recolle obxectos que eran de uso habitual hai máis de dúas décadas pero que hoxe están en desuso.
As persoas interesadas en colaborar con este proxecto poden deixar depositadas na conserxería os elementos a expoñer.
Esta actividade é coordenada polo obradoiro de iniciativas emprendedoras do 4º da ESO
O muro exterior do noso centro engalanouse nesta Semana 25 do Neira cunha obra gráfica de Miguel Golmayo creada para este aniversario. O autor foi alumno do instituto e ven desenvolvendo unha importante actividade gráfica como debuxante de murais e story-board. Este mural foi posible grazas ao patrocinio do concello de Oleiros.
A semana 25 do Neira tamén serviu para descubrir as destrezas musicais que existen entre o alumnado con pequenos concertos efectuados nos recreos por Natalia López, Claudio Matheus, Julia Concheiro (ESO 1º), Andrés Sánchez (ESO 4º), Jacobe Juanatey, Sergio Cabeza, Lucia Sigüeiro, Cristina Carreira, Grupo 5 (ESO 3º) e Antón Blanco (BAC 1º).
O día 7 de abril, no arranque da semana, o alumnado de 1º, 3º de ESO e 1º de BAC tivo un encontro con Xosé Neira Vilas para testimuñar o noso recoñecemento a ese gran escritor que da nome ao noso centro. Á chegada ao instituto o autor de “Memorias dun neno labrego” foi recibido polo director e unha representación do profesorado e do alumnado. Xa no salón de actos fixose unha lectura dalgúns dos seus relatos curtos a cargo de Marta Rodríguez, Miguel Pozo (ESO 1º), Nathalia de Oliveira, Irene Casás (ESO 3º), Jorge Luciano Murchio e Antón Blanco (BAC 1º).
Rematou o acto cunhas palabras do noso querido Xosé animando ao alumnado a se esforzar para acadar a formación que lles permitirá desempeñar no futuro o papel que lles corresponda na sociedade.
O luns tivo lugar no salón de actos a celebración dos nosos 25 anos.
Interviron no acto Agustín Fernández Gago (director do instituto), Xoan Ignacio Taibo Arias (escritor recentemente xubilado como profesor do centro), Indalecio Cabana Leira (xefe territorial da Consellería de Educación), Fernando Gonzalez Laxe (presidente da Xunta de Galicia cando se inaugurou o instituto), Ángel García Seoane (alcalde de Oleiros) e Xosé Neira Vilas.
Estiveron presentes unha representación da inspección educativa, do concello de Oleiros, da asociación de nais e pais de alumnos, da parroquia de Sta Leocadia e doutros institutos de Oleiros xunto a antigos profesores e persoal non docente así como unha representación do profesorado, persoal non docente e alumnado actual.
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)