Recreos musicais (Semana 25 do Neira)

Anton Blanco e Andrés Sánchez
Anton Blanco e Andrés Sánchez

A semana 25 do Neira tamén serviu para descubrir as destrezas musicais que existen entre o alumnado con pequenos concertos efectuados nos recreos por Natalia López, Claudio Matheus, Julia Concheiro (ESO 1º), Andrés Sánchez (ESO 4º), Jacobe Juanatey, Sergio Cabeza, Lucia Sigüeiro, Cristina Carreira, Grupo 5 (ESO 3º) e Antón Blanco (BAC 1º).

Saúde e Deporte (Semana 25 do Neira)

Pedro Brandariz
Pedro Brandariz

Promovidas polos Servizos de Xuventude e Deportes de Oleiros celebráronse dentro desta semana as seguintes actividades:

  • “P.G.U. – Partido dos Gordos Unidos”, monólogo de Pedro Brandariz, para ESO 1º.
  • Escalada no pavillón de Bastiagueiro, para ESO 2º.
  • Xogos populares, para ESO 3º.

Actividades de promoción da lectura (Semana 25 do Neira)

Actividades de promoción da lectura
Actividades de promoción da lectura

Promovidas pola Concellería de Cultura e Normalización Lingüística de Oleiros celebráronse dentro desta semana as seguintes actividades:

Na biblioteca Rialeda:

  • Luns: Obradoiro de poesía, coa poeta Yolanda Castaño, para ESO 4º.
  • Mércores: O corazón delator e outros contos de Allan Poe. espectáculo da actriz Soledad Felloza, para ESO 3º.
  • Xoves: Las ingeniosas del hidalgo, coa actriz Soledad Felloza, para BAC 1º.
  • Venres: La voz a ti debida de Pedro Salinas, recital poético da actriz Soledad Felloza, para BAC 2º.

No teatro das Torres de Sta Cruz:

  • Luns: Hip-hop, poema pop, con Modestos contos de Boadway, para ESO 2º.
  • Martes: Xeografía do imaxinario, coa actriz Soledad Felloza, para ESO 1º.

Encontro con Neira Vilas (Semana 25 do Neira)

Encontro con Neira Vilas (Semana 25 do Neira)
Encontro con Neira Vilas (Semana 25 do Neira)

O día 7 de abril, no arranque da semana, o alumnado de 1º, 3º de ESO e 1º de BAC tivo un encontro con Xosé Neira Vilas para testimuñar o noso recoñecemento a ese gran escritor que da nome ao noso centro. Á chegada ao instituto o autor de “Memorias dun neno labrego” foi recibido polo director e unha representación do profesorado e do alumnado. Xa no salón de actos fixose unha lectura dalgúns dos seus relatos curtos a cargo de Marta Rodríguez, Miguel Pozo (ESO 1º), Nathalia de Oliveira, Irene Casás (ESO 3º), Jorge Luciano Murchio e Antón Blanco (BAC 1º).

Rematou o acto cunhas palabras do noso querido Xosé animando ao alumnado a se esforzar para acadar a formación que lles permitirá desempeñar no futuro o papel que lles corresponda na sociedade.

Acto conmemorativo do 25 aniversario do instituto (Semana 25 do Neira)

Acto conmemorativo do 25 aniversario do institutoO luns tivo lugar no salón de actos a celebración dos nosos 25 anos.

Interviron no acto Agustín Fernández Gago (director do instituto), Xoan Ignacio Taibo Arias (escritor recentemente xubilado como profesor do centro), Indalecio Cabana Leira (xefe territorial da Consellería de Educación), Fernando Gonzalez Laxe (presidente da Xunta de Galicia cando se inaugurou o instituto), Ángel García Seoane (alcalde de Oleiros) e Xosé Neira Vilas.

Estiveron presentes unha representación da inspección educativa, do concello de Oleiros, da asociación de nais e pais de alumnos, da parroquia de Sta Leocadia e doutros institutos de Oleiros xunto a antigos profesores e persoal non docente así como unha representación do profesorado, persoal non docente e alumnado actual.

Resultado do Concurso de Relatos Curtos: 25 do Neira

Resultado do Concurso de Relatos Curtos: 25 do Neira
Resultado do Concurso de Relatos Curtos: 25 do Neira

Presentáronse un total de 28 traballos repartidos entre as tres categorías do certamen.

Os traballos gañadores son:

  • “A viaxe da pequena Galia”, autora Galia Usatorre Cabaleiro (1º ESO do IES Miraflores), na categoria de 1º e 2º da ESO.
  • “O corazón no maleteiro”, autora Sara Ylenia Ambroa Búa (4º ESO IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas), na categoría de 3º e 4º da ESO.
  • “Cando perdín o meu bosque”, autor Sergio Ceán Vázquez (1º Bacharelato IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas), na categoría de bacharelato e ciclos formativos.

Os premios foron entregados por Á ngel García Seoane, alcalde de Oleiros, o día 7 de abril no acto de celebración do 25 aniversario do noso instituto ao que asistiu Xosé Neira Vilas e a práctica totalidade dos participantes no concurso.

Resumo da acta do xurado:

O xurado do Concurso de Relatos Curtos 25 DO NEIRA reuniuse o día 4 de abril de 2014 baixo a presidencia de Sandra Fernández Fernández, concelleira de educación de Oleiros, e coa asistencia de Rosa García Vilariño e Ana María Crego Yañez, dos departamentos de Lingua Galega dos institutos de Oleiros, xunto a Maria Luz e Uxío Pedreira, das bibliotecas de Oleiros, e Xoan Ignacio Taibo Árias, escritor. Actuou de secretario, Agustín Fernández Gao, director do IESP Xosé Neira Vilas.
Entre os seus acordos figura seleccionar os traballos finalistas e o premiado en cada categorías:
Categoría primeira (alumnado de 1º e 2º de ESO):
Relatos Finalistas: Memorias da infancia (pseudónimo Luna Llena) A viaxe da pequena Galia (Galia), Memorias da infancia, (Diamante), Fuxida dun artista (Lucero), Lembranzas dunha tarde de inverno (Pimur), A soidade (Artista da pista)
Relato gañador: A viaxe da pequena Galia, autora Galia Usatorre Cabaleiro (1º ESO do IES Miraflores)
Categoría segunda (alumnado de 3º e 4º de ESO):
Relatos Finalistas: Emilie (Málvary), Memorias da infancia (Ceo azul), O corazón no maleteiro (Beiramar).
Relato gañador: O corazón no maleteiro, autora Sara Ylenia Ambroa Búa (4º ESO IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas)
Categoría terceira (alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e ciclos formativos):
Relatos Finalistas: O cadro (C. OATS), Cando perdín o meu bosque (Peter Pan), Unha noite calquera (Alejandro Losada)
Relato gañador: Cando perdín o meu bosque, autor Sergio Ceán Vázquez (1º Bacharelato IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas)

Neira Vilas preside a entrada ao instituto

Neira Vilas preside a entrada ao instituto
Contemplado o mural

Ao celebrarse o 25 aniversario do instituto era preciso deixar constancia nun lugar emblemático do recoñecemnto á persoa que lle da nome. Pensouse que a mellor forma sería por medio dun mural ubicado na entrada principal do centro que fixera referencia á figura de Xosé Neira Vilas, ao seu libro senlleiro “Memorias dun neno labrego”, ao seu espazo vital no concello de Vila de Cruces e ás súas palabras. O mural foi deseñado por Senén Olano e inaugurado ao inicio da Semana 25 do Neira.