{"id":1764,"date":"2009-04-06T17:42:56","date_gmt":"2009-04-06T15:42:56","guid":{"rendered":"http:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/?p=1764"},"modified":"2014-10-20T20:35:42","modified_gmt":"2014-10-20T18:35:42","slug":"intercambio-escolar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/?p=1764","title":{"rendered":"Intercambio Escolar"},"content":{"rendered":"<figure id=\"attachment_1765\" aria-describedby=\"caption-attachment-1765\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/intercambio11.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-1765\" src=\"http:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/intercambio11-300x225.jpg\" alt=\"Par\u00eds\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/intercambio11-300x225.jpg 300w, https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/intercambio11.jpg 800w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-1765\" class=\"wp-caption-text\">Par\u00eds<\/figcaption><\/figure>\n<p>Do 24 de marzo ao 4 de abril de 2009 tivo lugar o 1\u00ba \u00c9change co centro franc\u00e9s de N\u00f4tre Dame Le M\u00e9nimur (Vannes &#8211; Breta\u00f1a &#8211; Francia), no que participaron 22 alumnas\/os de 2\u00ba, 3\u00ba, 4\u00ba ESO e 1\u00ba de Bacharelato. O intercambio tivo lugar acompa\u00f1ando a outras\/os tantas\/os alumnas\/os do IES Puga Ram\u00f3n, que se intercambiaban con alumnado da mesma localidade, mais do centro de St Fran\u00e7ois Xavier. \u00c1s cinco da tarde do 25 de marzo, o autob\u00fas que nos levaba chegou \u00e1 capela de St Gwenn, onde xoves practicantes de rugby agardan ao transporte respectivo xogando con bal\u00f3ns oblongos. E, mentres tanto, 44 estudantes descenderon un tanto atemorizados, inquedos, nervosos, ante a chegada inminente dos seus \u201ccorrespondentes\u201d bret\u00f3ns. Moitas historias individuais arrancaron nese intre, sempre para lembrar.<\/p>\n<p>O xoves 26 visitamos o Museo Arqueol\u00f3xico de Vannes, que expresamente abr\u00eda as s\u00faas portas \u00e1s nove da ma\u00f1\u00e1 para que poid\u00e9semos observar, no primeiro piso, restos arqueol\u00f3xicos excavados no Morbihan, que delatan os cambios culturais da prehistoria nestes lugares; \u00e1 sa\u00edda, Julien contounosos grosso modo a historia de Vannes enlazada \u00e1 de Breta\u00f1a (as orixes galorromanas de Darioritum, as primeiras murallas para defenderse das invasi\u00f3ns xerm\u00e1nicas, o retroceso do mar ata o nivel do actual porto, a creaci\u00f3n das murallas baixomedievais, o traslado temporal do parlamento bret\u00f3n desde Rennes durante o reinado do Roi Soleil, a chegada do ferrocarril no s\u00e9culo XIX, a liberaci\u00f3n polos norteamericanos da vila en agosto de 1944,\u2026) e levounos co\u00f1ecer os modelos de casas g\u00f3ticas do s\u00e9culo XV, unha casa renacentista do XVI, a catedral, as portas das murallas, os vellos lavadeiros reconstruidos no XIX,\u2026 Unha ma\u00f1\u00e1 de paseo hist\u00f3rico pola vila abr\u00edu o cami\u00f1o a comer cedo -horario europeo, estabamos en Francia- e ser recibidos \u00e1s d\u00faas da tarde na casa do concello, onde aos agasallos se engade unha bebida co verre de l\u2019amiti\u00e9 tras a proxecci\u00f3n dun video que incid\u00eda na recuperaci\u00f3n do interese polo mar por parte da cidade que nos acolle. O programa do d\u00eda inclu\u00edu acudir \u00e1s clases do lyc\u00e9e e contactar coa vida acad\u00e9mica francesa.<\/p>\n<figure id=\"attachment_1766\" aria-describedby=\"caption-attachment-1766\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/intercambio21.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-1766\" src=\"http:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/intercambio21-300x225.jpg\" alt=\"Carnac\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/intercambio21-300x225.jpg 300w, https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/intercambio21.jpg 800w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-1766\" class=\"wp-caption-text\">Carnac<\/figcaption><\/figure>\n<p>O venres 27 fixemos unha excursi\u00f3n cara ao Norte, pasando por Dinan, Saint-Malo e Mont Saint-Michel, xa na Normand\u00eda. Dinan ten un casco hist\u00f3rico medieval ben conservado, que deixamos para chegar a mediod\u00eda \u00e1 desembocadura do Rance, a unha cidade bombardeada en 1944 e en grande parte reconstru\u00edda -a cidade fortificada de Saint-Malo-, exposta aos ventos e chea de eventos n\u00e1uticos, patria pequena de Chateaubriand e punto de partida do explorador de Canad\u00e1 Jacques Cartier. A choiva impediunos case sa\u00edr do autob\u00fas para comer, mais respetou a nosa chegada ao Mont St-Michel, coa enorme agulla sobre a que se colga a imaxe do arcanxo inundando a visi\u00f3n do horizonte; as pingas de auga salgada baten contra as fortificaci\u00f3ns da abad\u00eda, na que atopamos o refuxio austero da bas\u00edlica, o claustro, o refectorio, as criptas e o resto de arquitecturas da Merveille. Finalmente regresamos de noite a Vannes, con m\u00e1is experiencias na mente.<\/p>\n<p>O fin de semana en familia deixou liberdade para as experiencias individuais. Mais somos conscientes de que parte do alumnado ten visitado o mercado matinal na place des Lices e se tivo familiarizado coas costas recurtadas do golfo de Morbihan.<\/p>\n<p>Na ma\u00f1\u00e1 fr\u00eda do luns 30 de marzo, o autob\u00fas levounos cara ao Oeste. Os grandes menhires de Kermario, en Carnac, refulx\u00edan nas fiadas de varios km de pedras fitas de grandes dimensi\u00f3ns alineadas de leste a oeste que descobren o percorrido astron\u00f3mico do astro sol en diversas \u00e9pocas do ano. Despois mercamos biscuits, liqueurs e souvenirs para as nosas familias espa\u00f1olas na Trinitaine, antes de chegar a pasear \u00e1 cidade vella de Quimper. Kemper -en bret\u00f3n \u201cconfluencia\u201d-, ao borde do Odet e do Ste\u00efr, \u00e9 a antiga Aquilonia, ben resgardada entre unhas murallas case totalmente destru\u00eddas, da que poucas casas anteriores ao s\u00e9culo XVIII permanecen -houbo un grande incendio daquela, e despois moitas esculturas da <a href=\"http:\/\/voyazine.voyages-sncf.com\/var\/voyazine\/storage\/images\/media\/france\/bretagne\/images\/cathedrale_saint_corentin_quimper_bretagne_france\/144319-1-fre-FR\/cathedrale_saint_corentin_quimper_bretagne_france_galerie_photo_large.jpg\">catedral de Saint-Corentin<\/a> tam\u00e9n foron queimadas en tempos da revoluci\u00f3n francesa-, \u00e9 unha cidade agradable de pasear, na que tivemos ocasi\u00f3n de atoparnos coa <a href=\"http:\/\/www.isftic.mepsyd.es\/w3\/eos\/MaterialesEducativos\/mem2006\/impresionismo\/img\/05\/vision1.jpg\">\u201cVisi\u00f3n despois do serm\u00f3n\u201d<\/a> de Gauguin e outras alegor\u00edas bretonas -como a de Jean Brunet, que data de 1908- que nos lembran a importancia dos megalitos, a relixi\u00f3n e as cofias do pays bigouden na recreaci\u00f3n destas terras. Grande tarde de sol, horas de cr\u00eapes e cidre, tarde de visita \u00e1 catedral de Saint-Corentin, tan marcada pola desviaci\u00f3n do eixo, evidente entre o coro e a nave.<\/p>\n<figure id=\"attachment_1767\" aria-describedby=\"caption-attachment-1767\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/intercambio31.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-1767\" src=\"http:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/intercambio31-300x224.jpg\" alt=\"Dinan\" width=\"300\" height=\"224\" srcset=\"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/intercambio31-300x224.jpg 300w, https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/intercambio31.jpg 800w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-1767\" class=\"wp-caption-text\">Dinan<\/figcaption><\/figure>\n<p>O martes 31 de marzo estivemos en clase. \u00c1 tarde houbo unha homenaxe a Esther Iglesias, a falecida profesora do IES Puga Ram\u00f3n -co que cooperamos, viaxamos e participamos no \u00e9change- que habitualmente vi\u00f1a cos seus alumnos a St Fran\u00e7ois. E Adri\u00e1n estivo al\u00ed para po\u00f1er &#8220;Negra sombra&#8221; no seu saxof\u00f3n.<\/p>\n<p>A partir de m\u00e9rcores qued\u00e1ronnos d\u00edas de lecer en Par\u00eds. Cami\u00f1amos polos Campos El\u00edseos, navegamos sobre as augas do Sena entre lusco e fusco, co\u00f1ecemos a cidade na s\u00faa esencia (N\u00f4tre Dame, Invalides, Campo de Marte, Arco de Triunfo,\u2026), subimos \u00e1 Tour Eiffel, ascendemos a Montmartre e divert\u00edmonos en Eurodisney. Grazas pola vosa participaci\u00f3n. Foi un entusiasmo contar cun grupo de alumnas e alumnos estupendo.<\/p>\n<p>Podedes ler e ver m\u00e1is na <a href=\"http:\/\/xosea.wordpress.com\/2009\/03\/19\/cronica-bretona\/\">cr\u00f3nica bretona<\/a> do profesor Xos\u00e9 Ant\u00f3n.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n pode descargar un <a href=\"http:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/echange_2009_fotos.pdf\">archivo<\/a> [ 3,7 Mb] con m\u00e1is fotos do intercambio.<\/p>\n<div id='gallery-1' class='gallery galleryid-1764 gallery-columns-3 gallery-size-thumbnail'><figure class='gallery-item'>\n\t\t\t<div class='gallery-icon landscape'>\n\t\t\t\t<a href='https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/?attachment_id=1770'><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/intercambio41-150x150.jpg\" class=\"attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"Golfo Morbihan\" aria-describedby=\"gallery-1-1770\" \/><\/a>\n\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<figcaption class='wp-caption-text gallery-caption' id='gallery-1-1770'>\n\t\t\t\tGolfo Morbihan\n\t\t\t\t<\/figcaption><\/figure><figure class='gallery-item'>\n\t\t\t<div class='gallery-icon landscape'>\n\t\t\t\t<a href='https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/?attachment_id=1771'><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/intercambio51-150x150.jpg\" class=\"attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"Par\u00eds\" aria-describedby=\"gallery-1-1771\" \/><\/a>\n\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<figcaption class='wp-caption-text gallery-caption' id='gallery-1-1771'>\n\t\t\t\tPar\u00eds\n\t\t\t\t<\/figcaption><\/figure><figure class='gallery-item'>\n\t\t\t<div class='gallery-icon landscape'>\n\t\t\t\t<a href='https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/?attachment_id=1772'><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/intercambio61-150x150.jpg\" class=\"attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"Concello de Vannes\" aria-describedby=\"gallery-1-1772\" \/><\/a>\n\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<figcaption class='wp-caption-text gallery-caption' id='gallery-1-1772'>\n\t\t\t\tConcello de Vannes\n\t\t\t\t<\/figcaption><\/figure>\n\t\t<\/div>\n\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Do 24 de marzo ao 4 de abril de 2009 tivo lugar o 1\u00ba \u00c9change co centro franc\u00e9s de N\u00f4tre Dame Le M\u00e9nimur (Vannes &#8211; Breta\u00f1a &#8211; Francia), no que participaron 22 alumnas\/os de 2\u00ba, 3\u00ba, 4\u00ba ESO e 1\u00ba de Bacharelato. O intercambio tivo lugar acompa\u00f1ando a outras\/os tantas\/os alumnas\/os do IES Puga Ram\u00f3n, &hellip; <a href=\"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/?p=1764\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Intercambio Escolar<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[17,142,134,215],"tags":[122,331,329,328,166,613],"class_list":["post-1764","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-actividades","category-curso","category-curso-2008-2009","category-intercambio","tag-carlos-vidal","tag-esther-iglesias","tag-ies-puga-ramon","tag-notre-dame-le-menimur","tag-vannes","tag-xose-anton-garcia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1764","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1764"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1764\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1773,"href":"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1764\/revisions\/1773"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1764"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1764"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.iesneiravilas.es\/arquivo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1764"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}