Actividades do curso 2013-2014

Colabora Concello de Oleiros

Excursión do Equipo de Convivencia e Mediación

Excursión do Equipo de Convivencia e Mediación

Preparando a actividade.

O pasado venres, 16 de maio de 2014, o Equipo de Convivencia e Mediación realizou unha visita ao Monte de San Pedro en A Coruña.

Foi unha xornada de convivencia na que tivemos a oportunidade de visitar un antigo escenario bélico, hoxe reconvertido felizmente en parque urbano, e na que aproveitamos para facer adestramento en técnicas de mediación escolar.

O adestramento consistíu na realización, mediante dramatización, dun suposto de conflito entre alumnos. Os membros do equipo distribuíronse en cinco pequenos grupos nos que algúns alumnos tiñan o rol de persoa en conflito, outros de mediadores e outros máis de observadores do proceso.

Rematouse a actividade cunha posta en común na que intentamos sacar conclusións para mellorar a nosa actividade como mediadores.

Despois do adestramento tivemos a oportunidade de dar un paseo polo fermoso parque do Monte de San Pedro, visitando o Mirador, o Laberinto Inglés e o parque de xogos.

Foi, a pesar do vento, un estupendo día de sol no que salientou a boa convivencia, a colaboración do alumnado e as impresionantes vistas da cidade e da bahía.

Máis información da actividade

II encontro de centros para unha convivencia positiva

II encontro de centros para unha convivencia positiva

sesión de traballo

O IES Neira Vilas asistiu ao II encontro de centros para unha convivencia positiva, que tivo lugar en Compostela, na Cidade da Cultura e no IES Anton Fraguas, nos días 24 e 25 de abril de 2014.

No encontro participaron alumnos, profesores e pais de unha vintena de centros de toda Galicia, e no mesmo desenvolvéronse relatorios e dinámicas orientadas ao fomento da mellora da convivencia en centros escolares. Actuaron como relatores Gorka Ruíz, José María Avilés e Pedro Uruñuela, persoas cunha ampla traxectoria profesional nestes temas.

Máis información da actividade



O CERN, o LHC e a física de partículas

Charla CERN

Cartel da actividade

Organizado polo departamento de Física e Química, a Biblioteca Escolar e o Equipo de Normalización Lingüística, O Profesor Ramón Cid Manzano do IES de Sar dou unha charla de divulgación científica ao alumnado do IESP Xosé Neira Vilas para falar do “O CERN, o LHC e a física de partículas”.

Máis información da actividade







Xornada clausura (Semana 25 do Neira)

xogos culturais

Presentación Xogos Culturais

O venres día 11 de abril realizáronse diversas actividades como clausura da semana.

Ás 10.30 horas arrancaron os Xogos Culturais nos que participaron parellas de alumnos de ESO agrupados por niveis que competían entre sí nun total de doce probas nas que tiñan que demostrar as súas destrezas e coñecementos.

A continuación presentouse o traballo “2014: o ano do Brasil” no que se dan a coñecer diversos aspectos da realidade deste pais do que provén un importante grupo do noso alumnado.

Rematou a xornada cos monólogos do alumnado que parfticipará na final do concurso Oleiros Comedia que se celebrará en mes de xuño no auditorio Gabriel García Márquez de Mera.

Máis fotos e información da actividade

Recreos musicais (Semana 25 do Neira)

Visita ao Arsenal de Ferrol

Anton Blanco e Andrés Sánchez

A semana 25 do Neira tamén serviu para descubrir as destrezas musicais que existen entre o alumnado con pequenos concertos efectuados nos recreos por Natalia López, Claudio Matheus, Julia Concheiro (ESO 1º), Andrés Sánchez (ESO 4º), Jacobe Juanatey, Sergio Cabeza, Lucia Sigüeiro, Cristina Carreira, Grupo 5 (ESO 3º) e Antón Blanco (BAC 1º).




Máis fotos e información da actividade


Charlas de orientación (Semana 25 do Neira)

Presentacion USC

A iniciativa do departamento de orientación celebráronse as seguintes charlas:


Máis fotos e información da actividade


Saúde e Deporte (Semana 25 do Neira)

Partido dos Gordos Unidos

Pedro Brandariz




Promovidas polos Servizos de Xuventude e Deportes de Oleiros celebráronse dentro desta semana as seguintes actividades:


Máis fotos e información da actividade


Actividades distintos departamentos (Semana 25 do Neira)

De Senegal a Galicia, un camiño de esperanza

De Senegal a Galicia, un camiño de esperanza




A iniciativa de distintos departamentos abordáronse as seguintes temáticas:


Máis fotos e información da actividade


The big challenge (Semana 25 do Neira)

Big Challenge

Big Challenge

O Departamento de Inglés organizou o mércores e o venres desta semana un torneo para o alumnado de ESO co esquema do concurso "The Big Challenge".

Cada grupo elixiu o equipo que o iba a representar. Competiron por niveis respostando en cada turno 21 preguntas sobre cultura e lingua inglesa

Os gañadores foron: 1º ESO A, 2º ESO B, 3º ESO A, 4º ESO A.

O premio para cada un dos grupos gañadores consistiu nun refrixerio organizado polo alumnado de 2º de Bacharelato.


Máis fotos e información da actividade


Actividades de promoción da lectura (Semana 25 do Neira)

Actividades de promoción da lectura




Promovidas pola Concellería de Cultura e Normalización Lingüística de Oleiros celebráronse dentro desta semana as seguintes actividades:

Na biblioteca Rialeda:

No teatro das Torres de Sta Cruz:


Máis fotos e información da actividade


Acto conmemorativo do 25 aniversario do instituto (Semana 25 do Neira)

Acto de celebración dos 25 anos

O luns tivo lugar no salón de actos a celebración dos nosos 25 anos.

Interviron no acto Agustín Fernández Gago (director do instituto), Xoan Ignacio Taibo Arias (escritor recentemente xubilado como profesor do centro), Indalecio Cabana Leira (xefe territorial da Consellería de Educación), Fernando Gonzalez Laxe (presidente da Xunta de Galicia cando se inaugurou o instituto), Ángel García Seoane (alcalde de Oleiros) e Xosé Neira Vilas.

Estiveron presentes unha representación da inspección educativa, do concello de Oleiros, da asociación de nais e pais de alumnos, da parroquia de Sta Leocadia e doutros institutos de Oleiros xunto a antiguos profesores e persoal non docente así como unha representación do profesorado, presoal non docente e alumnado actual.


Máis fotos e información da actividade


Encontro con Neira Vilas (Semana 25 do Neira)

Encontro con Neira Vilas

O día 7 de abril, no arranque da semana, o alumnado de 1º, 3º de ESO e 1º de BAC tivo un encontro con Xosé Neira Vilas para testimuñar o noso recoñecemento a ese gran escritor que da nome ao noso centro. Á chegada ao instituto o autor de “Memorias dun neno labrego” foi recibido polo director e unha representación do profesorado e do alumnado. Xa no salón de actos fixose unha lectura dalgúns dos seus relatos curtos a cargo de Marta Rodríguez, Miguel Pozo (ESO 1º), Nathalia de Oliveira, Irene Casás (ESO 3º), Jorge Luciano Murchio e Antón Blanco (BAC 1º).

Rematou o acto cunhas palabras do noso querido Xosé animando ao alumnado a se esforzar para acadar a formación que lles permitirá desempeñar no futuro o papel que lles corresponda na sociedade.


Máis fotos e información da actividade


Actividade de Orientación

Actividade de Orientación

O venres 28 de marzo, o Departamento de Educación Física levou a cabo unha actividade de orientación para 4º de ESO. A actividade consistiu nunha carreira de orientación nos montes de Perillo e Bastiagueiro. Os participantes tiñan que completar un percorrido por parellas empregando unicamente un mapa e a súa capacidade de desenvolverse no contorno rural. A actividade completouse de forma moi satisfactoria.

Ver máis fotos da actividade


Visita ao Arsenal ed Ferrol

Visita ao Arsenal de Ferrol

O pasado día 29 de febreiro alumnado de 3º e 4º ESO visitou o Arsenal de Ferrol, nesa actividade houbo un percorrido polas instalacións, incluíndo o Museo Naval e tamén a fragata Cristóbal Colón.

Ver máis fotos da actividade


Representación de Memoria das Memorias dun Neno Labrego

Representación de Memoria das Memorias dun Neno Labrego

O libro de Xosé Neira Vilas é un dos máis sobranceiros da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que moitos galegos lembran con tenrura e o que xentes de moitos lugares do mundo asocian con algunha vivencia propria ou herdada.

Por iso o Concello de Oleiros escolleu este monólogo de Cándido Pazó para presentar o Concurso de relatos curtos 25 ANOS DE NEIRA. A representación tivo lugar o 12 de febreiro, ás 12.30 h, no auditorio Gabriel García Márquez de Mera e a ela asistiu unha representación do alumnado dos institutos Miraflores, María Casares e Xosé Neira Vilas.


1000 anos de arte feminino

100 anos de Arte Feminino

Esta exposición volve ao noso instituto, onde xa estivo no mes de febreiro de 2008, como parte da memoria dos nosos 25 anos.

Foi elaborado no seu día como un proxecto interdisciplinar e intercentros por un seminario permanente no que había unha profesora de lingua galega de Curtis, unha de inglés de Marín e un profesor de xeografía e historia do noso centro.

A exposición da unha visión xeral da pintura das mulleres, temática e estilísticamente variada, dende as primeiras manifestacións asinadas (alá polo século X) ata a actualidade.

Ver Presentación da Exposición


Olimpíada alternativa

O remate do primeiro trimestre realizouse con esta actividade na que competiron todas as parellas que se poideron formar co alumnado de ESO 1º, 2º e 4º (os de 3º estaban de concerto na Fábrica).

Os participantes sometéronse a un total de dez probas dirixidas polo alumnado de 1º de Bacharelato nas que se puxeron a proba ás súas destrezas físicas, as súas habilidades motrices, os seus referentes culturais a as súas capaciades memorísticas, sensitivas e interpretarivas.

A competición organizouse por niveis resultado ganadoras as seguintes parellas: Noemí Iglesias – Amanda Muñoz (1º), Antía González – Sandra González (2º) e Alberto Basante – Pedro Álvarez (4º).

Ver máis fotos da actividade


Visita e traballo arqueolóxico no Museo

arqueoloxico_2

O alumnado de 1º curso acudíu ó museo arqueolóxico no castelo de San Antón o día 18 de Decembro acompañdo polo profesorado de Xeografía e Historia. Alí ensinaronselles as pezas expostas e realizaronse as actividades didácticaa a partir dos obxectos do museo. A actividade foi dirixida polos seus monitores e coordinados pola comisión de orde, posteriormente foron recibidos pola directora e os arqueólogos onde realizaron un taller de arqueoloxía.

Os monitores participantes nesta actividade foron: Eva Carreira, Daniela Ferreira, Orleni Mateo, Lara García, Hugo Fernández, Laura Fernández, Nicolás Escourido, Ezequiel Caballero e Lidia Fafián e fixeron a cooordinación de orden; Nelson Peña, Vitor de Carbalho e Karol Fidelis.

máis fotos da visita

Visita á obra gráfica de Goya e taller de gravado

belas_artes

O alumnado de cuarto curso visitou a obra gráfica que hai no Museo de Belas Artes de A Coruña explicadas polo técnico de Museo a continuación puderon experimentar da realización dun gravado e observar a técnica de traballo explicado por gravadores profesionais. Acompañados polo profesorado do Departamento de Xeografía e Historia.

máis fotos da visita

Venezuela e Galicia

conferencia_venezuela_galicia

O día 18 de Decembro a señora Adriana Morín acudíu ó noso instituto, dentro das activiades da clase de Xeografía, a falar da súa experiencia como venezolana en Galicia, as diferencias culturais, climática e económicas. A conferencia estivo dirixida ó alumnado de 3º curso e estivo preparada por Irene Míguez e Paula Añón. 6 archivos adjuntos

máis fotos do acto

Despedida das alumnas Talita e Taiuane

Despedida das alumnas Talita y Taiuane

Despois dos anos de Secundaria máis o tempo da estancia no Colexio Valle Inclán, o profesorado e os compañeiros de curso despediron o día 4 de Decembro ás dúas compañeiras Talita e Taiuane, con moita emoción pero contentos porque saben que voltan felices ó seu pais coa súa familia. Todos esperamos que sigamos en contacto e que volvan axiña. Feliz viaxe!

máis fotos do acto


Visita dos monitores ó museo arqueolóxico de A Coruña

Visita museo arqueoloxico

O grupo de alumnos monitores de 1º realizou o día 13 de novembre a visita ó museo arqueolóxico de A Coruña para a preparación da actividade didáctica co compañeiros. Realizaronse as actividades da visita á sección de arqueoloxía e tamén o fichado de pezas en colaboración coa arqueóloga. Os alumnos monitores son: Eva Carreira, Daniela Ferreira, Karol Fidelis, Orleni Mateo, Lara García, Vitor de Carballo; nocolás Escourido, Yvana Cadahío, Hugo Fernández e Ezequiel Caballero.

Máis información e fotos da actividade

Conferencia sobre enfermedades infecciosas no mundo

conferencia_carmen_coronado

O pasado día 11 de Novembro visitou o noso Instituto a doctora Carmen Coronado Carvajal para impartir a conferencia sobre epidemioloxía, dirixida ó alumnado de 3º curso dentro da materia de Xeografía. Esta charla forma parte das actividades do Departamento de Xeografía e Historia. A charla fo organizado polos alumnos Cristina Carreira, Alba Río, Sergio Cabez e Iago Ruibal.

A conferencia de Carmen Coronado Carvajal, farmaceutica e profesora da Universidade, posibilitou que o alumado coñecera cómo é o estudio do extremadamente pequeño pero fundamental para a saude do ser humano e cales son as armas para defenderse das infeccións. Tamén fixo un recorrido sobre as principias problemas de saude nos diferentes paises no mundo e as principais causas da epidemias.

Máis información e fotos da actividade

Mellorar o noso nivel lector

Cartel da actividade

Arrancamos este curso cun novo proxecto para o noso centro: A HORA DE LER.

Esta actividade pretende ampliar o interese pola lectura na nosa comunidade educativa con vinte minutos de lectura pracenteira cada día nos que cada un poderá ler o libro que máis lle interese.

A hora será rotatoria por semanas. A primeira semana será na primeira sesión de cada día, na segunda semana na segunda sesión, na terceira semana, na terceira sesión, ?. e así sucesivamente ata chegar á sétima semana que volveremos a empezar coa primeira sesión do día. E a lectura será individual e silenciosa no espazo que corresponda e co profesor que corresponda en cada sesión.

O remate do primeiro trimestre farase unha avaliación da experiencia que implica a toda a nosa comunidade