Na Facultade de Medicina nun acto presidido polo reitor da USC, Senén Barro, a USC homenaxeou aos estudantes de centros de ensino medio de Galicia que obtiveron as mellores cualificacións nas probas de selectividade deste ano. En nome de Mateo recolleu o diploma o Director do centro.
![]() |
O alumnado de ESO participará na festa no parque das Torres de Santa Cruz en colaboración co concello o día 22 de Xunio
Todo o alumnado de ESO poderá participar e disfrutar dunha mañán lúdica xunto con outros alumnos e alumnas do Concello. As actividades seran desde as dez da mañán e disfrutaremos de: obradorios de xogos malabares, obradoiro de henna, un lugar onde aprender a facer grafffite. Tamén haberá varios concertos, unha obra de teatro e un curioso "espectáculo aéreo". Durante este tempo estarán expostos varios stands informativos e un bar-cafetería.
“O EQUIPO DE MEDIACIÓN E CONVIVENCIA NO CENTRO ESCOLAR” foi o tema central da experiencia de intercambio e formación entre iguais entre o I.E.S. X. Neira Vilas e o I.E.S. Poeta Díaz Castro.
Máis información...O venres 21 de maio, no Salón de Actos do IES Neira Vilas, tivo lugar a graduación do alumnado de 2º Bacharelato, co seguinte programa:
![]() |
![]() |
![]() |
Narrar un intercambio desde a distancia permite só describir pequenas sensacións, porque as grandes sensacións están reservadas para os protagonistas, 26 alumnas e alumnos que -en compañía doutros 31 do IES Puga Ramón, Isabel, Carolina, Paz e monsieur Vidal- experimentan 24 horas sobre 24 a estadía en Vannes, nas casas dos seus "correspondants", no collège, na praza,...[seguir lendo]
Do 22 ao 26 de marzo de 2010 terá lugar a celebración da II Semana Intercultural do IES Neira Vilas, con variadas e interdisciplinares actividades nas que participan alumnado, profesorado e invitados varios, promovendo a aprendizaxe dun xeito lúdico e entretido. De antemán adiantamos o agradecemento a todas/os pola súa desinteresada participación. Tríptico informativo. [, 768 kB]
![]() |
![]() |
O próximo día 14 de marzo un grupo de alumnos e alumnas do noso centro acompañados pola profesora Isabel López Mariño e o profesor Carlos Vidal comezaran o II Intercambio Escolar IES Xosé Neira Vilas de Oleiros / Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes. Programa [, 62 kB].
O equipo directivo quere agradecer a participación de profesorado e alumnado nos actos celebrados durante o venres 12 de febreiro, previos ao entroido. Grazas polas lambetadas, grazas polas poesías recitadas, grazas polos disfraces, grazas pola música, grazas polo teatro, GRAZAS. Unha participación tan ampla, cun espírito multicultural tan vibrante, no que cada quen tivo tempo para expresarse e reivindicarse, é un preludio excelente para a II Semana Intercultural que xa está en cernes.
Feliz entroido a todas e todos. O luns 22 de febreiro retornamos con máis ensinos e praceres.
O alumndo de cuarto curso e Bacharelato asistirán a unha conferencia sobre a ría do Burgo e despois haberá unha saida para coñecer "in situ" a situación do humedal. A saida asistirá o alumnado de bacherato.
Esta actividade está organizado polo CEIDA Centro (Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) e as profesoras Carmen Porta e Patricia M. Leyenda.
O día 29 de Xaneiro púdose coñecer a ravés da exposición de Mathilda Anderson na fundación Caixa Galicia, cómo era a situación de Galicia nos anos trinta. O alumndo foi acompañado polos profesores Eduardo Álvarez e Ricardo Puig
Entre os años vinte e trinta do pasado século Mathilda Anderson percorre Galicia retratando con detalle todo aquelo que lle impresiona, tanto nas cidades como no mundo rural. Sorprende o afecto co que trata ás súas personaxes salientando a dignidade humana nas fotografías da súa estadía en Galicia. Inicialmente representa edificios e despois son as persoas as retratadas, representando esta exposición un gran estudio de tipos humanos e costumes deses anos en Galicia.
Por iniciativa de 2º curso de ESO estase a recoller axuda económica en todo o noso centro educativo para os damnificados de Haití.
As alumnas Irea Hernández e Lidia Sotorríos son as encargadas de recoller todo tipo de axudas.
Moitas gracias a todos pola colaboración.
De novo coa colaboración do CEIDA (Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia), iniciamos o segundo trimestre deste curso académico coa exposición "Áreas mariñas protexidas", un paseo polos recursos do mar e as problemáticas de conservación deste entorno tan valioso para a nosa vida. Con ela trátase de sensibilizar sobre o patrimonio marítimo e a necesidade de preservar e manter as áreas protexidas como instrumento de conservación dese patrimonio. Do 12 ao 26 de xaneiro de 2010 no IES Neira Vilas.
![]() |
![]() |
O pasado día 21 de Decembro o alumnado do noso centro tivo a oportunidade de pasar unha mañá moi divertida escoitando as historias do famoso actor Cándido Pazó.
![]() |
![]() |
Alumnado de 3º e 4º de ESO fai reflexións sobre noticias de actualidade
Máis información...O día doce de Decembro os alumnos de 4º ESO acudiron ó ensaio xeral da Orquesta sinfónica de Galicia para asistir á representación "A noite dos Maias" de Silvestre Revueltas
A saida foi organizada polo departamento de Música e os alumnos estiveron acompañados polo profesor Jesús Fernandez Llaneza. A obra durou 35 minutos e foi moi amena xa que a música daba saltos de ritmo e dese modo podíase seguir a obra con facilidade e resultou moi entretido.
O alumnado Bacharelato tivo ocasión de asistir a unha performance realizada polo grupo teatro Oteatrodoresoante, actividade organizada polo Departamento de Filosofía do noso centro en colaboración co concello de Oleiros.
O día vintecatro de Novembro e acompañados polo profesores de Filosofía: José López Couce e Fernando Vidal Meijón, puído o alumnado introducirse no mito da Caverna de Platón a través dunha montaxe que pretende trasladar o mito clásico á actualidade relacionando os homes de hoxendía cos medio de comunicación así como os prisioneiros da cova en relación coas sombras.
Tamén houbo unha interacción entres os actores e o público separando o escenario do patio de butacas e incorporando os espectadores na obra á maneira do teatro de participación.
O martes 24 de novembro alumnos de 2 e 3 da ESO visitaron a Ría do Burgo para iniciarse na observación de aves acuáticas.
Máis información...O día once de novembro os alumnos de primeiro de E.S.O e primeiro de Bacharelato realizaron unha visita á casa das ciencias e asistiron a unha sesión no Planetario nunha excursion organizada polos departamentos de Historia e Ciencias Naturais.
Acompañaron ós alumnos os profesores Carmen Porta, Milagros Rey e Antón García. Na Casa das Ciencias foron observando as exposicións que ali se atopan. Tamén puideron ver unha pelicula no planetario que -segundo comentan os alumnos- lles resultou moi interesante polo tema e polas dimensións da pantalla.
O luns 10 de novembro celebramos o Samagostiño 2009 [MAGOSTO + SAMAÍN] no noso centro educativo. Xúntase o cartel [, 204 KB] deste evento.
![]() |
![]() |
O 22 de outubro de 2009, na Fabrica de Perillo, o alumnado de bacharelato e parte do alumnado de ESO asistiu á representación de Cachai.
Máis información...O pasado 19 de outubro de 2009 tivo lugar no salón de actos do noso Instituto a primeira reunión coas familias do alumnado deste centro co obxecto de informarse do IIº Intercambio Escolar co Collège Notre Dame Le Ménimur de Vannes ( no Departamento do Morbihan na Bretaña francesa); á reunión asistiron moitas persoas interesadas en que as súas fillas e os seus fillos participen nesta actividade que organiza o Departamento de Francés; alí explicóuselles en que consistía un Intercambio, as actividades que se ían realizar, as viaxes que se farían, etc..., e resolveronse as dúbidas que había ao respecto.
Máis información...