O día 7 de abril, no arranque da semana, o alumnado de 1º, 3º de ESO e 1º de BAC tivo un encontro con Xosé Neira Vilas para testimuñar o noso recoñecemento a ese gran escritor que da nome ao noso centro. Á chegada ao instituto o autor de “Memorias dun neno labrego” foi recibido polo director e unha representación do profesorado e do alumnado. Xa no salón de actos fixose unha lectura dalgúns dos seus relatos curtos a cargo de Marta Rodríguez, Miguel Pozo (ESO 1º), Nathalia de Oliveira, Irene Casás (ESO 3º), Jorge Luciano Murchio e Antón Blanco (BAC 1º).
Rematou o acto cunhas palabras do noso querido Xosé animando ao alumnado a se esforzar para acadar a formación que lles permitirá desempeñar no futuro o papel que lles corresponda na sociedade.
Encontro de Elvira Martín Carmona co alumnado de primeiro curso
Encontro de Elvira Martín Carmona co alumnado de primeiro curso
Encontro de Elvira Martín Carmona co alumnado de primeiro curso
Encontro de Elvira Martín Carmona co alumnado de primeiro curso
Encontro de Elvira Martín Carmona co alumnado de primeiro curso
Encontro de Elvira Martín Carmona co alumnado de primeiro curso
Encontro de Elvira Martín Carmona co alumnado de primeiro curso
Encontro de Elvira Martín Carmona co alumnado de primeiro curso
O día 14 de Abril e coincidindo con 80 aniversario da proclamación da II República. O Instituto invitou a Elvira Martín neta de Joaquín Martín Martínez, secretario do Concello de A Coruña e fusilado co moita da corporación municipal o 31 de xulio de 1936. A conferenciante falou do seu abó e da experiencia familiar no exilio.
A conferenciante, é bisneta tamén de José Rodriguez, o famoso “médico Rodriguez” e do pintor Llorens, o seu pai foi o famoso xogador Cheché Martínez; Elvira Martín tamén é nai da alumna Guadalupe Romero de primeiro curso.
A charla co alumnado de primeiro de Elvira Martín Carmona foi de grande interés para o alumnado. Estaba prevista coa duración dunha hora pero tivo que ampliarse unha hora máis pola grande cantidade de preguntas que se fixeron. A valoración foi moi positiva.
A finais do mes de xaneiro (19-24) a profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Patricia M. Leyenda, acompañando a Isabel Miguélez do CFR de A Coruña, asistiu a un encontro do Proxecto Europeo Grundtvig en Lanzarote. O obxectivo foi mostrar o traballo que se fai co alumnado do instituto sobre medio ambiente, concretamente o realizado sobre as aves da ría do Burgo polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Dito encontro consistiu na realización de diversas actividades sobre a ecoloxía e a diversidade paisaxística da illa de Lanzarote, así como a posta en común de profesores de Turquía, o Reino Unido e España sobre educación ambiental.
As diferentes visitas servían como escenario de actividades de interese paisaxístico e de conservación da natureza para un grupo de alumnos universitarios ingleses e mais os profesores do proxecto europeo.
Este encontro supuxo a oportunidade de visitar lugares de elevado valor ecolóxico como o Parque Nacional de Timanfaya, donde fixemos coa guía do parque un agradable, interactivo e instructivo percorrido. Outros lugares que puidemos coñecer foron os Jameos del Agua, a Illa de la Graciosa, o Golfo, o miradoiro de Río Alto, o cráter dun volcán, o xardín dos cactus e un percorrido dun túnel de lava.
A visita tamén permitiu a observación de especies emblemáticas da illa de Lanzarote como os cangrexos do Jameo del Agua, adaptados a vivir en covas, o lagarto de Haría, bubelas, alcaudóns, mazaricos e garzotas. A profesora, xunto co departamento, están moi satisfeitos coa experiencia e coa adquisición de numerosas ideas para o ensino de bioloxía e xeoloxía.
Mar Capeans e parte do alumnado asistente. [Foto de La Voz de Galicia]Alumnos de física e química de 1º de Bacharelato asistiron o día 22 de maio no Centro Social dos Mallos ao Primeiro Encontro Científico CORUÑACERN. Esta actividade científica organizada polo IES Urbano Lugrís, pretende dar a coñecer o CERN, siglas empregadas para referirse á “Organización Europea para a Investigación Nuclear”, e tamén espertar vocacións científicas nos alumnos dos últimos cursos do ensino secundario.
Programa de Actividades
Conferencia : Susana Mataix. Que é o CERN?
Conferencia : Margarita Cimadevila. Science, Art & CERN.
Conferencia: Mar Capeáns. Experimento ATLAS: o soño acadado.
Obradoiro : Francisco Barradas. Visionado de neutrinos en Cámara de Néboa.