Arquivo da categoría: Curso 2015-2016

Ruta do Seixo Branco en bici

bicicleta

O día 7 de novembro (sábado) convócase á toda comunidade educativa (pais e nais, profesorado, alumnado, …) a participar na 2ª ruta ciclista organizada polo centro: A Ruta do Seixo Branco.

A saída será as 9:00  diante da piscina de Perillo. As inscripcións poden facerse na Conserxería do centro.

Cartaz informativo: RutaCiclistaSeixoBranco2015

 

Prevención dos Trastornos da Conduta Alimentaria

charla_anorexiaO pasado 16 de Outubro, María Blanco Suárez,  psicóloga da Asociación de Bulimia e Anorexia de A Coruña impartiu unha charla sobre a “Prevención dos Trastornos da Conduta Alimentaria”, ó alumnado de 4º de ESO.
Os desordes nos hábitos de alimentación teñen unha grande incidencia na etapa da adolescencia. A separación ou divorcio dos pais, a chegada ó Instituto cando non coñeces a ninguén… son exemplos de situacións que alteran a nosa vida e algunhas persoas presentan un desorde adaptativo que pode manifestarse nun trastorno da conducta alimentaria. Os maís coñecidos son a anorexia e a bulimia. As situacións antes citadas, desencadenan pensamentos negativos que algunhas persoas tratan de solventar , alterando os hábitos de alimentación para reducir a ansiedade.

Certificados DELF 2015

Logo DELFExcelentes resultados do alumnado do IES P  Xosé Neira Vilas  nos exames de Francés convocados no mes de xuño polo Ministerio de Educación de Francia.

Os 28 alumnos do Centro acadaron certificados DELF. Este é o diploma que certifica as competencias en lingua francesa para candidatos estranxeiros; os niveis que acadaron son A2 (12 alumnos), B1 (11 alumnos) e B2 (5 alumnos) correspondentes ao Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL). [O alumnado que se presentou era tanto de Secundaria como de Bacharelato].
A nosa máis sincera noraboa!

Xornada do Equipo de Convivencia e Mediación

Xornada de Convivencia e adestramento en técnicas de mediación

Equipo de Convivencia e Mediación
Equipo de Convivencia e Mediación

O pasado luns, 28 de setembro, o Equipo de Convivencia e Mediación realizou unha excursión a Ferrol, Mugardos e Montefaro. No transcurso dun fermoso e soleado día, os integrantes do equipo visitaron o gran Castelo de San Felipe, unha fortaleza militar construída a finais do século XVI para defender a ría e a cidade de Ferrol (coido que naqueles tempos non había mediadores).

Xa na outra marxe da ría, no municipio de Mugardos, o equipo tivo a oportunidade de visitar o Castelo da Palma, da mesma época que o de San Felipe e situado xusto enfronte a un tiro de pedra (anque por carreteira tardamos case unha hora en chegar dun ao outro). No Castelo da Palma tivemos a sorte de ter a axuda de Patricia, a guía do concello de Mugardos, que nos foi explicando a construción militar, que ao que parece, queren converter nun hotel-spa de cinco estrelas. Patricia mostrounos a ponte levadiza, as cubertas, o peirao para o abastecemento, o polvorín, as casamatas os calabozos e a prisión militar, na que, segundo nos dixo, estivo preso un tal Antonio Tejero, que en 1981 protagonizóu un golpe de estado militar contra a democracia española (afortunadamente o golpe non tivo éxito e os seus líderes acabaron na cárcere).

Despois da estupenda visita ao Castelo da Palma subimos a Montefaro, ao Mosteiro de Santa Catalina. Comimos os bocatas no xardín do Mosteiro e logo fixemos un duro adestramento mediante un xogo de rol no que os mediadores tiñan que enfrontarse a un complicado conflito que, anque era inventado, podería perfectamente haber ocorrido no noso instituto. Cando rematamos o adestramento visitamos brevemente o Mosteiro. Está en moi malas condicións e so puidemos ver o claustro e a igrexa.

E logo xa de volta ao bus para chegar a tempo de coller o transporte escolar.

Convivencia con alumnado de Öckerö (Suecia)

ÖCKERÖ SEGLANDE GYMNASIESKOLADo 24 ao 29 de setembro, o alumnado de primeiro de bacharelato disfrutou dunhas xornadas de convivencia cun grupo de alumnos do instituto de ensino secundario Seglande Gymnasieskola de Öckero (Suecia) que chegaron á Coruña a bordo da bricbarca Gunilla.

Os alumnos deste centro desenvolven parte do cursos escolar enrolados no Gunilla facendo escala en diversos portos de Europa, África e América.

Máis información sobre o proxecto…