Arquivos da etiqueta: Eduardo Álvarez

Graduación do alumnado de 2º de Bacherelato

Orla. 2º BACH 2012-2013
Orla. 2º BACH 2012-2013

Unha nova promoción de 2º de Bacharelato rematou a súa formación neste nivel formativo e para eles organizouse o día 24 de maio o acto de graduación.

Abriu a celebración, que tivo lugar no salón de actos, o director Agustín Fernández cunhas palabras para sinalar a importancia do momento para os seus protagonistas e para o instituto. A continuación houbo un momento musical da man de Manuel Bode que dou paso ás intervencións das súas compañeiras e compañeiro de promoción Camila Bargados, Lucía Rodríguez e Martín Mejuto. Seguidamente tomaron a palabra X. Ignacio Taibo (en representación do profesorado), Pilar Ríos (en representación das familias) e Sandra Fernández (en representación do Concello).

O acto proseguiu coa entrega de diplomas de mediación a aqueles membros desta promoción que formaron parte do Equipo de Mediación e Convivencia, do diploma Club Los Leones de Oleiros cunha beca de cincocentos euros e das orlas a todos os membros da promoción. Os diplomas de mediación foron entregados por Jesús Fdez Llaneza. O diploma Club Los Leones foi entregado a María Ramil por Ricardo Gómez, en representación de dito club. As orlas foron entregadas por Elvira Sanz, Eduardo Álvarez e X. Ignacio Taibo.

Como remate do acto proxectouse unha montaxe audiovisual alaborada polo profesor Xosé Antón García que recolle a traxectoria desta promoción desde que chegaron ao noso centro. A celebración continuou coa plantación dunha laranxeira conmemorativa previa a un pequeno ágape e unha cea de confraternización.

Charla de ex-alumnos

Sabela Paradela de la Morena, médica, Isabel Noya Rey, abogada, e Milo Taboada, actor e empresario teatra
Sabela Paradela de la Morena, médica, Isabel Noya Rey, abogada, e Milo Taboada, actor e empresario teatral

O pasado día 11 acudiron ó noso centro tres antiguos alumnos: Sabela Paradela de la Morena, médica, Isabel Noya Rey, abogada, e Milo Taboada, actor e empresario teatral, a dar unha charla ó alumnado de 1º de Bacharelato. Dúas horas de conferencia onde manifestaron todo o que recibiran na súa etapa de alumnos do IES “Neira Vilas”. O alumnado asistente quedou cunha extraordinaria impresión e axudoulles a valorar a importancia da formación no Ensino medio, o traballo do profesorado e as oportunidades que non se deben desaproveitar.

Charla de ex-alumnos
Charla de ex-alumnos

En primer lugar tomou a palabra a xurista Isabel Noya e explicou a importancia do método de estudio, cómo se lle ensinara a traballar no Instituto, a investigar e a adquisición dun método. Despois de catorce anos como abogada recoñece a importancia que se lle deu ó esforzo e o valor das cousas ben feitas, tamén destacou a importancia dos traballos complementarios que se fixeron na aula e as actividades complementarias como so programas que “tódolos xoves realizaba en radio Oleiros”. “Toda esta formación é moi interesante para o traballo posterior”, “é un legado que permanece” e falou tamén do seu traballo no despacho. Moi emocionada a doctora Paradela contou que no seu paso polo Neira Vilas aprendeu a buscar as fontes para a investigación. Destacou cómo se valoraba o traballo “ben feito” e a utilidade que lle valeu para o seu traballo posterior: riguroso, tal como debe ser a Mediciña. Suliñou tamén a importancia da profesión, do traballo vocacional, da felicidad que supón facer o que un quere a pesar de ser un labor de gran responsabilidade e sacrificio. Falou da importancia no seu traballo de “escoitar ós enfermos, adicarlles tempo e resolverlles os problemas”. Que sempre “hai que superarse” e que nunca “se deixa de estudiar”. Tal como era no Instituo unha alumna brillante, sen embargo destacou cómo superou a súa timidez con probas que lle “impoñían” os profesores pero que lle viñeron ben para o seu futuro.

Charla de ex-alumnos
Isabel Noya Rey e Milo Taboada

Milo Taboada insistíu en que o alumnado debería aproveitar o tempo dos seus estudios, destacou as facilidades para estudiar que neste momento hai e que non se valoran, animounos a que nestes tempos difíciles non se rindan nunca, que esperen que veñan dos demais as cousas que elesqueren e que loiten polo seu traballo e polo futuro.

No debate, moi animado –todos querian preguntar, tanto profesorado como alumnado. Estiveron interesados no súas respectivas profesións e as dificultades dos estudios e do mundo profesional. Os conferenciantes insistiron na importancia da vocación de facer o que un arela. Destacaron o bon nivel do Neira Vilas e a “entrega e paixón” do profesorado moi accesible e sen clases magistrales e tamén que ns etapa do Bacharelato é onde se poñen os cimientos da futura profesión.

Despois de dúas horas tocou o timbre e todos quedamos con ganas de continuar charlando. Nas valoración do alumnado todos insistían en que debían volver.

 

Entrega de premios do concurso de microrrelatos de amor

Entrega de premios do concurso de microrrelatos de amor
Entrega de premios do concurso de microrrelatos de amor

O xoves 21 de Febreiro foron entregados os galardóns a: Elaine Silvestre Macena de 3º de ESO pola obra en galego “Sempre contigo” , Andrea Docampo Sánchez de 4º de ESO pola obra en francés: “L`amour est beau” e a Oriana Morín Ampueda de 3º de ESO por a obra en Español “Somos” . Os premios foron entregados polos profesores encargados da Biblioteca, Fernado Vidal e Isabel López Mariño e polos catedráticos de Galego, Francés e Castelán.

Convocatoria do Concurso

Observación de aves na Ría do Burgo

O martes 24 de novembro alumnos de 2 e 3 da ESO visitaron a Ría do Burgo para iniciarse na observación de aves acuáticas.

No mes de novembro o alumnado de segundo curso e terceiro, acompañados polos profesores Matías Cuba, Eduardo Álvarez, Marta Penalonga e Patricia M. Leyenda, pasaron a Ponte do Pasaxe para iniciarse na observación das aves.

Xa no paseo marítimo de Fonteculler fixéronse tres paradas. Na primeira, comentouse como se facía un caderno de campo e explicouse o funcionamento das mareas. Na segunda, diferenciáronse as especies de gaivotas máis comúns que se atopan na ría. Na última, foi a mais intensa, posto que se indicou como se debuxaban as aves no campo, as características nas que hai que fixarse para a súa identificación. Coa axuda dun telescopio, púidose observar máis de dez especies distintas.

Algunhas das aves observadas foron: garza real, garceta común, cormorán grande, correlimos, andarrios, volvepedras, zarapitos e cisnes. Incluso tívose a posibilidade de descubrir unha rareza dentro da ría, a alca común.

O alumnado saliu moi satisfeito da experiencia e con gran cantidade de información para os cadernos de campo.