Arquivos da etiqueta: Ría do Burgo

Roteiro Ría do Burgo

Roteiro Ría do Burgo
Roteiro Ría do Burgo

Dentro da programación de Ciencias da Natureza, os tres grupos de 1º de ESO realizaron, os días 26, 27 e 28 de febreiro, un roteiro a pé que, partindo do instituto, pasaba pola praia de Santa Cristina, Paseo Marítimo de Oleiros, Ponte da Pasaxe e Paseo do Burgo.

Esta actividade tiña por finalidade traballar a observación do medio natural para recoñecer e valorar o ecosistema do medio mariño e litoral e descubrir a gran biodiversidade que se atopa na ría. Ao longo de toda a mañá, o alumnado levou a cabo diversos traballos. Empezou investigando os restos da arribazón para descubrir algunhas das especies que habitan no noso mar, A continuación parouse a observa a características do sistema dunar de Sta. Cristina. E rematou por clasificar algunhas da aves presentes na ría do Burgo a tempo que recibían información sobre o marisqueo na zona e a historia da ponte da Pasaxe.

O roteiro foi guiada por dous educadores medioambientais contratados polo Servizo Municipal de Educación de Oleiros.

Observación de aves na Ría do Burgo

O martes 24 de novembro alumnos de 2 e 3 da ESO visitaron a Ría do Burgo para iniciarse na observación de aves acuáticas.

No mes de novembro o alumnado de segundo curso e terceiro, acompañados polos profesores Matías Cuba, Eduardo Álvarez, Marta Penalonga e Patricia M. Leyenda, pasaron a Ponte do Pasaxe para iniciarse na observación das aves.

Xa no paseo marítimo de Fonteculler fixéronse tres paradas. Na primeira, comentouse como se facía un caderno de campo e explicouse o funcionamento das mareas. Na segunda, diferenciáronse as especies de gaivotas máis comúns que se atopan na ría. Na última, foi a mais intensa, posto que se indicou como se debuxaban as aves no campo, as características nas que hai que fixarse para a súa identificación. Coa axuda dun telescopio, púidose observar máis de dez especies distintas.

Algunhas das aves observadas foron: garza real, garceta común, cormorán grande, correlimos, andarrios, volvepedras, zarapitos e cisnes. Incluso tívose a posibilidade de descubrir unha rareza dentro da ría, a alca común.

O alumnado saliu moi satisfeito da experiencia e con gran cantidade de información para os cadernos de campo.