Entrevista a Marie-Noëlle Chapelle

“Para min foi un reto o traballo tan participativo e interactivo no  Neira Vilas”

Marie Noelle Chapelle
Marie-Noelle Chapelle

Marie-Noëlle Chapelle, belga de Fleurus, de  vinte seis anos é licenciada pola universidade de Lovaina, foi a lectora de Francés durante este curso 2014 15 no noso Instituto

Tiveches algún traballo antes de ser profesora?

Si, traballei como animadora con nenos nos veráns, foi unha experiencia moi interesante porque os cativos necesitan moito movemento e actividades e tiven que resolver novos recursos e actividades para captar a súa atención.

Logo neste centro foi o primeiro contacto coa docencia?

Si é foi unha magnífica experiencia para empezar.  Foi un cambio moi grande, é maís dificultoso traballar porque o alumnado debe estar sen moverse. Ao principio os rapaces falaban menos, despois xa tiñan moita confianza.

Que foi o máis difícil?

Non é difícil pero gostabeme que  fixeran preguntas seguido. Había moita participación na aula.

Que foi o que máis che gustou do Instituto Neira Vilas?

Que tiven moi boa relación co profesorado. O máis interesante para min foi o traballo con profesor Xosé Antón García ( profesor de Historia na sección plurilingüe) polo seu método de traballo diferente e interactivo. Traballar en equipo e coas novas tecnoloxías era un reto para mi.  Foi moi interesante, antes era escoitar e estudar,  agora é estudar, falar e contalo.

É util?

Si porque o alumnado fala do que coñece e faise moito máis fluída a conversa.

Marie Noelle Chapelle
Marie Noelle Chapelle

Como valoras o traballo do Departamento de Francés?

Moi bo, o alumnado ten un nivel estupendo e comparado con outros centros máis. Isto seino porque estou en contacto con moitos profesores auxiliares de Francés . Dispoñen de moitos apoios, de moito interese do profesorado, fanse intercambios e clases complementarias. Tamén ter  materias en Francés axuda moito porque os rapaces ven utilidade la Lingua francesa.

Que che gusta e que non de  Galicia?

De Galicia gústame todo, a paisaxe é preciosa, céltica. A xente é moi amable e sempre disposta para falar e para vivir. Hai moita vida na rúa e encántame tomar tapas e estar coa xente. Tamén me encanta a comida.

Gústame tamén o amor ó galego, a lingua valoa está esmorecendo.

O malo é que é difícil adaptarse ó horario e a xente fuma moito.

Tes ganas de volver?

Si, teño ganas de volver para coñecer máis o interior de Galicia.  E volverei.

Sostible

Sostible
Sostible

O 19 de xuño, como finalización do curso académico, o IESP puxo en escena a performance “Sostible”, Proxecto de Biblioteca no que se traballou durante o último trimestre por parte de máis do 40% do profesorado do centro educativo. Contou coa participación directa de máis de 50 alumnas e alumnos dos diversos niveis e volveu amosar unha estreita colaboración alumnado-profesorado, da que temos a ben facer gala neste instituto.

Sostible
Sostible

Grazas a tod@s pola vosa participación e bo verán.

Olla algunha actuación, por Cortesía de Carmen Rodríguez Coronado: Lucía e Xoan [1, 2]; outro alumnado de 4º ESO; Antón, Laura e Marta.

Olla o vídeo de consellos ecolóxicos do alumnado de 1º ESO e o vídeo-poema de Davi Carro, alumno de 2º ESO.

Olla algún outro vídeo aquí.

Graduación 2015

Orla 2014-2015
Orla 2014-2015

O venres 29 de maio celebrouse no noso centro a graduación do alumnado de segundo de Bacharelato. Ao acto asistiu o alumnado, as súas familias, representantes da comunidade educativa e a Concelleira de Deportes, Turismo e Formación e Emprego do Concello de Oleiros, Teresa Vázquez Maseda. A xornada comezou coa recepción das familias na entrada do centro para pesar posteriormente ao salón de actos onde despois da presentación  por parte do director Agustín Fernández Gago falaron a concelleira Teresa Vázquez Maseda en representación do Concello, a profesora de inglés, Warinca Arce González en representación do profesorado, Eduardo Blanco Pereira, pai de Antón Blanco, en representación das familias e Andrea Docampo Sánchez e Antón Blanco Rey en representación do alumnado. Acto seguido, o titor do grupo Jorge  Calle López e a profesora de inglés Warinca Arce Gonzalez  fixeron entrega ao alumnado dun diploma conmemorativo e unha memoria USB cun vídeo que recorda o seu paso polo centro. A foto de grupo e a visualización do vídeo dou paso á tradicional plantación da arbore, un gingko, nos xardíns do instituto. Un pequeno ágape concluíu a xornada no centro. O alumnado e o profesorado compartiron posteriormente unha cea nun restaurante de Santa Cristina .

Ruta dos pazos en bici

bicicletaOrganizado polo departamento de Normalización Lingüística e coa participación de pais, alumnos e profesorado,  o día 13 de xuño, realizouse a “Ruta dos pazos en bici” .  Visitamos   os  pazos de Lóngora, Franzomel, Xaz, Miraflores e Montrove (Pazo Do Río).

Os participantes disfrutaron do percorrido e do bon tempo sen máis incidentes que algún pinchazo e co desexo de repetilo en próximos cursos.