Con gran éxito de público, celebrouse a final do torneo deportivo intercentros entre o IES Miraflores e IES Neira Vilas.
Os equipos estaban formados por alumnos de diferentes cursos e despois dunha final moi disputada o IES Miraflores conquistou o Trofeo Intercentros.
Durante o partido o grupo de animadores de 1º de ESO curso realizou unha coreografia moi aplaudida.
Este torneo é unha das actividades realizadas polo equipo de mediación do noso centro. Tamén foron os encargados dos ensaios das animadoras, da organización do acto e do seu desenvolvemento, por certo impecable.
Catro alumnas e unha profesora, catro alumnos e un profesor, unha familia hoxe numerosa mais ben levada, camiñou por Roma durante cinco días ao descobremento da antigüidade clásica, á percura dos restos paleocristiáns, á busca da monumentalidade renacentista e barroca, co anceio de adaptarse ao contorno e converterse en romanos auténticos, incluso a poder ser confundidos entre a “gente de Roma” que filmaba Ettore Scola.
Levabamos un planning de viaxe, e o lecer nunca está inimizado coa aprendizaxe; hai tempo para soñar e aprender, para camiñar e comer, para ver, ollar, disfrutar… Estaban esperándonos os foros imperiais, as catacumbas paleocristiás, o grande Coliseo e a Via Appia Antica, agardábannos igrexas e prazas, esculturas de Bernini e pinturas de Rafael Sanzio, tendas de Ferrari e vías de luxo e dolce far niente, parques inmensos, fontes, rúas… Agardábannos o autobús e o metro, o ristorante e a pizzería, a noite e o día do Campo di Fiori.
Baixo un sol de xustiza, mais sen baixar o ritmo e a garda, as colinas da Cidade Eterna sentiron a nosa pegada. E coido que tamén a urbe deixou pegada en nós. Tanto que pediamos días extras para seguir internándonos na intrahistoria da romulorremiana cidade. Estivemos aos pés da cúpula de San Pedro do Vaticano e subimos ata a lanterna, ollamos Roma desde arriba e vimos o subsolo perforado polas estacións de metro e as catacumbas, mantivémonos xuntos baixo o arco de Septimio Severo afirmando unha unidade de grupo, “perdoamos” a vida dos gladiadores na arena do Coliseo, formamos un círculo de ledicia no céspede de Villa Borghese e unha ringleira diante do Tíber. Bebemos auga fresca das fontes, disfrutamos de espectáculos públicos, corremos para atrapar o autobús,…
Hai 180 anos, un 23 de xuño, Stendhal escribía que “en Roma, cando se pode, hai que vivir tres días no mundo constantemente rodeado de compañeiros xoviais, e tres días nunha completa soedade. As persoas que teñen alma tolearían se estivesen sempre soas.” Nós fomos un grupo sempre, unido e alegre, ás veces arrastrado pola calor, sempre ilusionado co descobremento. A Roma dos Césares e dos Papas, a da dolce vita e a miserenta, a nocturna e a de días caldos, a Roma Eterna e a de hoxe en día, acolléronnos durante 120 horas para disfrutar dun belo paseo. Quizás non tivemos tempo de experimentar o mal de Sthendal, mais tivemos oportunidade de disfrutar como calquera viaxeiro do Grand Tour.
Nos derradeiros dias de xuño levouse a cabo unha exposición do traballo feito no proxecto interdisciplinar polo alumnado de 1º de ESO.
O proxecto interdisciplinar é un achegamento, de forma conxunta, compartida, aos saberes das outras materias do currículo. Co tema “A Vexetación Autóctona de Oleiros”, dedicóuselle unha hora semanal ao longo de todo o curso, nas aulas de primeiro de ESO.
O estudio do tema elixido fíxose desde varios disciplinas : Ciencias Sociais (mapas de climas do mundo, de Europa, de España e de Oleiros e as características do clima da zona xeográfica na que se sitúa Oleiros. Vexetación autóctona que medra nestes espazos xeográficos que presentan esas características) , as Ciencias Naturais (características da vexetación autóctona. Estudio de cada una das especies: Castiñeiro, carballo, Piñeiro, toxo, xesta, fieitos, queiruga), Plástica (debuxo das árbores, follas, frores e froitos de cada una delas), Lingua (comprensión e expresión de textos, recollida de información, s, expresión oral)…
Estudiaronse as seguintes plantas: castiñeiro, carballo, piñeiro, toxo, xesta, queiroa e fieito.
Unha vez feita a recollida de datos fíxose unha composición con cada unha das plantas.
Realizouse unha visita ao Parque eólico experimental cos alumnos e alumnas de 3º-ESO o derradeiro día escolar deste curso (20/06/08).
Entre as 9 e 14 horas estivemos nas instalacións de Sotavento na Serra da Loba en Xermade (Lugo). Tivemos sorte xa que a visita coincideu coa inauguración oficial dunha exposición de aparatos de medida antigos e os primeiros xeradores de corrente eléctrica que funcionaron nos ríos galegos (cidade de Pontevedra e mosteiro de Oseira). Acudimos á inauguración como público aplaudindo as intervencións do director do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) e a xerente do MACUF (museu de arte contemporáneo de Unión Fenosa).
Dividímonos en dous grupos con dous agradables monitores que nos acompañaron e explicaron os aspectos máis importantes do aforro enerxético e as enerxías alternativas.
O día 19 de Xunio o grupo de alumnos de 3º curso dentro da materia de Iniciativas enprendedoras coa súa profesora Isabel López Mariño pasaron un día de lecer no Talaso da Casa da auga de A Coruña.
Durante toda unha mañán puderon disfrutar dos beneficios hídricos despois de tantos días de traballo e de exames.
Esta saida foi posible gracias ós beneficios obtidos despois das xestións realizadas ó longo do curso para a realización de diversas actividades, entre elas a dos almorzos saudables.
Alumnos do Instituto reciben o premio pola curtametraxe feita para o concurso de guións.
O día 19 de Xunio foi o acto final do proxecto “Oleiros Solidario” que por cuarto ano organiza a concellaría de Bienestar Social do concello de Oleiros. Durante toda tarde no entorno do castelo de Santa Cruz celebráronse unha serie de actividades e xogos en relación coas outras culturas e paises: xogos con mapas, realización de murais, obradoiros etnográficos: tatuaxes, ceremonia do te, stands e exposicións. Despois da actuación musical, procedeuse á entrega de premios de guións de videos. Foron premiados do noso centro educativo a curta metraxe titulada: “Indixenismos” e realizada por os alumnos: Claudai Calvelo, Bruno Bargo, Miguel Alvarez e Rebeca Salvador. Esta última pronunciou unhas palabras de agradecemento ás Ongs, o concello de Oleiros e máis o centro educativo.
Foi pechado o acto coa intervención da responsable do evento, Mar Barreiro, da concelleira de Servicios sociais e do alcalde do municipio.
O día 17 de xunio no noso centro educativo entregáronse os premios de Escola Guapa ás aulas máis limpas.
O premio foi recibido polos curso 4º C e 1º A, cada un dos alumnos recibiu un agasallo de mans do director do centro e do grupo de profesores colaboradores.
O broche e sorpresa final foi o debut do coro de profesores. Grupo coral formado por quince profesores e personal non docente que interpretaron unha peza clásica de música tradicional galega.
O grupo coral tivo un gran éxito de público e crítica.
O día vintetrés de Maio celebrouse no noso Instituto o acto de graduación de segundo de Bacharelato. Con gran afluencia de público, e rigurosa etiqueta, alumnado, profesorado, familias e amigos asistiron ó concerto dos alumnos de música de primerio e segundo de Bacharelato que interpretaron pezas clásicas e modernas.
A continuación as palabras da alumna de segundo curso Joheisy Bracho Curros, de María Pato Dieguez mai de Iago Alves da Costa Pato, que nos emocionaron, co recoñecemento da estancia no Centro o labor do profesorado. As palabras do profesor José López Couce foron dirixidas a que o abandono do Centro non debe ser o abandono da cultura integral, e instou a seguir lendo e facéndose preguntas porque “o mundo agora é voso”.
Unha presentación da evolución dos anos no centro educativo do alumnado de agora remata e a entrega de diplomas foi o remate do acto antes de pasar ó aperitivo preparado no propio centro. A continuación a cea de alumnos e profesores e a festa que sabemos foi moi animada.
Programa do Concerto
Alumnos de 1º de Bacharelato.
Round Dance: Sheila Nelson
Air de la Petitte Russie: L. van Beethoven
Riverside: Sheila Nelson
Balaio: H. Villalobos
O voso galo: popular galega
Devil´s dream: popular irlandesa
Alumnos de 2º de Bacharelato
Bandas Sonoras: arreglo grupal
Coa colaboración dos alumnos de 2º da ESO: Adela Fernández González: Violín; Adrián Freire: Saxo
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)