Arquivos da etiqueta: Sara Castro

Concurso de disfraces: Entroido 2013

Comparsa gañadora: MAFIA ITALIANA
Comparsa gañadora: MAFIA ITALIANA

Como clausura da semana de Entroido, no instituto celebramos, o 8 de febreiro, un concurso de disfraces con dúas modalidade: individual e comparsas.

Na categoria individual resultou gañador Antón Blanco Rey (ESO 4º). O segundo lugar o ocupou Hugo Antón Fernández (ESO 1º). E o terceiro o alcanzou Emilia Oróns Vázquez (ESO 1º).

2º premio comparsas: WHATSAPP
2º premio comparsas: WHATSAPP

Na categoría de comparsas a gañadora foi MAFIA ITALIANA (Iria Vázquez, Manuel Rodríguez, Alejandro Martínes, Daniel Sánchez, Carmen Rodríguez e Lucía Sigüeiro, de ESO 2º). Mentras que o segundo lugar foi ocupado por WHATSAPP (Sara Castro, Amy Díaz, Martín Mejuto, Lucía Rodríguez, Camila Bargados, Brais Blanco e María Ramil, de BAC 2º) e o terceiro por LMFAO (Manuel Martín, de BAC 1º, e Pablo Orons, de ESO 3º).

Todos eles levaron premios en vales para gastar na libería Mar de Letras.

Curso 2011-2012. Novas

Rede Abalar

O IESP Neira Vilas incorpórase no curso 2011-12 á Rede Abalar con dúas aulas Abalar correspondentes aos grupos de 1º de ESO.

Diploma de estudos en lingua francesa

13 alumnos e alumnas do centro de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato presentáronse ao exame do DELF, Diploma de Estudos en Língua Francesa, certificado que expide o Ministerio de Ensino francés. Conseguírono todos eles con moi boas cualificacións. ¡Noraboa!.

O ministro de Educación felicita ó Instituto Neira Vilas

As numerosas actividades europeas desenvolvidas polo centro educativo fixeron que o alumnado recibira o día 14 de xunio unha carta do ministro de Educación José Ignacio Wert felicitando “polas actividades tan enriquecedoras e de apertura a Europa”

Semana Intercultural 2012

Do 26 ao 30 de marzo o IES Xosé Neira Vilas organiza a 4ª edición da Semana Intercultural que ten como tema central o II centenario da Constitución de Cadiz.

Tríptico Informativo

Visita á Facultade de Filoloxía

O xoves 1 de marzo, o alumnado do clube de lectura de segundo curso de ESO e de 1º de Bacharelato, visitaron a Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, dentro das xornadas de portas abertas que se organizan para dar a coñecer os sus estudos e as instalacións, entre elas a biblioteca especializada, con máis de 80.000 volumes accesible ós estudantes e tamén a calquera que estea interesado.

Cinco minutos de silencio

O día 27 de febreiro o alumnado, profesorado e resto de personal concentrouse ás 12 da mañán con cinco minutos de silencio no patio do centro en repulsa polas cargas policiais en Valencia.

Alumnado do Instituto participa na homenaxe a Rosalía de Castro

Os alumnos: Sara Castro, Martín Mejuto e Camila Bargados de 1º de Bacharelato perticiparon o día 24 de Febreiro no kiosko Alfonso de A Coruña na lectura de poemas en homenaxe a Rosalía de Castro no seu aniversario.

Lectura dramatizada de “El Quijote”

O alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato escoitarán textos de Cervantes dramatizados o día 14 de Febreiro na biblioteca Rialeda de Perillo

Obradorio de banda deseñada con Manuel Cráneo na biblioteca Rialeda para 1º da ESO

O alumnado de 1º de ESO asistirá o día 3 de febreiro ó taller de cómic que xa desde outros ano tivera un enorme éxito entre o alumnado do Neira Vilas.

Exposición sobre as brañas de Sada

Durante o mes de xaneiro temos unha exposición de carteis, elaborada pola delegación das Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural, sobre as Brañas de Sada. Contén unha detallada información gráfica e escrita sobre a flora e fauna e ten como obxectivo reivindicar a importancia das zonas húmidas na conservación do medio natural.

Charlas de prevención de accidentes e lesións medulares durante o mes de Decembro

O alumnado de 3º e 4º tivo ocasión de coñecer de primeira man, as causas dos accidentes, as normas básicas para a actuación cando isto acontece, as normas de prevención de lesións graves e as consecuencias para a saúde física e psíquica.

As charlas foron organizadas por AESLEME (Asociación para a prevención de lesións medulares) en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. O médico e fisoterapeuta explicaron ó alumnado dun xeito sinxelo e con audiovisuais estes contidos tan necesarios para a concienciación e prevención destes accidentes.

A valoración da actividade, tanto por parte do profesorado organizador como do alumnado foi moi positiva, quedando en consideración a inclusión desta actividade no Plan de Acción titorial para os vindeiros cursos.

Tese de Doutoramento

O mes de setembro pasado, a ex alumna deste centro, Naira Albaina Balerdi defendeu a súa tese de doutoramento titulada “Biomonitorización de contaminación por TBT y genética poblacional enNassarius reticulatus (L) y N. nitidus (Jeffreys) en el NE Atlántico” que foi calificada cun merecido sobresainte Cum laude.

¡Noraboa Doutora!

Memorias dun neno labrego

Dentro das actividades para a conmemoración do aniversario de “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas nas que xa estivemos participando, o día 13 de outubro o grupo de lectura da Bilioteca do noso centro e o Departamento de Galego organizan unha visita ó Forum metropolitano e asistencia á peza de teatro que recrea a obra literaria represantada por Cándido Pazó que xa estivera no noso centro con grande éxito. Está organizado para 3º e 4º curso.

Exposicións: “Orixes” e “Primeiras civilizacións

Os grupos de 1º da ESO estiveron o día 14 de outubro na Coruña para visitar as exposición sobre Antigo Exipto e Mesopotamia e sobre a orixe do ser humano. A actividade foi organizada polo Departamento de Historia. [Pode ver un vídeo da visita]

Entrevista a Ramón López Facal

Ramón López Facal e as súas entrevistadoras Sara Castro e Gleicielly Guimaraes
Ramón López Facal e as súas entrevistadoras Sara Castro e Gleicielly Guimaraes
Ramón López Facal
Profesor de Didáctica das Ciencias Sociais na Universidade de Santiago, anteriormente profesor de Instituto durante 35 anos e profesor asociado no departamento de Historia comtemporánea da USC.
Membro da asociación ‘Sine Nomine’, promotora da renovación dos métodos de ensino das Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, coautor de diversas publicacións sobre historia contemporánea, entre elas algún libro de historia do mundo actual e de historia de España, ou das exposicións sobre a 2ª república, o franquismo e a transición promovidas pola Fundación 10 de marzo, unha das cales está connosco entre o 4 e 14 de abril: ‘Imaxe gráfica da Segunda República’.
Gran divulgador do ensino da Historia e persoa moi recoñecida a nivel nacional e internacional polo seu interés investigador.
Participou na Semana Cultural do noso centro educativo, coa conferencia “80 anos da proclamación da Segunda República”

A II República foi a primeria experiencia democrática en España

¿Cal é a importancia da función de profesor, ¿Cómo se pode influir na sociedade desde as clases?

Trata de formar os alumnos da mellor maneira con unha influencia indirecta, con todo esto, os alumnos serán capaces de coñecer a sociedade, de tomar decisións, de facer o mellor para eles e para a sociedade.

¿Cómo se debe ensinar historia?

Debemos coñecer a Historia e así entender o mundo que temos hoxe. Entender de onde vimosé saber o que non che gusta e cambiálo. É moi importante a reflexión sobre o pasado..

¿Cal son as principais fontes para estudio da Historia?

Facer Historia é facer preguntas desde o presente para o pasado. Temos fontes escrita, e orais, tamén os restos arqueolóxicos, a documentación histórica. Todo depende do tema, non hai unha única fonte.

¿Hai moita diferencia de cómo se ensina a Historia nas difrentes comunidades autónoma do estado español? ¿E en Europa?

Moi pouco, hai moi pouco diferenza . Menos dun 7% en cada comunidade (entre 2). A maneira na que se ensina tampouco hai moita diferenza e non é solo en España. Depende do dinamismo do profesorado que ensina.

Ramón López Facal e as súas entrevistadoras Sara Castro e Gleicielly Guimaraes

¿Qué prefiere o Instituto ou a Universidade?

Fun profesor trinta e cinco anos nun instituto e dez na Universidade. No instituto tes máis horario, máis grupos, nivéis que esixen moita adicación. Na universidade tes un traballo máis cómodo e máis tempo para investigar.

A Segunda República en España ¿Qué significou? ¿Qué nos queda dela?

Significou a primeira experiencia democrática. Tiña como consecuencia cambiar causas que viña retrasadas como a relación entre igrexa-Estado, a igualdade de dereitos, o papel da muller…. Moitas das propostas de República desenvolvéronse despois. Quíxose transformar un país dun xeito democrático. Quédanos dela a sumisión dos militares ó poder civil, que se favorezca ós máis desfavorecidos ou os dereitos da muller. Son retomado hoxe coa democracia.

¿Ten viabilidade unha Tercera República?

¿Por qué non?

¿Qué opina de cómo se ensina a Historia na Educación Secundaria?

Hai de todo. Non todos ensinan de igual maneira e aprenden de igual maneira. Apréndese mellor do que se ensina. Hoxe hai maiores recursos e actualemente hai 200.000 de alumnos. Pero sí que se millorou moito.

¿Ten interés recordar os valores republicanos?

Si, por suposto. É ensencial República é “res pública”, os valores republicanos son os valores democráticos e os valores democráticos están por riba de todo.

Entrevista Zita Sándor

“Gústame esto, a xente é moi easy going

Zita Sándor
Zita Sándor

Zita Sándor está pasando parte deste curso no noso Centro educativo, é unha das lectoras de francés. Naceu en Miskola en 1986 unha das grandes cidades do norte de Hungría, estudiou Filoloxía na universidade de Debrecen e especializouse en literatura francesa e húngara e en estudos teatrales. É aficionada ó teatro, lectura , viaxar e ó senderismo.

¿Cal é a primeira vez que estivo en España?

Estiven aquí, en San Sebastián varios días porque estivera nunha estadía Erasmus dun ano en Burdeos mentras era estudante.

¿Cómo é o verán en Hungría e o inverno en Hungría?

Demasiado caluroso o vran normalmente fai 35ºC e ás veces podemos chegar aos 40. e o  inverno moi frío, normalmente fai uns -15ºC, ás veces os rapaces non poden ír a escola xa que está todo nevado.

¿Por qué quixo vír a España?

Porque como son profesora de francés, quería coñecer unha escola española e tamén quería coñecer a cultura e a lingua que se fala aquí.

¿Qué impresión se ten de España desde Hungría?

Que falan moito e todo o tempo que está sucio os bares e que durmen cada día a sesta. Pero ó vin aquí e dinme conta de que non é exactamente todo así.

¿Qué é a cousa que maís lle extraña?

Que todo se pecha á hora da sesta ¿E que realmente todos a durmen?

¿Qué ve positivo aquí?

Que a xente é moi hospitalaria, por exemplo, nada máis chegar a Barcelona, eu levaba unha maleta moi grande e todos axudábanme.

¿E sobre o sistema educativo?

Neste centro Neira Vilas ten a ventaxa de ter aulas con poucos alumnos, así pódese traballar millor. En Hungría a media é de vinte e pico ou trinta alumnos por aula. Son millores aquí en idiomas que en Hungría. Tamén teñen asignaturas que non cursan o alumnado en Hungría como Economía. Tamén a materia de Xeografía e Historia está xunta e así faise máis interesante e máis “colorida”.

¿E respecto as vacacións, existe algunha diferenza?

Sí pero só unha. Nos tamén temos vacacións de verán e en decembro (de Navidad) pero en vez de ter as vacacións de Semana Santa, témolas en Novembro polo costume do Halloween.

¿E o comportamento do alumnado?

Fala todo o mundo moi alto.

¿Onde vive?

Cando cheguei aquí non coñecía nada da cidade, pero o profesor de francés, Carlos Vidal, atopoume un piso en Sta.Cristina. Vivo con dúas italianas, unha galega, e unha francesa (que é a outra lectora do centro, Emilie), os cales son moi boas compañeiras.

¿Qué é o que non che gusta de aquí?

Qu Santa Cristina é un pouco pequena e o transporte é incómodo.

¿E o positivo?

Que a xente é “a little bit crazy” e “máis easy going” que no meu pais.

¿Estás contenta?

Sí, estou moi contenta.

Entrevista realizada por Sara Castro e Amy Díaz (4º ESO)

Entrevista Emilie Lespade

“Agora, teño amigos en todas partes do mundo”

Emilie Lespade
Emilie Lespade

No noso Instituto temos a sorte de ter varios profesores lectores. Emilie, é un deles. É oriunda de Cambo-les-bains situado no País Vasco francés. Estudou filoloxía hispánica. É aficionada a ler, a pasear, a viaxar e ….ao chocolate.

¿En que consiste a carreira que desempeñaches?

O primeiro ano, adiqueino sobretodo a gramática e a traducír textos do francés ao español e viceversa. O seguinte ano, concentrámonos máis na Xeografía e Historia e na historia de América Latina.

¿Por qué quixeches estudar iso?

Finalizei os meus estudos de bacharelato moi rápido (aos 16 anos). En realidade, o que eu quería facer era traballar en ONG´s no estranxeiro e estudar unha “carreira humanitaria”, pero tiña que ter 21 anos, e como dixen anteriormente, cando rematei o bacharelato tiña 16. Entón como me encantaba e me encanta viaxar decidín realizar a carreira de filoloxía hispánica.

¿Onde realizaches os teus estudos?

En Pau (situado nos Pirineos), e estudaba dúas linguas o vasco e máis o francés.

¿Cal era a lingua que ti falabas, o francés ou o vasco?

Os meus pais, eran vascos e viviron alí sempre, pero como cando eran pequenos non se lles permitía falar o vasco, pois agora falan francés e eu tamén.

Sara, Emilie e Amy
Sara, Emilie e Amy

¿Xa finalizaches a carreira ou aínda non?

Xa teño a licenciatura, que a conseguín en 2010, pero aínda me queda o master que se todo vai ben conseguireino o ano que ven. É dicír, supoño que para o próximo ano rematarei xa os meus estudos por completo.

¿Existe algunha diferenza entre a escola francesa e a escola española?

Sí, aquí aproveitase moito máis os horario, xa que as clases duran menos e cansaste menos. Ademáis alí tes sempre clase pola tarde ata, aproximadamente, ás 5. O de non ter clase pola tarde aquí, realmente é unha ventaxa xa que así aproveitas máis as tardes para estudar ou para facer actividades.

¿Agora onde te aloxas?

Nun piso de Sta.Cristina con dúas italianas, unha galega e a unha francesa, que concretamente, é a outra lectora francesa deste centro.

¿Anteriormente viñeras a Galicia?

Sí, mediante un Erasmus que fixen en Santiago de Compostela.

¿Que che pareceu Santiago de Compostela?

¡Encantoume!… foi xenial, creo que foi o mellor ano de estudos que pasei durante a miña vida. Pareceme como un “pobo”, no que se pode estudar facilmente, e ademais coñeces a todo o mundo.

¿Atopas algunha diferenza entre Santiago e A Coruña?

Por suposto, como dixen antes, Santiago é coma un “pobo” no cal, coñecía a todo o mundo. Sen embargo, A Coruña é moito máis grande… é unha cidade, e practicamente, non coñezco a ninguén. Aínda que os paseos, o mar e en xeral, o entorno de A Coruña gústanme moito.

Sara, Emilie e Amy
Sara, Emilie e Amy

¿Gústache a comida de aquí?

Sí, gústame moito, sobre todo o pulpo galego.

¿Algo positivo de esta viaxe?

Lévome unha moi boa experiencia e sobre todo uns moi bos amigos… ¡Agora teño amigos en todas partes do mundo!

¿Algo negativo…?

Que todo se acaba, e que pronto terei que regresar a miña casa.

Entrevista realizada por Amy Díaz e Sara Castro

14 de Abril aniversario da República,conferencia: A educación e España antes durante e despois da República”

A conferencia foi realizada polos alumnos de cuarto curso: Izan Vázquez, Sara Castro e Amy Díaz

Na conferencia tratáronse os temas de: A educación e España a principio de século. Analfabetismo e atraso a importancia da modernización do ensino coa Institución libre de Enseñanza, as novedades políticas, a importancia da educación e a cultura popular durante a Segunda República española; a represión cos maestros no Franquismo co exemplo de Arximiro Rico e Gregorio Sanz. e o retroceso posterior.

Issa Ndiaye: Vida dun inmigrante

Entrevista feita por Amy Díaz e Sara Castro [3º A ESO]

Issa Ndiaye e Rafael Sánchez
Issa Ndiaye e Rafael Sánchez

Ten 31 anos, naceu en Senegal preto de Dakar e leva dous anos en España. Chega a A Coruña so. Primeiro vai a Lisboa, esta viaxe decide facela en avión, porque a súa aboa “botoulle os osos” e soubo que se viaxaba en patera morrería, de onde foi devolto.

Issa contounos que moitos dos seus amigos que viñeran en patera morreron. As pateras cóllense en Senegal ou en Mauritania, hai que pagarlle ao xefe do barco no que viaxes. Máis ou menos páganse 500 € (diñeiro que aforran durante toda a súa vida, ou ben para casarse, ou ben para viaxar como fixo Issa).

No segundo intento viaxa a Italia, onde estivo catro meses, sen ningún tipo de axudas. Ali non se atopou ben, a xente non era amable, así que colleu un bus e volve a España; Cóntanos que non coñecía a nadie e así, ó chegar, estaba durmindo na rúa cando se lle achegou un policía que lle preguntou que canto tempo levaba alí, él contestoulle que acababa de chegar. O policía compadeceuse del e, vendo que tiña fame, marchou cinco minutos, e volveu cun bocadillo e unha coca-cola, ademais, explicoulle a Issa que non debería estar alí, xa que era un lugar perigoso para él.

Aqui véu sen contactos e vai traballando no que pode. Conoceu a Rafael Sánchez Fernández – abogado que leva toda a súa vida adicada a solidariedade no sindicato Comisiones Obreras- ó frente da casa de Senegal sita en A Coruña na ronda de Outeiro ao lado dunha mezquita. Issa falaba unha mestura de francés e español. Rafael aportoulle axudas metendoo nunha das clases de español, idioma que lle custou moito aprender, a pesar de adicar horas estudandoo.

O seu período de tempo máis dificíl foron os seus primeiros tres meses debido a que non sabía o idioma e non tiña amigos, pero aos seis meses mellorou.

Issa Ndiaye e alumnos de 3º A ESO
Issa Ndiaye e alumnos de 3º A ESO

Elixíu vír a Galiza porque dí que esta tranquilo e pode vivír, cando consiga os papeis, moitos anos sen problemas.

Actualmente vive co seu tío en Vilaboa, e traballa vendendo discos, que consegue baixándoos de internet ou mercando un e facendo moitas copias para sacarlle rendabilidade. Para vendelos busca sitios tranquilos pola noite porque na Calle Real a policía quítanlle as cousas. Se o colleran vendendoos, poderiano mandar de volta ao seu país, ou metelo na cárcere durante uns días.

Os seus principais obxectivos son: Mellorar na súa profesión (é carpinteiro), que pasen os tres anos para poder conseguír os papeis e volver a Senegal e montar un negocio.

O seu sono é conseguír un bo traballo e diñeiro para poder traer ao seu pai e curalo da súa enfermidade (ten unha parte do seu corpo paralizada) porque en Senegal non hai tanta tecnoloxía, e él a parte de curalo, quere conseguirlle unha silla de rodas eléctrica.

Ten unha moza en Marrocos e esta desexando vela, fala con ela todos os días. Tamén se comuníca coa súa familia chamando tódolos domingos preguntarlles que tal están.

Mediadoras do Neira Vilas imparten un curso a compañeiros de Guitiriz

Éramos ao redor de 40 persoas
Éramos ao redor de 40 persoas

“O EQUIPO DE MEDIACIÓN E CONVIVENCIA NO CENTRO ESCOLAR” foi o tema central da experiencia de intercambio e formación entre iguais entre o I.E.S. X. Neira Vilas e o I.E.S. Poeta Díaz Castro.

Unha posibilidade que promoveu e fixo posible o programa Axenda 21 Escolar de Galicia. O encontro persoal e a educación entre iguais son os seus principais valores, ademais da propia mediación. Os membros do equipo de convivencia e mediación fixeron un esforzo importante para ser “comunicadores”, “educadores” e “compañeiros entusiastas” dun grupo interesado – dezaseis rapaces e rapazas – do centro Lucense. Aproveitaron a oportunidade seis compañeiras de 1º de ESO do noso centro participando como “aprendices” de mediadoras. (Teresa López Velo, Catalina Bernot Hernández, Nuria Buño Golán, Laura Carro Sabio e Damaris Fernández Pumar)

A iniciativa partiu dos compañeiros e compañeiras de Guitiriz. Con eles compartírase a estadía nacasa rural-ecolóxica de “Alvarella” a finais do curso pasado. Gozaran deste premio recoñecido polos responsables da A21 Escolar de Galicia polo traballo desenvolvido nos dous institutos a prol dun mundo mais sostible. O alumnado do Neira Vilas foi agasallado polo traballo de varios anos e varias xeracións de mediadores e mediadoras. Tamén pola brillantez coa que o equipo do curso 2008-09 expuxo o seu traballo no encontro de Pontevedra “O alumnado é protagonista” – no marco da A21EG -.

O “curso” dividiuse en dúas xornadas: na primeira, o 20 de abril, foi o centro Oleirense o anfitrión. De 10 a 13 horas da mañá, no Salón de Actos do centro, tras unha presentación “regulamentaria” de tódolos asistentes, desenvolveuse o programa: O conflito, preciso para medrar na vida; diferentes modos de afrontar un conflito: asertivo, pasivo e violento; a vía da mediación: momentos da mediación e habilidades sociais necesarias para todo mediador. Cada momento foi dinamizado por membros do equipo de convivencia existente e Perillo: Lidia Candal Suárez, Adrián Freire Rodriguez, Marta Sánchez Méndez, Sara Sánchez Roma, Macarena Farias, Laura Vázquez, Estefanía Torres Esquivel e Laura Grobas. Empregáronse dinámicas de grupo para tratar cada un dos apartados. Os momentos de lecer foron tamén intensos e coidados: a parada a media mañá fixo famosa a tortilla do noso cantineiro Pablo en todo Guitiriz; e a mañá pechouse cun paseo de amigos e amigas pola praia de Santa Cristina.

Entre a 1ª e a 2º xornada o “tuenti” colapsouse na súa autoestrada virtual entre Perillo e Guitiriz… había que afianzar conceptos e amizades.

As 2ªs xornadas foron de gran debate
As 2ªs xornadas foron de gran debate

Na segunda xornada, o 25 de maio, foi o alumnado da Terra Chá quen acolleu ao grupo de mariñáns que foron alá. Decidiuse que fose todo o grupo, non so os máis directamente implicados na mediación, para facer tamén balance do ano académico e pasar o día xuntos convivindo. Sumáronse entón aos xa coñecidos: Sara Castro, Lucía Rodríguez, Lidia Sotorríos, Alejandro Nogueira, Sergio Ceán, André Luis Araujo, Álvaro Cadavieco, Fernando Romero, Nicole Barros, Martín Mejuto, Sergio Roget, Jesica Valadares, Leila Mejuto… A temática permitía facer isto xa que esta segunda foi unha xornada sobre cuestións organizativas: como se aborda un conflito nun centro sen mediación e como con mediación?; a posta en marcha do equipo de convivencia e mediación curso a curso ? E as liñas de traballo que tentou desenvolver no Neira Vilas o Equipo: a mediación en conflitos; a coidado medio-ambiental – reciclaxe, punto limpo, aforro… -; o acompañamento aos novos – asignando un compañeiro o u compañeira aos alumnos que chegan novos ao centro -; asesoría aos delegados e delegadas – mediante “auditorías” sobre a marcha dos distintos grupos -; observatorio da convivencia – detectando problemas e facendo un seguimento da saúde da convivencia no centro con reunións periódicas coa Xefatura de Estudos e Orientación…-. Precisamente na avaliación destas liñas participaron activamente aqueles que non estaban directamente involucrados en mediación. O tempo de lecer non foi menos importante: Parada a media mañá para saborear unhas empanadas moi ricas de carne e de bonito; comida na ribeira do río Parga, no lugar dos “Sete Muíños” – piscina fluvial de Guitiriz – con algún susto pola chuvia; e tarde de paseo e “bares” polo centro de Guitiriz tamén facendo máis amigos; ate houbo quen andou uns quilómetros polo monte ate Pardiñas – lugar de soa polo seu festival folck e o seu vello balneario -.

A valoración foi positiva por parte dos dous grupos. Agardando unha mais sisuda e pausada é unha constatación o enriquecemento do intercambio entre compañeiras e compañeiros de distinto centro e diferente nivel educativo. Tamén dá xogo a mediación como dramatización alternativa da vivencia dun conflito: inventar o alternativo á labazada, a declaración de guerra ou á imprescindible intervención do Leviatán Hobbesiano. A crítica maior que admite todo isto é precisamente a súa fraxilidade, a súa caducidade nun tempo onde a vida dos rapaces e rapazas “vai de paso”, na súa frescura de “leña verde …que todo e fume…”, vaia, como case todo en educación.