Arquivo da categoría: Excursion

Xornada do Equipo de Convivencia e Mediación

Xornada de Convivencia e adestramento en técnicas de mediación

Equipo de Convivencia e Mediación
Equipo de Convivencia e Mediación

O pasado luns, 28 de setembro, o Equipo de Convivencia e Mediación realizou unha excursión a Ferrol, Mugardos e Montefaro. No transcurso dun fermoso e soleado día, os integrantes do equipo visitaron o gran Castelo de San Felipe, unha fortaleza militar construída a finais do século XVI para defender a ría e a cidade de Ferrol (coido que naqueles tempos non había mediadores).

Xa na outra marxe da ría, no municipio de Mugardos, o equipo tivo a oportunidade de visitar o Castelo da Palma, da mesma época que o de San Felipe e situado xusto enfronte a un tiro de pedra (anque por carreteira tardamos case unha hora en chegar dun ao outro). No Castelo da Palma tivemos a sorte de ter a axuda de Patricia, a guía do concello de Mugardos, que nos foi explicando a construción militar, que ao que parece, queren converter nun hotel-spa de cinco estrelas. Patricia mostrounos a ponte levadiza, as cubertas, o peirao para o abastecemento, o polvorín, as casamatas os calabozos e a prisión militar, na que, segundo nos dixo, estivo preso un tal Antonio Tejero, que en 1981 protagonizóu un golpe de estado militar contra a democracia española (afortunadamente o golpe non tivo éxito e os seus líderes acabaron na cárcere).

Despois da estupenda visita ao Castelo da Palma subimos a Montefaro, ao Mosteiro de Santa Catalina. Comimos os bocatas no xardín do Mosteiro e logo fixemos un duro adestramento mediante un xogo de rol no que os mediadores tiñan que enfrontarse a un complicado conflito que, anque era inventado, podería perfectamente haber ocorrido no noso instituto. Cando rematamos o adestramento visitamos brevemente o Mosteiro. Está en moi malas condicións e so puidemos ver o claustro e a igrexa.

E logo xa de volta ao bus para chegar a tempo de coller o transporte escolar.

Ruta dos pazos en bici

bicicletaOrganizado polo departamento de Normalización Lingüística e coa participación de pais, alumnos e profesorado,  o día 13 de xuño, realizouse a “Ruta dos pazos en bici” .  Visitamos   os  pazos de Lóngora, Franzomel, Xaz, Miraflores e Montrove (Pazo Do Río).

Os participantes disfrutaron do percorrido e do bon tempo sen máis incidentes que algún pinchazo e co desexo de repetilo en próximos cursos.

Viaxe Europea 2015 a Ámsterdam

Viaxe Europea a Ámsterdam
Viaxe Europea a Ámsterdam

Un grupo de máis de 50 alumnas e alumnos do IESP Neira Vilas participou na Viaxe Europea 2015 a Ámsterdam, a capital de Holanda, desde o 30 de abril ata o 4 de maio.
Aloxados á beira de Vondelpark, visitamos a pé os lugares máis emblemáticos da cidade e vivimos experiencias que non habemos de esquecer.

Consulta máis fotos da viaxe aquí.

Échange Scolaire // Intercambio Escolar

Échange Scolaire // Intercambio Escolar
Échange Scolaire // Intercambio Escolar

O próximo luns 4   de maio chegarán a Oleiros 33 alumnas e alumnos do colexio Collège Notre Dame  Le Menimur de Vannes.
Virán acompañados de 3 profesoras, unha delas xa moi coñecida entre nos a profesora Catherine Le Blay. Coma sempre teñen unha axenda moi apertada e aproveitarán para visitar A Coruña, Santiago de Compostela, as Rias Baixas e  para acercarse a Portugal; teremos o sábado 9 de maio a tradicional “Cea da Amizade “ no Centro Cívico de Santalla – Santa Cruz que o Concello de Oleiros nos cede habitualmente. O regreso a Francia está previsto para o día 12 do próximo mes de maio.
Desexámoslles unha boa estadía e que desfruten da nosa terra.

“Viaxe Europea 2015” Países Baixos – Amsterdam

I amsterdam
I amsterdam

54 alumnas e alumnos da Sección Plurilingüe e este ano tamén os de BACHIBAC realizarán a xa tradicional “VIAXE EUROPEA” co ánimo de que coñecen cidades e países da U.E., este curso a Amsterdam e estarán acompañados de 4 profesores do centro e da Asistente de Linguas Marie-Noëlle Chapelle . As datas da viaxe son do 30 de abril a 4 de maio.

Nesta cidade visitaremos a Casa Museo de Ana Frank, o Museo Vang Gogh, o Rijsmuseum e o Museo da Ciencia NEMO ( o museo de ciencia e tecnoloxía mais importante de Holanda), sen esquecer o paseo polos canais da fermosa cidade de Amterdam, tamén aproveitaremos para coñecer os recunchos mais tradicionais da cidade como o Mercado das Flores , o Mercado de Albert Cuyp, a Praza Dam, o parque Vondelpark etc…

Viaxe á Serra do Courel

Vivir experiencias que permiten ao alumnado crecer como persoas e ampliar os seus coñecementos é a razón de ser desta actividade na que participaron 20 alumnos e alumnas do 2º da ESO dentro do programa Aprender na Natureza promovido polo Servizo Municipal de Educación do Concello de Oleiros.

Tivo lugar do día 16 ao 18 de abril conforme a un programa que se viu alterado pola chuvia que caeu eses días e que obligou facer algunhas modificacións. A pesar dilo, os obxectivos prantexados cumplíronse plenamente resultando unhas fermosas xornadas de descuberta nesta espazo único e de convivencia entre todos os participantes.

Á descuberta da arquitectura e a paisaxe: Visita a Guimarães (Portugal)

Visita a Guimarães
Visita a Guimarães

Os días 21 e 22 de abril o alumnado de 4º ESO realizou unha visita á cidade portuguesa de Guimarães. A actividade está organizada co proxecto Terra e o noso centro leva xa varios anos realizando estas saídas ao país veciño. O completo programa inclúe actividades variadas: a visita á citania de Briteiros ou ao mosteiro de Souto San Salvador, o percorrido en teleférico ata o monte da Penha, a visita guiada á área de rehabilitación de Couros, a descuberta polo casco antigo de Guimarães e a visita ao castelo e pazo dos duques de Bragança. Dúas xornadas completas comendo e durmindo na pousada da xuventude desa localidade portuguesa. O alumnado foi acompañado polos profesores Jorge Calle, Carmen  García-Rodeja e Isabel López Mariño

Visita a Santiago

Visita a Santiago: Alumnado de Historia da Arte
Visita a Santiago: Alumnado de Historia da Arte

O mércores 8 de abril o alumnado de Historia da Arte de 2º de bacharelato visitou Santiago de Compostela para ter unha clase práctica coas obras santiaguesas da proba de selectividade.
Realizouse tamén unha visita aos tellados da catedral, neste caso, acompañados polo alumnado de arte do IES “María Casares”