Olimpíada alternativa

Olimpíada alternativa
Olimpíada alternativa

O remate do primeiro trimestre realizouse con esta actividade na que competiron todas as parellas que se poideron formar co alumnado de ESO 1º, 2º e 4º (os de 3º estaban de concerto na Fábrica).

Os participantes sometéronse a un total de dez probas dirixidas polo alumnado de 1º de Bacharelato nas que se puxeron a proba ás súas destrezas físicas, as súas habilidades motrices, os seus referentes culturais a as súas capaciades memorísticas, sensitivas e interpretarivas.

A competición organizouse por niveis resultado ganadoras as seguintes parellas: Noemí Iglesias – Amanda Muñoz (1º), Antía González – Sandra González (2º) e Alberto Basante – Pedro Álvarez (4º).

Visita e traballo arqueolóxico no Museo

Visita e traballo arqueolóxico no Museo
Visita e traballo arqueolóxico no Museo
O alumnado de 1º curso acudíu ó museo arqueolóxico no castelo de San Antón o día 18 de Decembro acompañdo polo profesorado de Xeografía e Historia. Alí ensinaronselles as pezas expostas e realizaronse as actividades didácticaa a partir dos obxectos do museo. A actividade foi dirixida polos seus monitores e coordinados pola comisión de orde, posteriormente foron recibidos pola directora e os arqueólogos onde realizaron un taller de arqueoloxía.

Os monitores participantes nesta actividade foron: Eva Carreira, Daniela Ferreira, Orleni Mateo, Lara García, Hugo Fernández, Laura Fernández, Nicolás Escourido, Ezequiel Caballero e Lidia Fafián e fixeron a cooordinación de orden; Nelson Peña, Vitor de Carbalho e Karol Fidelis.

Visita á obra gráfica de Goya e taller de gravado

 

Visita á obra gráfica de Goya e taller de gravado
Visita á obra gráfica de Goya e taller de gravado

O alumnado de cuarto curso visitou a obra gráfica que hai no Museo de Belas Artes de A Coruña explicadas polo técnico de Museo a continuación puderon experimentar da realización dun gravado e observar a técnica de traballo explicado por gravadores profesionais. Acompañados polo profesorado do Departamento de Xeografía e Historia.

Venezuela e Galicia

Conferencia: Venezuela e Galicia
Conferencia: Venezuela e Galicia

O día 18 de Decembro a señora Adriana Morín acudíu ó noso instituto, dentro das activiades da clase de Xeografía, a falar da súa experiencia como venezolana en Galicia, as diferencias culturais, climática e económicas. A conferencia estivo dirixida ó alumnado de 3º curso e estivo preparada por Irene Míguez e Paula Añón. 6 archivos adjuntos

Despedida das alumnas Talita e Taiuane

Despedida das alumnas Talita e Taiuane
Despedida das alumnas Talita e Taiuane

Despois dos anos de Secundaria máis o tempo da estancia no Colexio Valle Inclán, o profesorado e os compañeiros de curso despediron o día 4 de Decembro ás dúas compañeiras Talita e Taiuane, con moita emoción pero contentos porque saben que voltan felices ó seu pais coa súa familia. Todos esperamos que sigamos en contacto e que volvan axiña. Feliz viaxe!