Concurso de disfraces: Entroido 2013

Comparsa gañadora: MAFIA ITALIANA
Comparsa gañadora: MAFIA ITALIANA

Como clausura da semana de Entroido, no instituto celebramos, o 8 de febreiro, un concurso de disfraces con dúas modalidade: individual e comparsas.

Na categoria individual resultou gañador Antón Blanco Rey (ESO 4º). O segundo lugar o ocupou Hugo Antón Fernández (ESO 1º). E o terceiro o alcanzou Emilia Oróns Vázquez (ESO 1º).

2º premio comparsas: WHATSAPP
2º premio comparsas: WHATSAPP

Na categoría de comparsas a gañadora foi MAFIA ITALIANA (Iria Vázquez, Manuel Rodríguez, Alejandro Martínes, Daniel Sánchez, Carmen Rodríguez e Lucía Sigüeiro, de ESO 2º). Mentras que o segundo lugar foi ocupado por WHATSAPP (Sara Castro, Amy Díaz, Martín Mejuto, Lucía Rodríguez, Camila Bargados, Brais Blanco e María Ramil, de BAC 2º) e o terceiro por LMFAO (Manuel Martín, de BAC 1º, e Pablo Orons, de ESO 3º).

Todos eles levaron premios en vales para gastar na libería Mar de Letras.

Entrega de premios do concurso de microrrelatos de amor

Entrega de premios do concurso de microrrelatos de amor
Entrega de premios do concurso de microrrelatos de amor

O xoves 21 de Febreiro foron entregados os galardóns a: Elaine Silvestre Macena de 3º de ESO pola obra en galego “Sempre contigo” , Andrea Docampo Sánchez de 4º de ESO pola obra en francés: “L`amour est beau” e a Oriana Morín Ampueda de 3º de ESO por a obra en Español “Somos” . Os premios foron entregados polos profesores encargados da Biblioteca, Fernado Vidal e Isabel López Mariño e polos catedráticos de Galego, Francés e Castelán.

Convocatoria do Concurso

Roteiro Monumento Natural Costa de Dexo – Serantes

Roteiro Monumento Natural Costa de Dexo – Serantes
Roteiro Monumento Natural Costa de Dexo – Serantes

Dous grupos do alumnado de 2º de ESO realizaron os días 13 e 16 de febreiro este roteiro acompañados de dous educadores medioambientais.

A finalidade da actividade era traballar a observación do medio natural neste espazo singular do noso concello ao tempo que se fomentaba a convivencia e a socialización do grupo.

Iniciouse o roteiro coa visita ao Faro de Mera e a aula do Mar para continuar percorrendo a pé un intinerario por Canabal, Seixo Branco e Dexo no que se podía observar as formacións litorais (cantís e furnas), a flora e fauna da zona maritima e terrestre e as intervencións humanas sobre este territorio: cultivos, construccións, …

Esta actividade foi promovida polo Departamento de Ciencias da Natureza en colaboración co Servizo Municipal de Educación de Oleiros.

Mobilidade Comenius Regio

Mobilidade Comenius Regio
Mobilidade Comenius Regio

Desde o 8 ao 13 de febreiro unha comitiva de representantes dos socios en Galicia do Proxecto educativo europeo Comenius Regio “Échangeons notre échange scolaire!”, entre os que estaban 3 profesores do IESP Xosé Neira Vilas, participaron na primeira das mobilidades para celebrar un encontro cos seus socios en Vannes (Morbihan – Francia). Ademáis do noso centro participa pola parte galega do proxecto a Consellería de Cultura, Educación e O.U., a APFG -Asociación de Profesores de Francés de Galicia- e o IES Monte Neme de Carballo.

Máis información sobre a mobiliade. [Blog do proxecto: www.galiregio.blogspot.com]

Traballo de arqueoloxía do alumnado de primeiro de ESO

Traballo de arqueoloxía do alumnado de primeiro de ESO
Traballo de arqueoloxía do alumnado de primeiro de ESO

O día 30 de Xaneiro o alumnado de 1º curso realizou un traballo de investigación no Museo arqueolóxico de A Coruña no castelo de San Antón. A actividade consistíu nun taller de identificación e catalogación de pezas prehistóricas guiados pola arqueóloga do museo Ana Martínez e un traballo de estudio dos obxectos do Museo organizado polos monitores do mesmo curso. Os monitores foron Tiago Galicia, Lara García, Javier García Taibo, Sandra González, Irene Pita, Adrián Cañedo, Lidia Fabián, Carlos Fariña e Laura Fernández que previamente estiveran na preparación da actividade. Nelson Peña e Ezequiel Caballero participaron na comisión de orde e foron acompañados polos profesores Carmen García-Rodeja e Xosé Antón García.