Arquivos da etiqueta: María Ramil

Graduación do alumnado de 2º de Bacherelato

Orla. 2º BACH 2012-2013
Orla. 2º BACH 2012-2013

Unha nova promoción de 2º de Bacharelato rematou a súa formación neste nivel formativo e para eles organizouse o día 24 de maio o acto de graduación.

Abriu a celebración, que tivo lugar no salón de actos, o director Agustín Fernández cunhas palabras para sinalar a importancia do momento para os seus protagonistas e para o instituto. A continuación houbo un momento musical da man de Manuel Bode que dou paso ás intervencións das súas compañeiras e compañeiro de promoción Camila Bargados, Lucía Rodríguez e Martín Mejuto. Seguidamente tomaron a palabra X. Ignacio Taibo (en representación do profesorado), Pilar Ríos (en representación das familias) e Sandra Fernández (en representación do Concello).

O acto proseguiu coa entrega de diplomas de mediación a aqueles membros desta promoción que formaron parte do Equipo de Mediación e Convivencia, do diploma Club Los Leones de Oleiros cunha beca de cincocentos euros e das orlas a todos os membros da promoción. Os diplomas de mediación foron entregados por Jesús Fdez Llaneza. O diploma Club Los Leones foi entregado a María Ramil por Ricardo Gómez, en representación de dito club. As orlas foron entregadas por Elvira Sanz, Eduardo Álvarez e X. Ignacio Taibo.

Como remate do acto proxectouse unha montaxe audiovisual alaborada polo profesor Xosé Antón García que recolle a traxectoria desta promoción desde que chegaron ao noso centro. A celebración continuou coa plantación dunha laranxeira conmemorativa previa a un pequeno ágape e unha cea de confraternización.

Concurso de disfraces: Entroido 2013

Comparsa gañadora: MAFIA ITALIANA
Comparsa gañadora: MAFIA ITALIANA

Como clausura da semana de Entroido, no instituto celebramos, o 8 de febreiro, un concurso de disfraces con dúas modalidade: individual e comparsas.

Na categoria individual resultou gañador Antón Blanco Rey (ESO 4º). O segundo lugar o ocupou Hugo Antón Fernández (ESO 1º). E o terceiro o alcanzou Emilia Oróns Vázquez (ESO 1º).

2º premio comparsas: WHATSAPP
2º premio comparsas: WHATSAPP

Na categoría de comparsas a gañadora foi MAFIA ITALIANA (Iria Vázquez, Manuel Rodríguez, Alejandro Martínes, Daniel Sánchez, Carmen Rodríguez e Lucía Sigüeiro, de ESO 2º). Mentras que o segundo lugar foi ocupado por WHATSAPP (Sara Castro, Amy Díaz, Martín Mejuto, Lucía Rodríguez, Camila Bargados, Brais Blanco e María Ramil, de BAC 2º) e o terceiro por LMFAO (Manuel Martín, de BAC 1º, e Pablo Orons, de ESO 3º).

Todos eles levaron premios en vales para gastar na libería Mar de Letras.

Reflexións de actualidade

Actividade do alumnado de 3º e 4º de ESO

A crise e os nenos saharauis [ 471 KB]

Agora que o Sahara entre na primeira plana da actualidade, Daniel Vázquez reflexiona sobre a crise e os nenos saharauis

Sen futuro [ 32 KB]

O día 25 de novembro celebrouse o día internacional contra a violencia sobre as mulleres. Marta Saavedra nos presenta esta breve e pero profunda reflexión.

A mortalidade infantil no mundo [ 39 KB]

O 20 de novembro foi a celebración do día internacional do Dereitos da infancia. Velaivai a información de María Ramil sobre a mortalidade infantil.