Arquivo da categoría: Excursión + Visita

Visita a Facenda, INM e Museo de Belas Artes (A Coruña)

Vendo a “Ría do Burgo”, de Manuel Abelenda
Vendo a “Ría do Burgo”, de Manuel Abelenda

O xoves 10 de xaneiro de 2008, o alumnado de 3º ESO realizou unha visita a Coruña cos seguintes obxectivos:

  1. Participación no Programa de Educación Cívico-Tributaria (PECT). Dito programa está composto polas seguintes actividades:
    • Charla sobre os valores que deben presidir a convivencia en toda sociedade democrática, especialmente os de solidariedade, respecto e coidado dos bens públicos. A explicación permitiu descubrir os múltiples servizos públicos que temos os cidadáns, coñecer de onde sae o diñeiro para pagar eses servizos públicos e comprobar que as administracións financiaos principalmente cos impostos que pagamos os cidadáns.
    • Visita á dependencia de informática onde se lles permitiu aos alumnos entrar e traballar no Portal de Educación Cívico-Tributaria.
    • Con motivo da visita, aos alumnos entregouselles un diploma acreditativo de ter participado nas xornadas de portas abertas e un agasallo.
  2. Coñecer o Centro Meteorolóxico da Coruña, pertencente ó Instituto Nacional de Meteorología (INM). A visita consistíu nunha charla informativa sobre os métodos de recollida de datos e o seu procesamento cara á difusión informativa dos mesmos, a predición do tempo e o coñecemento do “xardín meteorolóxico”, que alberga os instrumentos de medición (termómetros de máximas e mínimas, pluviómetros, pluviógrafos,…).
  3. Familiarizarse con algúns exemplos de pintura de paisaxe galega dos séculos XIX e XX, coa finalidade de recoñecer a plasmación plástica dos elementos naturais na pintura realista e impresionista, ademáis de fixar a atención específica en obras de Lloréns que presentan exemplos da costa oleirense.

As actividades prolongáronse ao longo da mañá, de 9.20 a 14.10 horas, e incluiron tamén desprazamentos a pé polo contorno urbano.

Viaxe Europea do alumnado das seccións plurilingües e das seccións bilingües. Curso 2013-2014.

Viaxe Europea: Lisboa
Viaxe Europea: Lisboa

O día 16 de maio de 2013, 51 alumnos de 1º,2º,4º da ESO e 1º de Bacharelato, acompañados por 4 profesores emprenderon a “VIAXE EUROPEA. Este ano a Lisboa.

O programa foi o seguinte:

O día 17 estivemos no centro educativo portugués : Escola Básica de 2º e 3º Ciclos Ferreira de Castro de Ouressa (Algueirão-Mem Martins) pertiño de Lisboa, onde fomos recibidos polo seu director, Antonio Castel-Branco e profesores de francés e español. O alumnado do noso centro estivo nalgunhas clases, visitou o centro e comemos na cantina do mesmo. Agradecer desde aqui a colaboración e axuda da profesora Dona Elisabete Pires. Pola tarde visitamos o Oceanário de Lisboa.

O día 18 visitamos os arredores de Lisboa. En Sintra estivemos no Palácio da Pena , e pola tarde vistamos a “Boca do Inferno” e a cidade de Cascais ; mais tarde paseamos pola Praça do Comércio, a Baixa lisboeta, Rocio e o Chiado.

O domingo día 19 continuamos coa descuberta de Lisboa, estimos no CCB ( Centro Cultural de Belém) e visitamos o Museo Coleção Berardo onde disfrutramos dunha clase sobre arte moderna e así poder apreciar as obras dos artistas alí presentes. Despois acercámonos o Mosteiro dos Xerónimos; pola tarde paseamos en barco polo rio Taxo e fixemos a “Ruta dos Descubrimentos”.

O último día e de maná estivemos no Palácio de São Bento, sede do Parlamento portugués onde tivemos ocasión de visitar o edificio asi como coñecer o funcionamento deste órgano soberano do país veciño.

O ano que ven outra nova “Viaxe Europea”; o destino ……..sorpresa!!!!!

Visita a Guimaraes

Visita a Guimaraes
Visita a Guimaraes

O pasado 14 e 15 de maio o alumnado da materia “Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras” de 3º e 4º e de Xeografía viaxaron a Portugal acompañados polos profesores Isabel López Mariño, Jorge Calle e Carlos Vidal. Visitaron a citania de Briteiros, o mosteiro de Souto e a cidade de Guimarães. Nesta última percorreon o casco antigo e a área rehabilitada de Couros. .

Esta viaxe está realizado en colaboración co Proxecto Terra do Colexio de Arquitectos de Galicia.

O primeiro día de Portugal visitaron o xacemento arqueológico de Briteiros e o pobo que está cerca. O segundo día coñeceron a fondo a cidade de Briteiros co pazo dos duques e a fortaleza, en Couros visitaron a rehabilitación das fábricas textiles. Foi destacado polo alumnado o modelo de rehabilitación da cidade a orde na construcción e o respeto á arquitectura

Presentación sobre a visita realizada polo alumno André Araujo.

Románico e relax en Guitiriz

O día 11 de Maio, o alumnado de Relixión do Instituto fixo unha saída a Guitiriz, acompañados polo profesorado: Juán Santamaría e Isabel López Mariño. De camiño observaron igrexas románicas e visitaron o Balneario de Guitiriz para coñecer a procedencia das augas das que logo eles mesmos desfrutaron.

Durante a súa ruta a Guitiriz, fixeron a primeira parada no río Parga onde cruzaron unha ponte romana para chegar á capela de San Alberte unha edificación medieval moi ben conservada. A seguinte parada foi xa no municipio de Guitiriz para observar unha das espléndidas igrexas de Galicia a de Santa María de Lagostelle.

Chegado xa ao Balneario o alumnado coñeceu a procedencia das augas das instalación co pozo de san Juan, onde as augas sulfurosas causaron gran estrañeza visitantes. O alumnado rematou a súa xornada cunhas horas de relax nos baños públicos.

A saída foi moi produtiva polas paradas onde puidemos observar as igrexas románicas tan simples pero importantes de recoñecer. A visita foi de corto tempo e as explicacións do profesorado foron breves e ben entendidas. Xa en Guitiriz paseamos individualmente pola zona,e pareceunos un pobo tranquilo e bonito. No balneario desfrutaron da piscina e das instalacións onde había zonas onde a auga saía a chorros. Saíron todos moi relaxados.

Roteiro Ría do Burgo

Roteiro Ría do Burgo
Roteiro Ría do Burgo

Dentro da programación de Ciencias da Natureza, os tres grupos de 1º de ESO realizaron, os días 26, 27 e 28 de febreiro, un roteiro a pé que, partindo do instituto, pasaba pola praia de Santa Cristina, Paseo Marítimo de Oleiros, Ponte da Pasaxe e Paseo do Burgo.

Esta actividade tiña por finalidade traballar a observación do medio natural para recoñecer e valorar o ecosistema do medio mariño e litoral e descubrir a gran biodiversidade que se atopa na ría. Ao longo de toda a mañá, o alumnado levou a cabo diversos traballos. Empezou investigando os restos da arribazón para descubrir algunhas das especies que habitan no noso mar, A continuación parouse a observa a características do sistema dunar de Sta. Cristina. E rematou por clasificar algunhas da aves presentes na ría do Burgo a tempo que recibían información sobre o marisqueo na zona e a historia da ponte da Pasaxe.

O roteiro foi guiada por dous educadores medioambientais contratados polo Servizo Municipal de Educación de Oleiros.

Roteiro Monumento Natural Costa de Dexo – Serantes

Roteiro Monumento Natural Costa de Dexo – Serantes
Roteiro Monumento Natural Costa de Dexo – Serantes

Dous grupos do alumnado de 2º de ESO realizaron os días 13 e 16 de febreiro este roteiro acompañados de dous educadores medioambientais.

A finalidade da actividade era traballar a observación do medio natural neste espazo singular do noso concello ao tempo que se fomentaba a convivencia e a socialización do grupo.

Iniciouse o roteiro coa visita ao Faro de Mera e a aula do Mar para continuar percorrendo a pé un intinerario por Canabal, Seixo Branco e Dexo no que se podía observar as formacións litorais (cantís e furnas), a flora e fauna da zona maritima e terrestre e as intervencións humanas sobre este territorio: cultivos, construccións, …

Esta actividade foi promovida polo Departamento de Ciencias da Natureza en colaboración co Servizo Municipal de Educación de Oleiros.

Traballo de arqueoloxía do alumnado de primeiro de ESO

Traballo de arqueoloxía do alumnado de primeiro de ESO
Traballo de arqueoloxía do alumnado de primeiro de ESO

O día 30 de Xaneiro o alumnado de 1º curso realizou un traballo de investigación no Museo arqueolóxico de A Coruña no castelo de San Antón. A actividade consistíu nun taller de identificación e catalogación de pezas prehistóricas guiados pola arqueóloga do museo Ana Martínez e un traballo de estudio dos obxectos do Museo organizado polos monitores do mesmo curso. Os monitores foron Tiago Galicia, Lara García, Javier García Taibo, Sandra González, Irene Pita, Adrián Cañedo, Lidia Fabián, Carlos Fariña e Laura Fernández que previamente estiveran na preparación da actividade. Nelson Peña e Ezequiel Caballero participaron na comisión de orde e foron acompañados polos profesores Carmen García-Rodeja e Xosé Antón García.

Visita a Betanzos

Visita a Betanzos
Visita a Betanzos

O alumnado de Relixíón visitou a cidade de Betanzos 22 de Novembro e aproveitouse para coñecer a historia e arte do lugar. Foron visitados a igrexa de Santiago, a de san Francisco a de Santa María de Azogue, a arte medieval e os principais eixos da arquitectura do lugar. Tamén foi visto o xardín do Pasatempo e ainfluencia da aruitectura do século XX.