Arquivos da etiqueta: Adela Otero

Teño unha irmá moi especial

Teño unha irmá moi especial
Teño unha irmá moi especial

Os irmáns Hugo Antón Fernández e Sabela Fernández , escolarizados en 1º e 2º de ESO respectivamente, presentaron un traballo sobre a Síndrome de Down o pasado 10 de abril, na Semana Intercultural. Trataron de compartir cos compañeiros e compañeiras de 2º de ESO, a súa experiencia en relación a esta discapacidade. Este traballo estaba coordinado pola mestra de pedagoxía terapéutica Adela Otero, que traballou conxuntamente cos dous irmáns.

Hugo Antón de 13 anos e Sabela de 16, deron un paso importante tratando de dar a coñecer a súa experiencia en relación coa Síndrome de Down. Deu comezo Hugo Antón expoñendo os componentes do seu núcleo familiar, entre os que se atopa a súa irmá Sabela, rapaza con Síndrome de Down. Ao tempo, Sabela axudábao a explicar todas as fotografías expostas, nas que aparecían eles dous, o seu irmán Xaquín e os seus pais, desde pequenos ata a actualidade. Ela amosou as súas aptitudes dándolle o toque de comicidade e humor que tanto divirte aos seus compañeiros/as.

Hugo Antón explicaba que cando era máis novo ás veces non comprendía algúns comportamentos da súa irmá maior polo que en varias ocasións preguntoulles aos seus pais que significaba ter Síndrome de Down. Os pais sempre actuaron con naturalidade, tanto con Sabela, como cos outros dous fillos menores, dándolles a información necesaria en cada momento.

Hugo Antón e Sabela explicaron que a Síndrome de Down se trata dunha alteración xenética, e aclararon que no se trata dunha enfermidade, senon dunha discapacidade intelectual. A continuación, expuxeron algúns aspectos da vida cotiá de Sabela a través de diferentes ámbitos: a vida escolar, o día a día da rapaza Sabela, a súa forma de ser, como xoga, como se relaciona cos demais, a participación en diferentes actividades, e a autonomía.

Teño unha irmá moi especial
Teño unha irmá moi especial

Este traballo amosou un visión diferente do que todos temos afeito en relación á discapacidade intelectual, pois conseguiron amosar con gran naturalidade unha historia de vida de dous irmáns que están a facer un camiño suxeitos da man con moito esforzo. Hugo Antón está moi sensibilizado coas persoas con discapacidade polo que o seu principal obxectivo era transmitir o esforzo levado a cabo pola familia e amigos/as más cercanos para logran alcanzar a inclusión social da súa irmá.

Creouse un clima na aula moi agradable e sensible co tema a tratar, de xeito que todos os rapaces/as escoitaban moi atentos pasando así un rato moi divertido debido ás continuas risas creadas polos dous irmáns.

Fixeron unha segunda presentación na que, a través de moitas fotos, Sabela contaba que forma parte do equipo Santiago Apóstol de ximnasia adaptada desde hai 4 anos, sendo campeona de España celebrado en Elche o pasado mes de marzo. Ela amosou con gran emoción e orgullo as súas habilidades deportivas así como o esforzo levado a cabo durante este curso.

Cando remataron a segunda presentación, os rapaces pudieron facerlles todas as preguntas que quixeron a Hugo Antón e Sabela. Hai que salientar que a presentación conectou moito cós intereses dos rapaces debido á naturalidade, tanto dos irmáns como dos compañeiros e compañeiras. A Hugo Antón preguntáronlle se sentía vergoña pola súa inrmá ou si a cambiaría. Ante isto el respondeu con contundencia e rotundidade que non sentía vergoñaa ningunha e incluso moitas veces lle daba a man a Sabela para que apurara, e non lle cambiaría nada pois a súa irmá é marabillosa, e a quere tal e como é.

Finalmente, pecharon a sesión cunha proxección sobre a Síndorme de Down na que aparecía Sabela coas súas compañeiras de ximnasia rítmica, celebrando o premio obtido no campionato.

A miña Voda Xitana

Dirixida ao alumnado de 1º de ESO, “A miña voda xitana” foi unha das actividades da Semana Intercultural. Leváronna a cabo Jonatan Montoya e Noemi Iglesias de 1º de ESO e Daniel Montoya, de 2º de ESO. Coordinou a actividade Adela Otero, mestra de pedagoxía terapéutica.

“A miña voda xitana” constaba de tres apartados fundamentales: o pedimento, a voda e o día do bacalao. Deu comezo Jonatan coa soltura que lle caracteriza explicando a importancia da obteción dos permisos dos pais no momento do pedimento. Noemi, con moita calma, contaba que nas vodas xitanas cobran unha atención especial os tres vestidos que a noiva vai amosando ao longo da celebración. Ao simpático de Daniel entroulle unha certa risa nerviosa falando do momento do axuntamento, ritual que consiste en facer a proba do pano . Os tres rapaces disfrutaron moito ao poder dar a coñecer un aspecto importante da súa cultura xitana, mentres os resto do alumnado amosaba un especial interese polo tema. Ao rematar a presentación, os rapaces proxectaron un vídeo dunha voda xitana co que todos/as disfrutaron e pasaron un rato moi agradable.

Roteiro Ría do Burgo

Roteiro Ría do Burgo
Roteiro Ría do Burgo

Dentro da programación de Ciencias da Natureza, os tres grupos de 1º de ESO realizaron, os días 26, 27 e 28 de febreiro, un roteiro a pé que, partindo do instituto, pasaba pola praia de Santa Cristina, Paseo Marítimo de Oleiros, Ponte da Pasaxe e Paseo do Burgo.

Esta actividade tiña por finalidade traballar a observación do medio natural para recoñecer e valorar o ecosistema do medio mariño e litoral e descubrir a gran biodiversidade que se atopa na ría. Ao longo de toda a mañá, o alumnado levou a cabo diversos traballos. Empezou investigando os restos da arribazón para descubrir algunhas das especies que habitan no noso mar, A continuación parouse a observa a características do sistema dunar de Sta. Cristina. E rematou por clasificar algunhas da aves presentes na ría do Burgo a tempo que recibían información sobre o marisqueo na zona e a historia da ponte da Pasaxe.

O roteiro foi guiada por dous educadores medioambientais contratados polo Servizo Municipal de Educación de Oleiros.