Reportaxe no Instituto para a Televisión galega

Co gallo da celebración dos cincuenta anos da publicación de: “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas, o xoves vintesete de xaneiro un grupo de alumnos participou cunhas entrevistas para a realización do programa Eirado da televisión galega.

O noso centro, que leva con honor o nome de Xosé Neira Vilas participa en tódalas actividades que se celebran na súa honra, neste caso coa participación dunha gravación na biblioteca do centro co periodista Mon Santiso e os alumnos: Germán Vila, Daniel Dopazo, Amanda Yagüe, Gemma Tacón, Andrés Docampo e André Luís Araujo. Na entrevista fíxose un recordo da obra e vida do autor de “Memorias dun neno labrego”

O programa Eirado, dunha hora de duración emitiuse pola TVG2 o sábado cinco de febreiro e estivo adicado ás artes plásticas, novas tecnoloxías, literatura ou arquitectura. Presentouno o xornalista Pemón Bouzas.