Actividade de Orientación

Alumnado de 4º de ESO
Alumnado de 4º de ESO

O venres 28 de marzo, o Departamento de Educación Física levou a cabo unha actividade de orientación para 4º de ESO. A actividade consistiu nunha carreira de orientación nos montes de Perillo e Bastiagueiro. Os participantes tiñan que completar un percorrido por parellas empregando unicamente un mapa e a súa capacidade de desenvolverse no contorno rural. A actividade completouse de forma moi satisfactoria. Máis abaixo podemos ver as dúas parellas gañadoras.