Arquivo da categoría: Curso 2005-2006

Viaxe a Londres de alumnado do IES Xosé Neira Vilas

Fin de curso 2005-2006

Picadilly
Picadilly

Os días 23 ao 28 de xuño un grupo de alumnos e alumnas do noso Instituto, de diferentes niveis educativos (4º ESO, 1º e 2º de bacharelato) participaron nunha viaxe a Londres organizado polas profesoras Cristina Fernández Branco e Aniana Díaz Gómez.

A chegada á capital británica foi o venres 23 de xuño pola tarde. Despois do aloxamento no Leinster Inn Hostel, un albergue de xente nova en Bayswater, unha zona moi típica de Londres, o primeiro contacto coa cidade foi na archicoñecida Picadilly Circus, cos seus rechamantes anuncios luminosos e o seu ambiente alegre e cosmopolita. Aínda que non se podía gozar ata moi tarde porque o día seguinte prometía duro e canso.

Comida diante do museo
Comida diante do museo

Aproveitouse ao máximo a mañá do día 24 paseando por Hyde Park e visitando o Science Museum, o Natural History Museum (famoso no mundo enteiro polo esqueleto de dinosauro que loce na súa entrada) e o Victoria & Albert Museum no que se pode ver, entre outras cousas ¡unha reprodución do Pórtico da Gloria!. Despois, unha comida “á inglesa” sobre o céspede, permitiu repoñer forzas. Pola tarde esperaba Portobello, un dos mercados máis famosos do mundo, situado no non menos coñecido barrio de Notting Hill.

O domingo é o día ideal para achegarse ao Speakers Corner, en Hyde Park, e así se fixo. Alí, improvisados oradores expoñen aos demais as súas ideas sobre política, relixión, cultura, sociedade… un interesante exercicio de liberdade de expresión e tolerancia. Despois, un típico bus inglés de dous pisos cruzou o centro da cidade ata levarnos a beiras do Támesis para admirar The Houses of Parliament e, o icono da cidade, o Big Ben. A abadía de Westminster está pechada os domingos, co que non se puido visitar a tumba de Sir Isaac Newton, Lord Rutherford, ou do aventurero Dr Livingston entre moitos outros.

Embaxada de Arxentina en Londres
Embaxada de Arxentina en Londres

O “consolo” estivo nunha travesía polo Támesis, con parada na Tate Modern Galery, e destino cara á Tower of London. Alí viviron moitos reis de Inglaterra e ademais mantíñase cativos e se axustizaba a moitos acusados de traizón a Inglaterra. A xornada acabou no idílico Covent Garden co seu ambiente de músicos e artistas urbanos.

Ao día seguinte esperaba unha das xoias da cidade: o British Museum, onde se poden admirar pezas únicas como a pedra de Rosetta, numerosas momias exipcias, e gran parte do friso do Partenón (coa conseguinte polémica co goberno grego…). Pola tarde, o Embaixador de Arxentina en Londres, D. Federico Mirré, tío dunha das nosas alumnas, tivo a xentileza de convidar a todo o grupo que a acompañaba a unha riquísima merenda na súa casa, un marabilloso edificio situado nunha das zonas máis glamourosas da capital

Ambiente en Camden
Ambiente en Camden

O último día aínda quedaba moito por aproveitar. O destino da mañá foi o Palacio de Buckingham, residencia da Raíña de Inglaterra, pero non chegamos a tempo para ver o famoso cambio da garda. A decepción inicial pronto se esqueceu porque a tarde esperábanos Camden Lock, o mercado co ambiente máis ecléctico, extravagante e cosmopolita que se poida imaxinar. Tendas de roupa de todos os estilos alternativos, gótico, punk, ciber, hippy… aquí se atopan todas as tribos urbanas posibles!. Logo dunha esgotadora xornada de compras, a despedida da cidade non podía ser doutro xeito que presenciando un musical nun típico teatro londiniense.

Cansos pero moi contentos, o grupo partiu do aeroporto de Heathrow cara a Alvedro con ganas de volver visitar esta marabillosa capital europea, tan próxima a nós.

Ligas Deportivas

Ligas

Ó longo deste curso celebráronse as ligas deportivas de fútbol e brilé organizadas polo Equipo de Mediación do noso Instituto.

A idea xurdiu nas xornadas de convivencia e pretendían mellorar as relacións entre os alumnos do centro: esquecendo determinadas actividades pouco construtivas ás que se dedicaban algúns nos tempos de lecer. Foi por iso polo que as aliñacións dos equipos saíron dun sorteo entre todos os inscritos. Así os grupos resultaron máis heteroxéneos: distintas idades, niveis, clases…

Nun principio, tanta mestizaxe non agradou a ningún dos participantes. Partido a partido foron superando todos os inconvenientes por compartir campo de xogo con outras persoas, e isto era o que se pretendía: mellorar a convivencia no Neira Vilas.

As finais de ambas as dúas competicións xogáronse a semana do 29 de maio. Da final de fútbol saíu gañador o equipo formado por: Álvaro García, Adrián Fernández, Fernando Lantes,Juan Martínez e Santiago Conde, enfrontados nun vibrante encontro ó conxunto constituído por: Alberto Gómez, Bruno Casal, Santiago González, Cristian García e José Manuel Barreiro.

No brilé, os que acadaron o título do campionato foron Cristián García, Fredi Rilo, Estefanía Antelo e Jessica Cortés. Tamén esta foi unha final dura na que o equipo gañador dobregou ó forte equipo formado por Alberto Gómez, Diana Dapena, Naiara Vián, Alexandra Balbás eRaquel Rodríguez.

¡Parabéns a todos e a todas! O merecido premio para os vencedores será a difícil encomenda de representar o noso Instituto nun partido contra o equipo do Instituto Miraflores. Esperamos ós nosos compañeiros co trofeo correspondente.

¡Ánimo e sorte! ¡Acadamos promover a convivencia incluso entre os centros…!

Actividades do curso 2005-2006

 

DATA PROFESORES GRUPO ACTIVIDADE
18-10-05 Antón García 1º ESO Visita á Casa das Ciencias
19-10-05 Dorinda Rivera
Elvira Sanz
1º Bach Visita aos tellados da Catedral. Asistencia á representación teatral da obra “Seis personaxes en busca de autor”
19-10-05 Milagros Rey
Carmen Porta
4º ESO Visita á DOMUS
3-11-05 Matias Cuba
Ricardo Puig
4ºA,4ºB, 4ºC Visita ás Fragas do Eume
Visita ao Mosteiro de Caaveiro
10-11-05 Mª del Carmen González
X. M. Martínez
Mª Isabel Veiguela
2º ESO Xornada de Cinensino no edificio de “A Fábrica”
17-11-05 Aniana Díaz
Mª Jesús Souza
Xosé Rodríguez
4º A, 4ºB,1º Bach (Física e Química) Visita á Facultade de ciencias da Universidade de A Coruña
23-11-05 X. M. Neira 3º ESO Sotavento
30-11-05 Dep. Galego 4º A, B, C Museo de Pontevedra
01.12-05 Dep Música 4º C, 4º D, 1º Bach Pazo de Congresos
15-12-05 Dep. Debuxo 3º B ESO Exposición: Margaret Bourke White. Fotógrafa.A Coruña
19-12-05 Dep. Debuxo 3º C ESO Exposición: Margaret Bourke White. Fotógrafa.
20-12-05 Dep. Debuxo 3º A ESO Exposición: Margaret Bourke White. Fotógrafa.
20 -12-05 X. M. Neira 2º C, ½ de 2º B Alumán. Arteixo
21-12-05 X. M. Neira 2º A, 1/2de 2º B Alumán. Arteixo
20, 21-12-05 Dep Música 1º, 2º, 3º, 4º, ESO 1º, 2º Bach Concerto didáctico no Auditorio de Mera
22-12-05 Cristina Fernández 2º ESO Visita á fábrica da Coca-Cola
26-01-06 Dep. Música 3º ESO, 1º Bach. Concerto no Pazo da Opera
1-02-06 Departamento de Galego 3º ESO Conferencia do escritor Manolo Lourenzo (12:30-14:10)
13-02-06 Dep. Galego 1º,2º, Bach. Teatro en Mera
14-02-06 Dorinda Rivera, Mabel Veiguela 4º A, B, C. ESO Tertulia literaria co escritor Agustín Ferdz. Paz. – Biblioteca Rialeda (21:20 – 14:10)
14-02-06 Marián, Raquel, Mª Carmen 2º ESO Concerto no Pazo da Ópera
15-2-06 Dep. Debuxo 1º ESO Escola de Cerámica. Sada (Modelado)
16-02-06 Titores 2º ESO Cinensino. Descubriendo nunca jamás. A Fábrica (11-1:30)
20-02-06 Dorinda Rivera, 1º A, Bch. Tertulia literaria co escritor Xosé Miranda- Santa Cruz : (10:10 – 12:10)
20-02-06 Milagros Rey 2º Bach subg. A Visita a EMALCSA (11:30 a 13:30)
21-02-06 Dep de Bioloxía 2º Bach. Central Térmica de Meirama (9:20-12:30)
06-03-06 Dorinda Rivera 4º A, B, C ESO Sesión de cine no Salón de Actos do Instituto (4:15-5:55)
08-03-06 X. Carballude 1º, 2º Bach. Teatro IES “Crucero Baleares”
09-03-06 Ramiro Piñeiro 3º C. ESO Sesión Deportiva en Mera (11:20 a 14:10)
10-03-06 X. Carballude 1º, 2º, Bach. Teatro IES “Crucero Baleares”
13-03-06 Dep de Francés 3º, 4º ESO, 1º,2º, Bach. Teatro. IES “Cruceiro Baleares” (12:30-14:10)
15-03-06 Dep. Galego 4º A, B; C. Visita a Mondoñedo
17-3-06 Dep. Debuxo 1º ESO Escola de Cerámica. Sada (Decoración)
(27-31)-03-06 Interdepartamental Todos Semana da Ciencia
6-4-06 Dep Filosofía e Economía 1º, 2º Bach.Ciencias Sociais Visita á delegación de Facenda de A Coruña
7-04-06 Dep. Debuxo 4º ESO Visita á Fundación Caixa Galicia
(5,6,7)-04-06 3º ESO, 1º Bach Viaxe a Madrid
05-04-06 Dep. de Orientación 2º Bach. Xornadas de Orientación Académico-Profesional (A Fábrica)
07-04-06 Dep. Debuxo 4º ESO (Debuxo) Visita a Se da Fundación Caixa Galicia
07-04-06 Conello 4º ESO Charla no Salón de Actos sobre o tema “A Convivencia”
07-04-06 Concello 1º Bach. Charla no Salón de Actos
20-04-06 Dep. de Orientación 4º ESO Xornadas de Orientación Académico-Profesional (A Fábrica)
18-04-06 Dep. Debuxo 3º ESO Visita a Fundación Caixa Galicia
28-04-06 Titorias 2º ESO Cinensino – Racing Stripes. A Fábrica(9-11:30)
Do 3 ó 10 –05-06 Vicedirección- APA 4º ESO Viaxe cultural-recreativo de final de Etapa Tenerife
11-05-06 Dep E. F. 4º B, 4º D Actividade de Body-Kayak (Bastiagueiro)
16-05-06 Dep. Música 3º, 4º C Concerto Didáctico “Letras Galegas”
24-05-06 Dep. de Biloxía 2º Bach. Visita a SOGAMA (8:30- 12)
25-05-06 Dep. E.F. 1º Bach. A, B Actividade de Piragüismo (Pontedeume)
3º trimestre Carmen G. Rodeja
Fernando Vidal Meijón
Tódolos niveis Convocado polo Concello de Oleiros Actividade “ESCOLA GUAPA”
01-06-06 Dep. de Ed. F.. 4º C ESO Actividade: Body.Kayak en Bastiagueiro
23-06-06 Titorias 1º e 2º ESO Visita cultural a cidade de A Coruña
23-06-06 o 28-06-06 Cristina Fernández Aniana Díaz 4º ESO e 1º, 2º Bach. Excursión a cidade de Londres

Quiz: Segunda Edición

Finalistas
Finalistas

Durante o curso 2005-2006 o Departamento de Inglés levou a cabo a segunda edición do quiz entre os seus alumnos.

Para participar os alumnos tiñan que contestar unhas preguntas, que sobre temas moi diversos do currículo, aparecían cada tres semanas na páxina web del departamento. Despois  de procurar a información en internet as respostas  enviábanse desde a mesma páxina web. Esta actividade podíase realizar desde casa ou desde a aula de informática, que durante os recreos está dispoñible para o seu uso por parte do alumnado.

Despois de varios meses de concurso, os 10 alumnos con máis respostas acertadas participaron nunha disputada final, celebrada na aula de informática, que necesitou de varios desempates para poder determinar o gañador.

Os alumnos que disputaron a final foron Carlos Míguez (1º BACH), Gonzalo García (3º ESO), Alejandro García (1º BACH), Mariña Verde (2º BACH), Adriana González (2º ESO), Alejandro de Souza (1º ESO), Ángel Torres (2º ESO)

O gañador da segunda edición do quiz foi Carlos Míguez (1º BACH)

Ciencia na Rúa

Participantes

Ciencia na Rúa
Ciencia na Rúa

O pasado 6 de Maio celebrouse no Parque de Sta. Margarida da Coruña o “XI Día da Ciencia na Rúa” e aló fomos un grupo de alumnos/as de 3º e 4º da ESO (David Corral, Héctor Galindo, Daniel Lamas, Vladimir Kolpakov, Juan Martínez, Pablo Méndez, Eduardo Valeiro, Paula Mirre) e profesores/as (Antonio Varela, Gema Lois e Xosé Rodríguez) deste centro expoñer o proxecto no que estivemos traballando durante o curso. (Algúns alumnos/as de 4º ESO non foron, aínda que traballaron igual que o resto, porque estaban na viaxe Fin de Etapa en Canarias).

O proxecto

Carteis
Carteis

O proxecto consiste no control automático da temperatura e da luz nun invernadoiro. Dito control realízase mediante un programa informático que recibe, a través dunha controladora “Funcam”, os datos procedentes dun sensor de temperatura e doutro de luz. Se a temperatura que se detecta pode danar as plantas por ser demasiado alta, o programa ordena a posta en marcha dun motor que, mediante un mecanismo de piñón-cremalleira, abre unha ventá para ventilar o

O prrograma de control
O prrograma de control

interior. Se a temperatura baixa demasiado, o ordenador pon de novo en marcha o motor para pechar a ventá. Unha luz moi intensa tamén pode estragar a plantación así que se se miden valores por riba dos que no programa están almacenados como “aceptables”, o ordenador activa outro motor que, usando un mecanismo parecido ó anterior, estende unha cortina para dar sombra ás plantas. Cando o sensor indica que non é suficiente a luz que entra no invernadoiro, o motor volve funcionar para recoller a cortina.

Madrugar

Debuxo feito polo profesor Faustino
Debuxo feito polo profesor Faustino

O día 6 foi sábado pero tocou madrugar. A exposición abría ó público ás 11 así que para que nos desa tempo de ter todo listo a esa hora, chegamos ó Parque de Sta. Margarida ás 9 da mañá pero antes xa tiveramos que ir algúns de nós ata o instituto a recoller o invernadoiro

A furgoneta

Aquí si que collía o invernadoiro...!
Aquí si que collía o invernadoiro…!

Cando empezamos a traballar na maqueta durante os recreos non sabiamos que ía saír do instituto e fixémola dun tamaño cómodo para traballar nela pero cando decidimos levala á Ciencia na Rúa atopámonos co problema de que non collía nos coches dos profesores así que tivemos que recorrer á axuda dunha amiga que nos prestou unha furgoneta.

A carpa

Poñendo todo a punto!
Poñendo todo a punto!

No parque atopámonos unha chea de xente de distintos institutos e colexios da zona de A Coruña. A cada centro adxudicáronnos unha carpa para expoñer os nosos proxectos e a nós tocounos xusto ó lado da Casa das Ciencias. Tivemos que carrexar cadeiras, paneis, taboleiros para as mesas, etc, e colocar os pósteres e o proxector de xeito que se visen ben, distribuír as mesas e comprobar que o invernadoiro funcionaba.

Empezamos

Explicando o funcionamento
Explicando o funcionamento

E funcionaba. E empezou a chegar a xente… Ó principio custounos un pouco explicar de forma sinxela e breve como funcionaba o noso invernadoiro pero despois déusenos bastante ben. E entre o público houbo de todo: aqueles que case non se paraban máis que a ver as flores que había dentro do invernadoiro, outros que se interesaban por tódolos detalles da súa construción, do funcionamento e da parte de programación, un señor que nos estivo explicando que el tiña na casa un invernadoiro de verdade cun sistema de control parecido ó noso, e algún que outro ó que case non houbo que explicarlle porque só lle interesaban os caramelos que tiñamos para repartir…

Problemas

Xa empezamos cos problemas...
Xa empezamos cos problemas…

Ó pouco tempo de comezar a chegar a xente rompeu un dos conectores que unían a interface “Funcam” e o panel do invernadoiro. Tivemos que achegarnos a unha tenda de electrónica que hai preto de alí para mercar outro e cambialo. Isto tivo solución pero despois o que se estragou foi unha das entradas da “Funcam”, concretamente a entrada do sinal analóxico da temperatura e iso xa non fomos capaces de amañalo, por máis voltas que lle demos. Quedamos bastante decepcionados porque despois de todo o traballo que fixeramos durante tanto tempo, o sistema non funcionaba por culpa de algo totalmente alleo a nós e que non podiamos reparar alí…

Seguimos adiante

Traballando comodamente sentado...!
Traballando comodamente sentado…!

Pero ó final seguimos adiante e mentres un de nós explicaba, outro facía a simulación das variacións de temperatura e luz dende o programa informático de xeito que a xente puido ver os mecanismos da ventá e a pantalla en funcionamento. Logo démonos conta de que o sensor de luz (coa LDR) funcionaba e podiamos facer pechar e abrir a cortina tapando e destapando o sensor cunha tea.

A haima

A nosa haima
A nosa haima

Pola mañá, a maioría da xente veu entre as 12:30 e as 14:00. Despois déronnos os de organización uns bocadillos e puidemos comelos tranquilamente porque ata as 17:30 case non houbo público. Iso si, despois non tivemos un momento de descanso ata a hora de peche, ás 19:00.

Colaboradores

Un día ocupado
Un día ocupado

Ao longo do día (como vedes nas fotos), case sempre estivemos dous alumnos na haima, aínda que os colaboradores do proxecto tamén estiveron axudando. Os profes que estiveron no proxecto dende o principio, tamén estiveron todo o día. O que xa vimos menos foron outros profes do instituto e por suposto ó resto dos compañeiros dos outros cursos. É que xa se sabe, o sábado é un día moi ocupado..

Mereceu a pena

¡¡Ata o vindeiro Ciencia na Rúa!!!
¡¡Ata o vindeiro Ciencia na Rúa!!!

Logo de todo o traballo realizado, todos os recreos ocupados, varias tardes no instituto, mereceu a pena. Con todo o que nos dixo a xente cremos que se pode mellorar moito este proxecto: poñer un sistema de rega automático, un anemómetro que impida a apertura da ventilación cando vai moito vento, e moitas máis cousas que se nos ocorrerán…. Ademais, o curso que vén imos ser máis “maduros” e “responsables”, pero necesitamos máis xente que colabore connosco, aínda que algún e algunha xa sexan “chicos” de bacharelato… Bromas aparte o curso que vén: máis proxectos de varios Departamentos e con máis alumnos/as.

 

Programa de radio Café con Churros

Participantes

Brais e Rocio
Brais e Rocio

Organizada por:

Carmen García-Rodeja Arribí

Alumnado:

Rocío Saavedra (coordinación e actividades culturais)
Monse Martínez-Piñeiro
Brais López(arquitectura)
Iago Varela(política internacional)
Sheila Martínez (crítica de arte e cine)
Sarai Rodriguez
Alfredo Rinlo
Loreto García Alén
e
grupo de 4º D (rincón poético)

O programa

Ana Yaiza e Rocio
Ana Yaiza e Rocio

 

O programa informativo é unha canle de comunicación desde á xente nova á toda a poboación. E emitida os venres á mediodía. Propón visitas a exposicións, itinerarios arquitectónicos, crítica de filmes, rincón poético e información sobre novas xuvenís. Tamén consta de espacios de opinión sobre política internacional e entrevistas a xente ligada ó noso centro educativo.

O primeiro Café con Churros

 

II Semana da Ciencia

Perillo, 27-31 Marzo 2006

Presentación

Control automático dun invernadoiro. O Equipo.
Control automático dun invernadoiro. O Equipo.

Despois do éxito da I Semana da Ciencia do curso pasado, celébrase no noso centro, do 27 ao 31 de marzo, a II Semana da Ciencia.

Nestes días haberá exposicións, conferencias, obradoiros e outras actividades relacionadas coas matemáticas, a ciencia e a tecnoloxía.

Programa de Actividades

DIA 27

  • Exposición: “As dunas espacios únicos a conservar”
  • Exposición : “Matemática Cotidiana”
  • Exposición : “Unas pinceladas sobre algunos gallegos cultos”
  • Visitas guiadas ao proxecto, “Control automático dun invernadoiro” que se atopa na entrada do Instituto
  • No recreo, na aula de informática nº 1 pódense consultar páxinas web de matemáticas, ciencia e tecnoloxía

DIA 28

3ºESO Obradoiro de introducción a banda deseñada

  • Exposición: “As dunas espacios únicos a conservar”
  • Exposición : “Matemática Cotidiana”
  • Exposición : “Unas pinceladas sobre algunos gallegos cultos”
  • Visitas guiadas ao proxecto, “Control automático dun invernadoiro” que se atopa na entrada do Instituto
  • No recreo, na aula de informática nº 1 pódense consultar páxinas web de matemáticas, ciencia e tecnoloxía

DIA 29

1ºESO Obradoiro de introducción á banda deseñada

2ºESO Obradoiro de introducción á banda deseñada

4ºESO Obradoiro de sensibilización medioambiental: “Antártida, La última frontera”

1ºBAC Obradoiro de sensibilización medioambiental: “Antártida, La última frontera”

2ºBAC Obradoiro de sensibilización medioambiental: “Antártida, La última frontera”

  • Exposición: “As dunas espacios únicos a conservar”
  • Exposición : “Matemática Cotidiana”
  • Exposición : “Unas pinceladas sobre algunos gallegos cultos”
  • Visitas guiadas ao proxecto, “Control automático dun invernadoiro” que se atopa na entrada do Instituto
  • No recreo, na aula de informática nº 1 pódense consultar páxinas web de matemáticas, ciencia e tecnoloxía

DIA 30

  • Exposición: “As dunas espacios únicos a conservar”
  • Exposición : “Matemática Cotidiana”
  • Exposición : “Unas pinceladas sobre algunos gallegos cultos”
  • Visitas guiadas ao proxecto, “Control automático dun invernadoiro” que se atopa na entrada do Instituto
  • No recreo, na aula de informática nº 1 pódense consultar páxinas web de matemáticas, ciencia e tecnoloxía

DIA 31

  • Exposición: “As dunas espacios únicos a conservar”
  • Exposición : “Matemática Cotidiana”
  • Exposición : “Unas pinceladas sobre algunos gallegos cultos”
  • Visitas guiadas ao proxecto, “Control automático dun invernadoiro” que se atopa na entrada do Instituto
  • No recreo, na aula de informática nº 1 pódense consultar páxinas web de matemáticas, ciencia e tecnoloxía

 

Equipo Docente. Curso 2005-2006

  • Ciencias Naturais
    Porta Vila, Carmen [Xefa de departamento]
    Rey Pichel, Milagros
    Rodríguez Guerrero, Alberto
  • Debuxo
    Seijas Seoane, Faustino [Xefe de departamento]
    Santos Gómez, José María
  • Educación Física
    Gómez López, María [Xefa de departamento]
    Alfaro Balsa, Antonio
  • Filosofía
    López Couce, José [Xefe de departamento]
    Vidal Meijón, Fernando
  • Física e Química
    Peńa Tresancos, Jaime [Xefe de departamento]
    Díaz Gómez, Aniana María
    Souza Castelo, María Jesús [En comisión de servizos]
    Varela Caamańo, Antonio
  • Francés
    Andrade Sanjurjo, Angeles [Xefa de departamento]
    Rodríguez González, MŞ de la Paz
  • Grego
    López Pinal, Montserrat [Xefa de departamento]
  • Inglés
    Arce González, Warinca [Xefa de departamento]
    Dopico Caínzos, Mercedes
    Prieto López, María Rosa
    Puig De Llano, Ricardo
  • Latín
    Carballude Blanco, Xosé [Xefe de departamento]
  • Lingua e Literatura Espańola
    Sanz Gómez, Elvira Elisa [Xefa de departamento]
    Cuba Orosa, Matías
    González Iglesias, Ángel
  • Lingua Galega e Literatura
    Taibo Arias, Xoán Ignacio [Xefe de departamento]
    Martínez Fraguela, Xosé Manuel
    Rivera Pedredo, Dorinda
    Veiguela Reigosa, María Isabel
  • Matemáticas
    Lastres Rubinos, Antonio [Xefe de departamento]
    Pérez Agra, MŞ Carmen
    San Luís Bugallo, Manuel
    Vila Baleato, Francisco
    Villar Mirabal, María Emilia
  • Música
    Montes Fernández, María Antonia [Xefa de departamento]
    Fernández Llaneza, Jesús
    López Cancela, Diana
  • Normalización Lingüistica
    Vidal Meijón, Fernando [Xefe de departamento]
  • Orientación
    Singer Lago, María Dolores [Xefa de departamento]
    Domínguez López, MŞ Concepción
    Fernández González, Carmen E.
    Goti Mira, Zaida
    Lema Ledo, Víctor
    Morandeira Roel, MŞ del Pilar
  • Relixión
    Curráis Porrúa, José Ovidio [Xefe de departamento]
  • Tecnoloxía
    Neira Fernández, Juan Manuel [Xefe de departamento]
    Lois Gómez, Gema Elena
    Rodríguez Rodríguez, Xosé
  • Xeografía e Historia
    Chavert Díaz,María Aurora [Xefa de departamento]
    García González, Antón
    García-Rodeja Arribí, MŞ del Carmen
    Nogueira Farińa, Víctor