Arquivos da etiqueta: Carlos Míguez

Quiz: Segunda Edición

Finalistas
Finalistas

Durante o curso 2005-2006 o Departamento de Inglés levou a cabo a segunda edición do quiz entre os seus alumnos.

Para participar os alumnos tiñan que contestar unhas preguntas, que sobre temas moi diversos do currículo, aparecían cada tres semanas na páxina web del departamento. Despois  de procurar a información en internet as respostas  enviábanse desde a mesma páxina web. Esta actividade podíase realizar desde casa ou desde a aula de informática, que durante os recreos está dispoñible para o seu uso por parte do alumnado.

Despois de varios meses de concurso, os 10 alumnos con máis respostas acertadas participaron nunha disputada final, celebrada na aula de informática, que necesitou de varios desempates para poder determinar o gañador.

Os alumnos que disputaron a final foron Carlos Míguez (1º BACH), Gonzalo García (3º ESO), Alejandro García (1º BACH), Mariña Verde (2º BACH), Adriana González (2º ESO), Alejandro de Souza (1º ESO), Ángel Torres (2º ESO)

O gañador da segunda edición do quiz foi Carlos Míguez (1º BACH)