Participación no encontro do Proxecto Europeo Grundtvig

A finais do mes de xaneiro (19-24) a profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Patricia M. Leyenda, acompañando a Isabel Miguélez do CFR de A Coruña, asistiu a un encontro do Proxecto Europeo Grundtvig en Lanzarote. O obxectivo foi mostrar o traballo que se fai co alumnado do instituto sobre medio ambiente, concretamente o realizado sobre as aves da ría do Burgo polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Dito encontro consistiu na realización de diversas actividades sobre a ecoloxía e a diversidade paisaxística da illa de Lanzarote, así como a posta en común de profesores de Turquía, o Reino Unido e España sobre educación ambiental.

As diferentes visitas servían como escenario de actividades de interese paisaxístico e de conservación da natureza para un grupo de alumnos universitarios ingleses e mais os profesores do proxecto europeo.

Este encontro supuxo a oportunidade de visitar lugares de elevado valor ecolóxico como o Parque Nacional de Timanfaya, donde fixemos coa guía do parque un agradable, interactivo e instructivo percorrido. Outros lugares que puidemos coñecer foron os Jameos del Agua, a Illa de la Graciosa, o Golfo, o miradoiro de Río Alto, o cráter dun volcán, o xardín dos cactus e un percorrido dun túnel de lava.

A visita tamén permitiu a observación de especies emblemáticas da illa de Lanzarote como os cangrexos do Jameo del Agua, adaptados a vivir en covas, o lagarto de Haría, bubelas, alcaudóns, mazaricos e garzotas. A profesora, xunto co departamento, están moi satisfeitos coa experiencia e coa adquisición de numerosas ideas para o ensino de bioloxía e xeoloxía.

Exposición: Áreas mariñas protexidas

Exposición: Áreas mariñas protexidas
Exposición: Áreas mariñas protexidas

De novo coa colaboración do CEIDA (Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia), iniciamos o segundo trimestre deste curso académico coa exposición “Áreas mariñas protexidas“, un paseo polos recursos do mar e as problemáticas de conservación deste entorno tan valioso para a nosa vida. Con ela trátase de sensibilizar sobre o patrimonio marítimo e a necesidade de preservar e manter as áreas protexidas como instrumento de conservación dese patrimonio. Do 12 ao 26 de xaneiro de 2010 no IES Neira Vilas.

O alumnado de 4º curso visitan á Galicia dos ano trinta

O día 29 de Xaneiro púdose coñecer a ravés da exposición de Mathilda Anderson na fundación Caixa Galicia, cómo era a situación de Galicia nos anos trinta. O alumndo foi acompañado polos profesores Eduardo Álvarez e Ricardo Puig

Entre os años vinte e trinta do pasado século Mathilda Anderson percorre Galicia retratando con detalle todo aquelo que lle impresiona, tanto nas cidades como no mundo rural. Sorprende o afecto co que trata ás súas personaxes salientando a dignidade humana nas fotografías da súa estadía en Galicia. Inicialmente representa edificios e despois son as persoas as retratadas, representando esta exposición un gran estudio de tipos humanos e costumes deses anos en Galicia.