“Agora, teño amigos en todas partes do mundo”
No noso Instituto temos a sorte de ter varios profesores lectores. Emilie, é un deles. É oriunda de Cambo-les-bains situado no País Vasco francés. Estudou filoloxía hispánica. É aficionada a ler, a pasear, a viaxar e ….ao chocolate.
¿En que consiste a carreira que desempeñaches?
O primeiro ano, adiqueino sobretodo a gramática e a traducír textos do francés ao español e viceversa. O seguinte ano, concentrámonos máis na Xeografía e Historia e na historia de América Latina.
¿Por qué quixeches estudar iso?
Finalizei os meus estudos de bacharelato moi rápido (aos 16 anos). En realidade, o que eu quería facer era traballar en ONG´s no estranxeiro e estudar unha “carreira humanitaria”, pero tiña que ter 21 anos, e como dixen anteriormente, cando rematei o bacharelato tiña 16. Entón como me encantaba e me encanta viaxar decidín realizar a carreira de filoloxía hispánica.
¿Onde realizaches os teus estudos?
En Pau (situado nos Pirineos), e estudaba dúas linguas o vasco e máis o francés.
¿Cal era a lingua que ti falabas, o francés ou o vasco?
Os meus pais, eran vascos e viviron alí sempre, pero como cando eran pequenos non se lles permitía falar o vasco, pois agora falan francés e eu tamén.
¿Xa finalizaches a carreira ou aínda non?
Xa teño a licenciatura, que a conseguín en 2010, pero aínda me queda o master que se todo vai ben conseguireino o ano que ven. É dicír, supoño que para o próximo ano rematarei xa os meus estudos por completo.
¿Existe algunha diferenza entre a escola francesa e a escola española?
Sí, aquí aproveitase moito máis os horario, xa que as clases duran menos e cansaste menos. Ademáis alí tes sempre clase pola tarde ata, aproximadamente, ás 5. O de non ter clase pola tarde aquí, realmente é unha ventaxa xa que así aproveitas máis as tardes para estudar ou para facer actividades.
¿Agora onde te aloxas?
Nun piso de Sta.Cristina con dúas italianas, unha galega e a unha francesa, que concretamente, é a outra lectora francesa deste centro.
¿Anteriormente viñeras a Galicia?
Sí, mediante un Erasmus que fixen en Santiago de Compostela.
¿Que che pareceu Santiago de Compostela?
¡Encantoume!… foi xenial, creo que foi o mellor ano de estudos que pasei durante a miña vida. Pareceme como un “pobo”, no que se pode estudar facilmente, e ademais coñeces a todo o mundo.
¿Atopas algunha diferenza entre Santiago e A Coruña?
Por suposto, como dixen antes, Santiago é coma un “pobo” no cal, coñecía a todo o mundo. Sen embargo, A Coruña é moito máis grande… é unha cidade, e practicamente, non coñezco a ninguén. Aínda que os paseos, o mar e en xeral, o entorno de A Coruña gústanme moito.
¿Gústache a comida de aquí?
Sí, gústame moito, sobre todo o pulpo galego.
¿Algo positivo de esta viaxe?
Lévome unha moi boa experiencia e sobre todo uns moi bos amigos… ¡Agora teño amigos en todas partes do mundo!
¿Algo negativo…?
Que todo se acaba, e que pronto terei que regresar a miña casa.
Entrevista realizada por Amy Díaz e Sara Castro