Arquivos da etiqueta: Iago Alves

Graduación 2º BACH. Curso 2007-2008

Orla da Proomoción
Orla da Proomoción

O día vintetrés de Maio celebrouse no noso Instituto o acto de graduación de segundo de Bacharelato. Con gran afluencia de público, e rigurosa etiqueta, alumnado, profesorado, familias e amigos asistiron ó concerto dos alumnos de música de primerio e segundo de Bacharelato que interpretaron pezas clásicas e modernas.

A continuación as palabras da alumna de segundo curso Joheisy Bracho Curros, de María Pato Dieguez mai de Iago Alves da Costa Pato, que nos emocionaron, co recoñecemento da estancia no Centro o labor do profesorado. As palabras do profesor José López Couce foron dirixidas a que o abandono do Centro non debe ser o abandono da cultura integral, e instou a seguir lendo e facéndose preguntas porque “o mundo agora é voso”.

Unha presentación da evolución dos anos no centro educativo do alumnado de agora remata e a entrega de diplomas foi o remate do acto antes de pasar ó aperitivo preparado no propio centro. A continuación a cea de alumnos e profesores e a festa que sabemos foi moi animada.

Programa do Concerto

Alumnos de 1º de Bacharelato.

  1. Round Dance: Sheila Nelson
  2. Air de la Petitte Russie: L. van Beethoven
  3. Riverside: Sheila Nelson
  4. Balaio: H. Villalobos
  5. O voso galo: popular galega
  6. Devil´s dream: popular irlandesa

Alumnos de 2º de Bacharelato

  1. Bandas Sonoras: arreglo grupal

Coa colaboración dos alumnos de 2º da ESO: Adela Fernández González: Violín; Adrián Freire: Saxo

Premios Olimpíada do Saber

(Ver as bases da convocatoria)

Exposición de Fraguela correspondente ao acto de entrega de premios 30/V/2008

A Olimpíada do Saber
A Olimpíada do Saber

Ola!, como ben sabedes, este ano foi a posta en marcha no IES Xosé Neira Vilas da olimpíada do saber.

Como case que todas as cousas, e incluso a vida, comézase chorando ou mesmo con dificultades e/ou mal.

Non lembrades o anuncio da tv? Si, home …, o de Picasso a quen lle tiveron que botar o fume do tabaco para que vivira, pois crían que nacera morto.

Pois ben, co paso do tempo imos cambiando e no que respecta á Olimpíada pasounos exactamente igual, démonos conta dos erros cometidos e tentamos enmendalos sobre a marcha, e dende logo o noso compromiso é enmendalos cara ao futuro. As vosas suxestións foron, son e serán esenciais para mellorar; por iso:

Premiaremos a participación (a nivel económico e académico).

Trataremos de potenciar a AUTOESTIMA, evitando o abandono prematuro, o pesimismo e aprenderemos a superar as dificultades, a non dar nada por perdido NUNCA.

Sabedes que eu son futboleiro e deportivista, pois apañados iamos se nos deixáramos levar polo pesimismo ao remate da primeira volta (penúltimos con 17 puntos e a 5 da salvación)…

Iso tamén pode pasar na Olimpíada do saber, tédeo sempre en conta.

ÁNIMO! Pensando xa no curso 2008/2009.

CLASIFICACIÓN DESTA Iª OLIMPÍADA

1º LUGAR, diploma e 150 €: Carlos Ríos, Edgar Rama 2º Bach, 72 puntos.

2º LUGAR, diploma e 100€: Iago Alves, Cibrán Tenreiro 2º Bach, 70 puntos.

3º LUGAR, diploma e 50€: Adrián Freire, Pablo Quiroga, Sergio Caamaño 2º ESO, 70 puntos.

Para clasificárense no 2º e 3º posto, tivo lugar un desempate na Biblioteca.