Arquivo da categoría: Curso 2014-2015

Punto de recollida de aceite usado

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Ubicación do punto de recollida

Dentro do proxecto de colaboración coa cooperativa “Mulleres colleiteiras” instalouse un contedor para recoller aceite usado.

Pídese a colaboración de toda a comunidade educativa, especialmente das familias, para acadar a maior cantidade posible de aceite reciclado de aquí ao 5 de xuño (O día Mundial do Medio Ambiente).

Pretendese educar na responsabilidade que temos de coidar do medio ambiente e como afecta á nosa calidade de vida.

Díptico informativo

 

Presentación do proxecto “Mulleres Colleiteiras”

logo mulleres_colleiteiras-01-05O 9 de Marzo os alumnos de 1º e 2º ESO asistiron á presentación do proxecto de recollida de aceite usado da cooperativa “Mulleres Colleiteiras”.

A charla organizada co apoio da Concellería de Ensino e Xuventude, pretende sensibilizar ao alumnado da importancia social e ambiental do proxecto.

O noso centro ten previsto colaborar coa instalación dun punto de recollida aberto á participación de toda a comunidade educativa.

Enlace á Mulleres Colleiteiras

Á descuberta da arquitectura e a paisaxe: Visita a Guimarães (Portugal)

Visita a Guimarães
Visita a Guimarães

Os días 21 e 22 de abril o alumnado de 4º ESO realizou unha visita á cidade portuguesa de Guimarães. A actividade está organizada co proxecto Terra e o noso centro leva xa varios anos realizando estas saídas ao país veciño. O completo programa inclúe actividades variadas: a visita á citania de Briteiros ou ao mosteiro de Souto San Salvador, o percorrido en teleférico ata o monte da Penha, a visita guiada á área de rehabilitación de Couros, a descuberta polo casco antigo de Guimarães e a visita ao castelo e pazo dos duques de Bragança. Dúas xornadas completas comendo e durmindo na pousada da xuventude desa localidade portuguesa. O alumnado foi acompañado polos profesores Jorge Calle, Carmen  García-Rodeja e Isabel López Mariño

Investigando no museo arqueolóxico

INVESTIGANDO NO MUSEO ARQUEOLÓXICO

Investigando no Museo Arqueolóxico
Investigando no Museo Arqueolóxico

O pasado día 15 de Abril o alumnado de 1º curso realizou prácticas de arqueoloxía acompañados polos profesores de Xeografía e Historia: Jorge Calle, Xosé Antón García e Carmen García Rodeja e guiados polos seus compañeiros monitores.

O que move o mundo

Oque move o mundo
Oque move o mundo

O venres 10 de abril, e dentro dos actos da Semana Intercultural, tivo lugar a performance “O que move o mundo”, espectáculo que contou coa participación directa de máis de 30 alumnas e alumnos -de todos os niveis educativos, desde 1º ESO a 2º Bacharelato- e a estreita colaboración de oito profesoras e profesores. O motivo central xiraba en torno a unha historia relacionada co libro de Kirmen Uribe “Lo que mueve el mundo”.
O espectáculo aglutinou actuacións musicais variadas, monólogos, videos, leituras e explicacións, incluíndo un karaoke final.

Na senda doutros Proxectos de Biblioteca realizados neste curso académico, o acto servíu para reafirmar a estreita interrelación alumnado-profesorado e estreitar lazos na nosa comunidade educativa.
Aproveitamos a ocasión para enviar a referencia do espectáculo ao autor literario, Kirmen Uribe, que respondeu afectuosamente:
“Cuánto agradecemos los escritores estas cosas. Es muy bonito saber que un libro toma otras vidas. Precioso.”
Podes consultar máis documentación aquí.

Visita a Santiago

Visita a Santiago: Alumnado de Historia da Arte
Visita a Santiago: Alumnado de Historia da Arte

O mércores 8 de abril o alumnado de Historia da Arte de 2º de bacharelato visitou Santiago de Compostela para ter unha clase práctica coas obras santiaguesas da proba de selectividade.
Realizouse tamén unha visita aos tellados da catedral, neste caso, acompañados polo alumnado de arte do IES “María Casares”

Xornadas de xogos populares

xogos_populares_004_03_2015O día 26 de Marzo, organizouse a través do concello, unha xornada de XOGOS TRADICIONAIS.
A actividade programouse nun principio só para os alumnos/as de 4º da ESO, se ben por cuestións de horarios, estendeuse tamén ós alumnos/as de 2º ESO e 3º B.
Os nenos e nenas participaron de forma activa e gozaron dunha xornada distinta e creemos que divertida aprendendo outra forma de xogar.
O Seminario de Educación Física, quere agradecer a colaboración do concello para a realización desta actividade dotando ó instituto cos medios materiais  (billarda, rá, chave, bolos, zancos, aros…) e persoais,  para o desenvolvemento da xornada.

 

Échange Scolaire // Intercambio Escolar

VII º INTERCAMBIO ESCOLAR I.E.S.P. XOSÉ NEIRA VILAS DE OLEIROS-COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES.-

VII Intercambio Escolar
VII Intercambio Escolar

O intercambio escolar co Collège Notre Dame le Ménimur, é dende hai moitos anos parte da nosa vida como centro. Máis de 250 alumnos viviron esta experiencia, que usando as súas propias palabras “foi inesquecible”.
Co obxetivo de fomentar e profundizar no estudio da lingua francesa, 42 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato participan no VIIº ÉCHANGE SCOLAIRE que terá lugar entre os días 17 e 28 de marzo e estarán acompañdos polos profesores Dona Isabel López Mariño, Don Juan Santamaria e Don Carlos Vidal .
Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas fará diversas actividades : visita á rexión da Bretaña francesa ( Carnac, Saint Malo, Mont Saint Michel, Quimper , etc.); tamén asistirán ás clases no Collège Notre Dame Le Menimur e este ano e como novidade ao incoporarse o alumnado BACHIBAC asistirán as clases no Lycée Notre Dame Le Menimur
O Intercambio rematará coa visita a París e o último día irán a Eurodisney.
O alumnado francés e o profesorado acompañante serán os nosos invitados no mes de maio.