Semana Branca Andorra 2008

Semana Branca Andorra 2008
Semana Branca Andorra 2008

Do 12 ao 19 de Xaneiro de 2008 nas estacións de esquí de Pal Arinsal e Ordino Arcalis. Un total de 37 alumnos: os máis de 1º de Bacharelato e 4º da ESO e, con menor presenza de 3º e 2º ESO, desenvolveron a actividade de esquí e snow.

A partir da toma de contacto con deportes non habituais como son o esquí e o snow avanzamos: na mellora do tempo de ocio; da convivencia entre os alumnos – potenciando os aspectos de socialización -; no enriquecemento interpersoal; na mellora do autoconcepto e a autoestima; na maduración e desenvolvemento integral do alumno dende unha perspectiva de integración social, cultural e deportiva nun ámbito remoto.

De partida, trátase de achegar ao alumno á práctica duns deportes de inverno como son o esqui e o snow. Deporte específicos, de cote asociado por descoñecemento a un alto poder adquisitivo (como a vela ou outros) – cada vez é máis practicado a nivel escolar, porén. Faise asi deporte nun ámbito natural privilexiado grabándose como unha referencia máis para enriquecer o tempo de ocio do alumno nun futuro próximo de xeito individual e colectivo: coñecendo o material necesario, o seu custo e o xeito de xestionalo autonomamente. Por outra banda, analizada polo miudo, desenvólvese como dinámica de grupos que están en convivencia facendo cousas tanto específicas como cotiás que necesitan do impulso das habilidades sociais, da autonomía, da tolerancia… Medrando como cidadáns futuros en clave de opinión, respecto, compromiso coas normas como medio de convivencia asumíndoas criticamente aínda sendo necesarias. Sumando actividade deportiva, ámbito natural e marco educativo cada alumno puido ir definindo a súa autonomia, autoestima, o coñecemento del mesmo, utilizando estratexias socializantes que o definan como individuo, cidadán, que respecte e sexa respectado polo resto, dende os seus actos e consecuencias pasando polas súas opinións.