Visita ao planetario e a casa das ciencias

O día once de novembro os alumnos de primeiro de E.S.O e primeiro de Bacharelato realizaron unha visita á casa das ciencias e asistiron a unha sesión no Planetario nunha excursion organizada polos departamentos de Historia e Ciencias Naturais.

Acompañaron ós alumnos os profesores Carmen Porta, Milagros Rey e Antón García. Na Casa das Ciencias foron observando as exposicións que ali se atopan. Tamén puideron ver unha pelicula no planetario que -segundo comentan os alumnos- lles resultou moi interesante polo tema e polas dimensións da pantalla.