Rompendo mitos sobre a Síndrome de Down

Asociación Down Coruña
Asociación Down Coruña

O pasado 8 de abril deu comezo a Semana Intercultural e o instituto tivo o privilexio de contar coa presenza e participación da Asociación Down Coruña. Alberto e Miriam foron os profesionais que levaron a cabo unha dinámica de sensibilización en relación á Sindrome de Down. Esta actividade estivo coordinada polo departamento de orientación.

Esta actividade constaba dunha sesión e estaba dirixida ao alumando de 1º de ESO, co obxectivo de dar a coñecer o verdadeiro significado da Síndrome de Down. Alberto e Miriam trataban de desfacer mitos relacionados con dita síndrome intentando que que o alumando reflexionase sobre a temática.

Nun dos grupos atopábase Sabela Fernández Martínez, protagonista indiscutible da sesión. Ela participa en diferentes actividades da Asociación Down Coruña, da cal os seus pais son socios fundadores.