Curso residencial en Inglés para alumnado de 3º da ESO

Aldea Gas Natiural nos Peares
Aldea Gas Natural Fenosa nos Peares

O IESP Xosé Neira Vilas participa este curso por primeira vez no Programa de Cursos Residencias de Inmersión en Inglés organizados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa incorporación aos mesmos de 25 alumnos e alumnas de 3º da ESO.
Este programa está deseñado para estudantes que posúen un coñecemento de inglés e que necesitan perfeccionar tanto a fluidez verbal como a comprensión auditiva. Os participantes recibirán cinco horas de clase de luns a venres e realizarán actividades nas que farán uso do inglés en situacións comunicativas reais, todo nun ambiente angloparlante na liña dos programas que Play & Say ven levando a cabo desde hai moitos anos.
O curso terá lugar nas instalacións da aldea que Gas Natural Fenosa ten en Os Peares (Lugo), do 23 ao 29 de novembro. As familias dos participantes non terán que abonar directamente ningunha cantidade polo mesmo nin polo aloxamento e manutención, sendo pola súa conta só os traslados.
Pode ver a documentación de presentación do curso con información sobre o contido do mesmo e as normas de funcionamento (menús, equipación persoal, urxencias, sitio web, …).

Deixa unha resposta