O CERN, o LHC e a física de partículas

Organizado polo departamento de Física e Química, a Biblioteca Escolar e o Equipo de Normalización Lingüística, O Profesor Ramón Cid Manzano do IES de Sar dou unha charla de divulgación científica ao alumnado do IESP Xosé Neira Vilas para falar do “O CERN, o LHC e a física de partículas”.

Aquí está un breve resumo da mesma:

O CERN, o LHC e a física de partículas
O CERN, o LHC e a física de partículas

O Premio Nobel de Fïsica de 2013 foi concedida ao físicos Feançois Englert e Peter Higgs polo descubrimento do chamado Bosón de Higgs, e que pecha o chamado “Modelo Estándar” da Física de Partículas.

Este descubrimento foi realizado no Laboratorio de Fïsica de Partículas Europeo (CERN) na maior máquina científica construída pola ciencia e a tecnoloxía.

Na charla celebrada o día 24 de Abril de 2014, foi presentado este centro de investigación así como esa enorme máquina, que con máis de 27 km de tamaño e catro inmensos detectores, é o resultado da colaboración dunha gran cantidade de institucións, universidades e empresas públicas e privadas de moitas partes do mundo.

O CERN é unha institución na que traballan in situ unhas 2500 persoas, pero na que colaboran miles de científicos e científicas de todo o mundo. Este laboratorio pertence a vinte países europeos (entre eles España) e tamén Israel. A universidade de Santiago de Compostela ten unha importante presenza neste centro a través dun grupo específico de investigación, e tamén por científicos e científicas que pertencendo actualmente a outros grupos foron formados na universidade galega.