O día vintedous de Maio celebrouse no noso Instituto o acto de graduación de segundo de Bacharelato. Con gran afluencia de público, e rigurosa etiqueta, alumnado, profesorado, familias e amigos asistiron ó concerto dos alumnos de música de primerio e segundo de Bacharelato que interpretaron pezas clásicas e modernas.
A continuación as palabras do alumno de segundo curso Santiago Conde Arias, de Isabel Romero Barciela mai de Manuel Pereiro Romero, e de Xoan Ignacio Taibo Arias en nome do profesorado. Pechou o acto o director do centro José López Couce.
Unha presentación sobre o alumnado de segundo de bacharelato e a entrega de diplomas foi o remate do acto. Posteriormente como xa é tradicional procedeuse á plantación da árbore e ao aperitivo preparado no propio centro. A continuación a cea de alumnos e profesores e a festa que sabemos foi moi animada.
Programa do Concerto
Alumnos de 1º de Bacharelato.
- Canción india : Rimsky-Korsakov
- Obertura da ópera “As vodas de Fígaro”: W.A. Mozart
Alumnos de 2º de Bacharelato
- Habanera: M. Girao
- Marcha dos granadeiros: R. Schuman
- Gaudeamus igitur: Popular
- Devil’s dream: Popular irlandesa
- Ragtime: S. Jopplin
Pode baixar unha selección de fotos do acto.