Arquivos da etiqueta: Concello de Oleiros

Novos mediadores do Neira Vilas

Dende o pasado mércores 5 de novembro ata o 10 de decembro desenvolveuse no centro cultural A Fábrica de Perillo un novo Obradoiro de Formación en Mediación Escolar.

Este obradoiro está promovido polo concello de Oleiros e contou con 12 horas de formación que foron impartidas todos os mércores de 16:30 a 18:30.

Neste curso formáronse 16 novos mediadores, 12 de primeiro de ESO e 4 de segundo de ESO. Un gran éxito de convocatoria. Os novos mediadores xa forman parte do Equipo de Convivencia e Mediación.

Parabéns a todos e o noso agradecemento a Octavio, que impartiu a Formación, e á Concellería de Cultura do Concello de Oleiros, que nos apoia neste proxecto e nos axuda a mantelo vivo.

Almorzos para a Saúde

Os alumnos de 3º de ESO A-B da asignatura Obradoiro de iniciativas emprendedoras do IES Neira Vilas de Oleiros acabamos de desenvolver con éxito o noso primeiro proxecto emprendedor denominado “ALMORZOS PAR A A SAÚDE”

(foto do grupo)
(foto do grupo)

Conseguimos ofertar de forma gratuíta un almorzo completo e saudábel para todos os alumnos e alumnas do instituto.

Tivemos que facer enquisas, presupostos, pedir asesoramento sobre nutrición, buscar empresas financiadoras, organizar os grupos de almorzo e servilo durante unha semana.

Explicamos aos nosos compañeiros que un almorzo completo debe estar integrado por alimentos de tres grupos: lácteos, cereais e froita. Seguindo esta recomendación os alumnos podían escoller de todo. Plátanos, mazás, laranxas, kiwis, zumes, leite, queixo fresco, yogur, mel, cereais, pan con tomate ou aceite de oliva ou xamón serrano. ¡Casi nada! Moitos tomaron un bo almorzo e algúns dixeron que non lles gustaba. Xa vemos que o dos gustos é moi persoal.

(Un grupo almorzando)
(Un grupo almorzando)

Cando empezamos non pensabamos que seríamos capaces de conseguilo. Por iso queremos mostrar públicamente o noso agradecemento as persoas e entidades que escoitaron o noso proxecto, creron en nós, nos aportaron fondos ou lotes de productos ou nos ofreceron asesoría sobre alimentación pediátrica.

Moitas grazas: Gadis, Familia, Concello Oleiros, Caixa Galicia, Caixa Nova, La Caixa, BBVA, Caixa España e doctor Leopoldo García Alons. Tamén un agradecemento especial para Esther que quentou o leite e nos axudou coa organización.

Carta a “La opinión”

IES Oleiros – Almorzo para a saúde

Os alumnos de 3º de ESO A-B da asignatura Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras do IES Neira Vilas de Oleiros acabamos de desenvolver o noso primeiro proxecto emprendedor. Co noso traballo conseguimos proporcionarlles de forma gratuíta ós nosos compañeiros de todo o instituto un almorzo completo e saudable na semana anterior ó día 7 de abril que é o Día Mundial da Saúde.

Tivemos que facer varios traballos. Enquisas para saber como almorza o alumnado, pedir consello para un bo almorzo a un nutricionista especializado, facer o orzamento, visitar distintas entidades para explicar o proxecto e pedir financiación. E ademais servimos o almorzo todas as mañás desa semana.

Desde aquí queremos dar as grazas publicamente a Gadis, Familia, Concello de Oleiros, Caixa Galicia, Caixa Nova, La Caixa, BBVA e o doctor Leopoldo García Alonso, xa que sen a súa axuda non se realizaría con éxito o noso proxecto.