Arquivos da etiqueta: IUMA

Visita ao Instituto Universitario do Medio Ambiente (IUMA)

Visita ao IUMA
Visita ao IUMA

O día 27 de marzo os grupos 4º A e B da ESO participaron nunha visita organizada polo Departamento de Física e Química ao Instituto Universitario do Medio Ambiente (IUMA). O Instituto, que está moi preto do noso centro, está situado nun dos edificios máis bonitos do noso concello, o Pazo de Lóngora. O pazo, está totalmente rehabilitado, e dende o ano 2001 é a sede do IUMA. Alí, a principal liña de investigación ten que ver coa calidade do aire que respiramos.

A visita consistiu, en primeiro lugar, nunha charla acerca da contaminación atmosférica, na aula de conferencias. Alí, a Dra. en Química Analítica María Piñeiro falou da contaminación atmosférica, tanto gases como partículas, e explicou cal era o traballo do Instituto. Despois de tomar un pequeno “almorzo”, vimos os xardíns e as casetas onde se realiza a toma de mostras Tamén vimos o laboratorio no que se preparan as mostras de aire que alí se recollen, para logo, analizalas nos laboratorios do Departamento de Química Analítica da Universidade da Coruña.