Arquivo da categoría: Encontro

Encontro con Neira Vilas (Semana 25 do Neira)

Encontro con Neira Vilas (Semana 25 do Neira)
Encontro con Neira Vilas (Semana 25 do Neira)

O día 7 de abril, no arranque da semana, o alumnado de 1º, 3º de ESO e 1º de BAC tivo un encontro con Xosé Neira Vilas para testimuñar o noso recoñecemento a ese gran escritor que da nome ao noso centro. Á chegada ao instituto o autor de “Memorias dun neno labrego” foi recibido polo director e unha representación do profesorado e do alumnado. Xa no salón de actos fixose unha lectura dalgúns dos seus relatos curtos a cargo de Marta Rodríguez, Miguel Pozo (ESO 1º), Nathalia de Oliveira, Irene Casás (ESO 3º), Jorge Luciano Murchio e Antón Blanco (BAC 1º).

Rematou o acto cunhas palabras do noso querido Xosé animando ao alumnado a se esforzar para acadar a formación que lles permitirá desempeñar no futuro o papel que lles corresponda na sociedade.

Encontro de Elvira Martín Carmona co alumnado de primeiro curso

O día 14 de Abril e coincidindo con 80 aniversario da proclamación da II República. O Instituto invitou a Elvira Martín neta de Joaquín Martín Martínez, secretario do Concello de A Coruña e fusilado co moita da corporación municipal o 31 de xulio de 1936. A conferenciante falou do seu abó e da experiencia familiar no exilio.

A conferenciante, é bisneta tamén de José Rodriguez, o famoso “médico Rodriguez” e do pintor Llorens, o seu pai foi o famoso xogador Cheché Martínez; Elvira Martín tamén é nai da alumna Guadalupe Romero de primeiro curso.

A charla co alumnado de primeiro de Elvira Martín Carmona foi de grande interés para o alumnado. Estaba prevista coa duración dunha hora pero tivo que ampliarse unha hora máis pola grande cantidade de preguntas que se fixeron. A valoración foi moi positiva.

Participación no encontro do Proxecto Europeo Grundtvig

A finais do mes de xaneiro (19-24) a profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Patricia M. Leyenda, acompañando a Isabel Miguélez do CFR de A Coruña, asistiu a un encontro do Proxecto Europeo Grundtvig en Lanzarote. O obxectivo foi mostrar o traballo que se fai co alumnado do instituto sobre medio ambiente, concretamente o realizado sobre as aves da ría do Burgo polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Dito encontro consistiu na realización de diversas actividades sobre a ecoloxía e a diversidade paisaxística da illa de Lanzarote, así como a posta en común de profesores de Turquía, o Reino Unido e España sobre educación ambiental.

As diferentes visitas servían como escenario de actividades de interese paisaxístico e de conservación da natureza para un grupo de alumnos universitarios ingleses e mais os profesores do proxecto europeo.

Este encontro supuxo a oportunidade de visitar lugares de elevado valor ecolóxico como o Parque Nacional de Timanfaya, donde fixemos coa guía do parque un agradable, interactivo e instructivo percorrido. Outros lugares que puidemos coñecer foron os Jameos del Agua, a Illa de la Graciosa, o Golfo, o miradoiro de Río Alto, o cráter dun volcán, o xardín dos cactus e un percorrido dun túnel de lava.

A visita tamén permitiu a observación de especies emblemáticas da illa de Lanzarote como os cangrexos do Jameo del Agua, adaptados a vivir en covas, o lagarto de Haría, bubelas, alcaudóns, mazaricos e garzotas. A profesora, xunto co departamento, están moi satisfeitos coa experiencia e coa adquisición de numerosas ideas para o ensino de bioloxía e xeoloxía.

Primeiro Encontro Científico CORUÑACERN

Mar Capeans e parte do alumnado asistente. [Foto de La Voz de Galicia]
Mar Capeans e parte do alumnado asistente. [Foto de La Voz de Galicia]
Alumnos de física e química de 1º de Bacharelato asistiron o día 22 de maio no Centro Social dos Mallos ao Primeiro Encontro Científico CORUÑACERN. Esta actividade científica organizada polo IES Urbano Lugrís, pretende dar a coñecer o CERN, siglas empregadas para referirse á “Organización Europea para a Investigación Nuclear”, e tamén espertar vocacións científicas nos alumnos dos últimos cursos do ensino secundario.

Programa de Actividades

  1. Conferencia : Susana Mataix. Que é o CERN?
  2. Conferencia : Margarita Cimadevila. Science, Art & CERN.
  3. Conferencia: Mar Capeáns. Experimento ATLAS: o soño acadado.
  4. Obradoiro : Francisco Barradas. Visionado de neutrinos en Cámara de Néboa.

A noticia en “La Voz de Galicia