Arquivos da etiqueta: Ciencia Divertida

Ciencia Recreativa

Ciencia Recreativa
Ciencia Recreativa

Os profesores eméritos de Física e Química do centro, Ramón Romero Pardo e Antonio Varela Caamaño, presentan a actividade Ciencia Recreativa. É unha continuación das actividades: “Química Máxica”, “Maxia?, Non Ciencia” e “Química?, Non Ciencia” que o Departamento de Física e Química desenvolveu primeiro na Semana da Ciencia durante 3 anos e logo na Semana Intercultural nos últimos 5 anos.

A actividade, que será gratuíta, terá lugar os xoves pola tarde en grupos reducidos nos laboratorios de Física e de Química do centro.

O Neira Vilas punto de encontro de actividades os xoves

Actividades extraescolares
Actividades extraescolares

Coa finalidade de ampliar a oferta de actividades complementarias e extraescolares, o noso centro reforza este curso, coa colaboración da ANPA, as actividades a desenvolver polas tardes co programa “Os xoves o Neira Vilas Punto de Encontro”.

Arrancou este programa con English Club, que xa ten cuberta a totalidade das súas plazas, e se ampliará a partir do día 7 de novembro con dous obradoiro, Teatro e Danza Contemporánea, e outras dúas actividades dirixidas por profesores eméritos do instituto, Ciencias Divertida e Xadrez con Matías. Todo o alumnado interesado pode inscribirse en conserxería.

Cartel da actividade "Maxia?... Non, Química"
Cartel da actividade “Maxia?… Non, Química”

O Departamento de Física e Química pretende contribuir ao Ano Internacional da Quimica que se está a celebrar neste ano 2011 coa actividade “Maxia? … Non, Química”. Esta actividade que forma parte da Semana Intercultural e está dirixida a todo o alumnado do centro presenta unha serie de experimentos aparentemente máxicos que sen embargo teñen unha sinxela explicación química.

Os “trucos” que se presentan na actividade son:

A botella azul

Nunha botella hai un líquido incoloro que cando se axita vólvese azul. Ao cabo duns minutos volve a ser incoloro. O proceso pode repetirse varias veces.

Cambios de cor: Fenolftaleína e extracto de lombarda

Cando se mesturan diversos líquidos incoloros aparecen cores que desaparecen e volven a aparecen en novas nesturas.

Velas que se apagan cun líquido invisible

Prepárase nunha xarra un “líquido invisíbel” e emprégase posteriormente para apagar varias velas.

O papel que arde cando se lle sopla

Unha folla de papel arde cando se sopla por enriba dela.

Sacar unha moeda da auga sen mollarse

Cunhas cerillas e un vaso a auga desaparece.

O naufraxio do Casón

A actividade remata coa reproducción a pequena escala do acontecido no ano 1987 cando o cargueiro Casón embarrancou nas costas de Fisterra.

Ano Internacional da Química

Logo do Ano da Química
Logo do Ano da Química

Toda a materia coñecida -gasosa, líquida ou sólida- está composta por elementos químicos ou por compostos formados por ditos elementos. O coñecemento que os humanos temos do noso medio natural está baseado nos nosos coñecementos de química, e aínda máis, tódolos procesos que teñen lugar nos seres vivos están controlados por reaccións químicas.

A Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) e a UNESCO acordaron a proclamación de 2011 como o Ano Internacional da Química xa que é hora de celebrar os logros da química e a súa contribución ao benestar da humanidade. As actividades organizadas durante este ano pretenden:

  1. Aumentar a apreciación pública da química como resposta as necesidades do mundo.
  2. Fomentar o interese da xente nova pola química.
  3. Celebrar as contribucións das mulleres ao mundo da química así como os principales fitos históricos, especialmente o primeiro centenario da concesión do Premio Nobel a Marie Curie e da creación da Asociación Internacional de Sociedades Químicas.

Actividades de ciencia recreativa

O Profesor Diego Mazas prepara "a serpe do faraón"
O Profesor Diego Mazas prepara “a serpe do faraón”

O Departamento de Física e Química, ao longo da semana, organizou unhas xornadas de Ciencia Recreativa. As actividades desenvolvidas foron as seguintes:

A serpe do faraón

Cando se engade ácido sulfúrico a un vaso con azucre en un pouco de auga aparece a serpe do faraón. [É o carbono grafito formado que ten esa forma]

Maxia Química

Cando se bota viño en varias copas aparentemente vacias o viño se transforma en batido de amorodo, auga, gasosa e leite.

O sifón

Con dous vasos e unha goma faise un sifón, un aparello moi sinxelo pero que non deixa de nos sorprender.

Un ovo que flota na auga

Cando un ovo está fresco non flota na auga pero podemos facer que flote engadindolle sal á auga para que aumente a súa densidade.

Un indicador na cociña para identificar ácidos ou bases

A auga da cocción da lombarda conten unha substancia que cambia de cor ao engadirlle ácidos ou bases dos que se poden atopar na casa: hidróxido de sodio (moi básico), amoníaco (básico), bicarbonato (pouco básico), zume de limón (ácido), vinagre (ácido).

O diabliño de Descartes

Unha botella de plástico chea de auga ten un diabliño no seu interior. Cando se presiona a botella o diabliño baixa e volve a subir cando se deixa de presionar.

Unha fonte sorprendente

Esta fonte sorprendente e coñecida dende a antigüidade.