O día vinteun de Maio celebrouse no noso Instituto o acto de graduación de segundo de Bacharelato. Comezouse o acto coa tradicional plantación da árbore. Posteriormente, alumnado, profesorado, familias e amigos asistiron ó concerto dos alumnos de música de primerio e segundo de Bacharelato que interpretaron pezas clásicas e modernas.
A continuación as palabras da alumna de segundo curso Claudia Calvelo Ameijeiras, de Yolanda Cabana nai de Miguel Álvarez Cabana, e de José Antonio Rodríguez Amedo en nome do profesorado. Pechou o acto a concelleira de cultura do concello de Oleiros Mª Esther Garrido Pan.
Unha presentación sobre o alumnado de segundo de bacharelato e a entrega de diplomas foi o remate do acto. Posteriormente como xa é tradicional houbo un aperitivo preparado no propio centro. A continuación a cea de alumnos e profesores e a festa que sabemos foi moi animada.
- Discurso da alumna Claudia Calvelo Ameijeiras
- Discurso da nai Yolanda Cabana
- Discurso do profesor José Antonio Rodríguez Amedo
Programa do Concerto
Alumnos de 1º de Bacharelato.
- Canción india : Rimsky-Korsakov
- Obertura da ópera “As vodas de Fígaro”: W.A. Mozart
Alumnos de 2º de Bacharelato
- Habanera: M. Girao
- Marcha dos granadeiros: R. Schuman
- Gaudeamus igitur: Popular
- Devil’s dream: Popular irlandesa
- Ragtime: S. Jopplin
Selección de fotos do acto
Pode baixar máis fotos do acto: fotos_graduacion_2010.zip[, 7,1 MB]