Arquivo da categoría: Actividades

VIº Intercambio Escolar I.E.S.P. Xosé Neira Vilas de Oleiros-Collège Notre Dame Le Menimur Skolaj Diwan Ar Mor-Bihan de Vannes

VIº Intercambio Escolar
VIº Intercambio Escolarz Nieto

Un total de 32 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato participaron no VIº ÉCHANGE SCOLAIRE que tivo lugar entre os días 1 e 12 de abril. Estiveron acompañados dos profesores Don Juan Santamaria e Don Carlos Vidal.

Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas fixo diversas actividades : visita á rexión da Bretaña francesa ( Carnac, Quiberon , Mont Saint Michel, Dinan, Pont-Aven , etc.); tamén asistiron ás clases no Collège Notre Dame Le Menimur e a Skolaj Diwan ar Mor-Bihan .

O Intercambio rematou coa visita a París e o último día foron a Eurodisney.

Este ano viaxaron con nós 15 alumnos do IES Monte Neme de Carballo, acompañados da súa profesora de francés Sandra Rodríguez Nieto, que fan o Intercambio cos mesmos centros educativos.

Brasil e República Dominicana: outras culturas

Brasil e República Dominicana: outras culturas
Brasil e República Dominicana: outras culturas

O venres 12 de abril cinco rapazas axudaban a pechar a Semana Intercultural cun aire renovado e fresco a través dunha actividade que pretendía dar a coñecer dúas culturas latinas: Brasil e República Dominicana.

Nathalia Oliveira, Marleni Martínez, Ellen Mattos, Thaiuane Ramos e Thalita Ramos, prepararon este traballo para os seus compañeiros de 2º de ESO, curso no que se atopan todas escolarizadas. Este traballo fixéronno xunto á coordinadora e mestra de pedagoxía terapéutica Adela Otero.

A actividade pretendía ampliar a visión sobre o mundo latino tendo como principal referente as dúas culturas mencionadas. Para isto, entre as cinco alumnas, expuxeron os datos máis relevantes de cada país, como por exemplo: a historia, a situación xeográfica, organización política, o clima, as paisaxes e monumentos máis importantes, tradicións, vida cotiá, educación, relixión, etc. Todo isto acompañado por unha gran variedade de imaxes e músicas latinas.

A sesión rematou coa entrega de doces típicos elaborados polas propias rapazas ao tempo que proxectaban os vídeos musicais que tanto lles gustan a estes rapaces/as.

Gala da Semana Intercultural

grupo de percusión
grupo de percusión

O intenso programa de actividades desenvolvido neste días tivo un fermoso colofón cunha gala de música, teatro e danza.

No apartado musical os grupos de percusión de ESO 2º, 3º, 4º e BAC 1º, dirixidos por Jesús F. Llaneza, ofreceron un concerto con obras de Keofas, Novaro, Schumann, Suzhki, Thomas, Mozart, Beethoven e Abba xunto con tres cancións populares irlandesas.

A representación escénica correo a cargo da parella artística Carlos Martín e Carmen Cotelo que ofreceron unha escena da obra Anos 70. O vindeiro curso esta parella poñera en marcha un obradoiro teatral como actividade extraescolar.

Rematou a gala coa actuación do obradoiro de danza do Instituto que despertou un gran entusiasmo no público.

Actividades distintos departamentos (Semana 25 do Neira)

De Senegal a Galicia, un camiño de esperanza

De Senegal a Galicia, un camiño de esperanza

A iniciativa de distintos departamentos abordáronse as seguintes temáticas:

  • Cinema: co visionado de “Lope” de Andrucha Waddington para BAC 1º; “El club de los poetas muertos” de Peter Weir para ESO 3º-4º; e “Un puente hacia Terabithia” de Gabor Csupo para ESO 1º-2º.
  • Charla: Xornalismo hoxe con Gemma Malvido, redactora de La Opinión A Coruña, para ESO 3º.
  • Espectáculo: “Evocación 1989” para ESO 3º – 4º – BAC 1º.
  • Coloquio: “De Senegal a Galicia, un camiño de esperanza”, con Birame Samb, senegales acollido por Voluntariado Social Fonseca, para ESO 1º.
  • Experimentos: “Maxia?… Non, ciencia”, actividade lúdica para ESO 1º.  Ramón Romero e Antonio Varela.

The big challenge (Semana 25 do Neira)

 

Big Challenge
Big Challenge

O Departamento de Inglés organizou o mércores e o venres desta semana un torneo para o alumnado de ESO co esquema do concurso “The Big Challenge”.

Cada grupo elixiu o equipo que o iba a representar. Competiron por niveis respostando en cada turno 21 preguntas sobre cultura e lingua inglesa

Os gañadores foron: 1º ESO A, 2º ESO B, 3º ESO A, 4º ESO A.

O premio para cada un dos grupos gañadores consistiu nun refrixerio organizado polo alumnado de 2º de Bacharelato.

Xornada clausura (Semana 25 do Neira)

Presentación Xogos Culturais
Presentación Xogos Culturais
O venres día 11 de abril realizáronse diversas actividades como clausura da semana.

Ás 10.30 horas arrancaron os Xogos Culturais nos que participaron parellas de alumnos de ESO agrupados por niveis que competían entre sí nun total de doce probas nas que tiñan que demostrar as súas destrezas e coñecementos.

Esta actividade estivo dirixida polo alumnado de BAC 1º e nela resultaron gañadores Kevin Gabella, Pablo Basante (1º), Adrián Cañedo, Diego Chenlo (2º), Sofía Fachas, Irene Míguez (3º), Iris Vidal e Ariadna López (4º) que recibiron un libro de agasallo.

A continuación presentouse o traballo “2014: o ano do Brasil” no que se dan a coñecer diversos aspectos da realidade deste pais do que provén un importante grupo do noso alumnado entre os que están os que asumiron esta presentación: Claudio Matheus, Vítor de Carvalho, Víctor de Mattes (ESO 1º), Bruna Brasileiro, Davi Carro (ESO 2º), Nathalia de Oliveira, Ellen (ESO 3º) e Lucas Paulino (ESO 4º).

Rematou a xornada coa actuación de Iván Ceán (ESO 2º), Irene Casas, Daniel Sánchez (ESO 3º), Adrián Mahía, Sergio Ceán, (BAC 1º) que presentaron os monólogos cos que participaran na final do concurso Oleiros Comedia que se celebrará en mes de xuño no auditorio Gabriel García Márquez de Mera.

Charlas de orientación (Semana 25 do Neira)

Charlas de orientación (Semana 25 do Neira)
Charlas de orientación (Semana 25 do Neira)

A iniciativa do departamento de orientación celebráronse as seguintes charlas:

  • “Prevención dos transtornos da conducta alimentaria” con María Blanco Suárez, psicóloga de ABAC, para ESO 3º – 4º .
  • “Presentación da USC” con Inmaculada Mas, profesora da Facultade de Filoloxía, e Adrián Freire, exalumno do centro e alumno de Mediciña, para BAC 2º.

 

Exposición Artefactos Anos 80

Exposición Artefactos Anos 80
Exposición Artefactos Anos 80

A celebración do 25 aniversario do noso instituto serve, entre outras cousas, para entender os cambios que continuamente se producen no mundo.

Esta idea impulsa a exposición /Artefactos anos 80/ que recolle obxectos que eran de uso habitual hai máis de dúas décadas pero que hoxe están en desuso.

As persoas interesadas en colaborar con este proxecto poden deixar depositadas na conserxería os elementos a expoñer.

Esta actividade é coordenada polo obradoiro de iniciativas emprendedoras do 4º da ESO

Recreos musicais (Semana 25 do Neira)

Anton Blanco e Andrés Sánchez
Anton Blanco e Andrés Sánchez

A semana 25 do Neira tamén serviu para descubrir as destrezas musicais que existen entre o alumnado con pequenos concertos efectuados nos recreos por Natalia López, Claudio Matheus, Julia Concheiro (ESO 1º), Andrés Sánchez (ESO 4º), Jacobe Juanatey, Sergio Cabeza, Lucia Sigüeiro, Cristina Carreira, Grupo 5 (ESO 3º) e Antón Blanco (BAC 1º).

Saúde e Deporte (Semana 25 do Neira)

Pedro Brandariz
Pedro Brandariz

Promovidas polos Servizos de Xuventude e Deportes de Oleiros celebráronse dentro desta semana as seguintes actividades:

  • “P.G.U. – Partido dos Gordos Unidos”, monólogo de Pedro Brandariz, para ESO 1º.
  • Escalada no pavillón de Bastiagueiro, para ESO 2º.
  • Xogos populares, para ESO 3º.