Coñecer mellor a ría do Burgo para coidala e poñela en valor

Membros do Roots and Shoots!
Membros do Roots and Shoots!

“AS AVES DA RÍA DO BURGO” é o título do informe final, recollido como exposición e presentación audiovisual, dun traballo académico que durou todo o curso. Os responsables do mesmo son as profesoras de bioloxía e xeoloxía e o alumnado de ciencias para o mundo contemporáneo de 1º de bacharelato. Sendo obxecto de investigación e tratamento curricular por parte do departamento citado nos últimos anos. A súa biodiversidade e o tremendo problema da contaminación existente son asuntos recorrentes no traballo de aula para profesoras e alumnos. Este curso retomouse e continuouse implicando materias e alumnado de 2º e 3º de ESO e aos de 1º de bacharelato.

Fixéronse varias saídas á ría para observar e recoller información.

Participouse no encontro do Proxecto Europeo Grundtvig.

Solicitaron datos sobre as actuacións das distintas administracións (Concello de Oleiros, Concello de Culleredo, Concello de Cambre, Xunta de Galicia e Demarcación de Costas) con resultados desiguais nas súas respostas. A colaboración mais valiosa para o grupo veu da Confradía de Pescadores da Coruña e do naturalista experto en aves Antonio Sandoval.

Analizáronse mostras de auga procedente da ría nos laboratorios do centro, estudaron a maneira de identificar especies de aves invernantes na ría – fixéronse fotos e cadernos de campo para recoñecelas -, pasouse unha enquisa co obxecto de detectar o coñecemento das familias e veciños respecto do estado actual da ría e dos seus poboadores… E, como acción transformadora recolléronse mais de 1000 sinaturas entre os membros da comunidade escolar, do entorno e ate onde se chegou, para demandar un maior recoñecemento do valor da nosa ría, así como as conseguintes medidas de protección.

Con estes haberes na carteira profesoras e alumnado acudiron a dous foros nos que facer públicas as súas achegas: o 20 de maio en Pontevedra no marco da A21EG encontro “o alumnado é o protagonista” , o 27 de maio no castelo de Sta. Cruz o IV Congreso Escolar de educación ambiental organizado polo CEIDA.

En Pontevedra reuniuse alumnado e profesorado de 22 centros de ensino de toda Galicia. A viaxe xa foi unha testemuña de aposta pola sustentabilidade: compartiuse o mesmo autobús con compañeiros e compañeiras do IES Fraga do Eume. Foi unha xornada calorosa e frutífera: a estrea da exposición sobre as aves da ría do Burgo ! (14 carteis en lona coas correspondentes especies significativas do humidal, retratadas con calidade, e identificando os seus sinais de identidade). A propia Consellería de Medio Ambiente colgou a exposición nas súas instalacións nas xornadas do profesorado da A21EG e agardamos que o curso vindeiro sexa vista en moitos centros de ensino de Galicia.

Foron os rapaces e rapazas de 1º de Bacharelato quen dinamizaron un seminario matinal amosando unha síntese breve das conclusións de parte do traballo – presentación audiovisual centrada nas aves e a súa caracterización – e logo unha actividade, ben divertida – caderno de campo en man… -, de identificación e debuxo das especies recollidas nos carteis coas fotos dos habitantes da nosa ría. Tamén percorreron os seminarios do resto dos centros sobre sostibilidade e medio ambiente. Case todos os participantes do encontro asinaron a favor dun maior coidado da ría do Burgo. Un momento significativo da xornada foi a visita á exposición en compañía doDirector Xeral de Sustentabilidade e Paisaxe D. Manuel Borobio Sanchiz.

O Director xeral convidou ao “equipo de investigadores” do centro a que fagan as súas alegacións ao Plan do Litoral respecto da ría do Burgo para que sexan consideradas cara o futuro. Asumiremos o compromiso. Abonda con mirar e ver para recoñecer un humidal e as especies que dependen da súa conservación para seguir existindo.

No Castelo de Sta. Cruz o encontro tiña como lema “Espazos para conservar. Defendamos o noso patrimonio natural”. Acudiron cinco centros da comarca da Coruña presentando cada un a súa causa para defender. O nivel científico e de interese foi maior neste foro que no de Pontevedra. Aquí levouse a comunicación do traballo feito en toda a súa extensión. Non so centrado na caracterización das aves. Ao participar no congreso o equipo de investigación pasa a formar parte da rede de centros Jane Goodall.

Somos protagonistas do seu programa educativo Roots and Shoots. Rematou a xornada cun roteiro polo Monumento Natural da Costa de Dexo.

Issa Ndiaye: Vida dun inmigrante

Entrevista feita por Amy Díaz e Sara Castro [3º A ESO]

Issa Ndiaye e Rafael Sánchez
Issa Ndiaye e Rafael Sánchez

Ten 31 anos, naceu en Senegal preto de Dakar e leva dous anos en España. Chega a A Coruña so. Primeiro vai a Lisboa, esta viaxe decide facela en avión, porque a súa aboa “botoulle os osos” e soubo que se viaxaba en patera morrería, de onde foi devolto.

Issa contounos que moitos dos seus amigos que viñeran en patera morreron. As pateras cóllense en Senegal ou en Mauritania, hai que pagarlle ao xefe do barco no que viaxes. Máis ou menos páganse 500 € (diñeiro que aforran durante toda a súa vida, ou ben para casarse, ou ben para viaxar como fixo Issa).

No segundo intento viaxa a Italia, onde estivo catro meses, sen ningún tipo de axudas. Ali non se atopou ben, a xente non era amable, así que colleu un bus e volve a España; Cóntanos que non coñecía a nadie e así, ó chegar, estaba durmindo na rúa cando se lle achegou un policía que lle preguntou que canto tempo levaba alí, él contestoulle que acababa de chegar. O policía compadeceuse del e, vendo que tiña fame, marchou cinco minutos, e volveu cun bocadillo e unha coca-cola, ademais, explicoulle a Issa que non debería estar alí, xa que era un lugar perigoso para él.

Aqui véu sen contactos e vai traballando no que pode. Conoceu a Rafael Sánchez Fernández – abogado que leva toda a súa vida adicada a solidariedade no sindicato Comisiones Obreras- ó frente da casa de Senegal sita en A Coruña na ronda de Outeiro ao lado dunha mezquita. Issa falaba unha mestura de francés e español. Rafael aportoulle axudas metendoo nunha das clases de español, idioma que lle custou moito aprender, a pesar de adicar horas estudandoo.

O seu período de tempo máis dificíl foron os seus primeiros tres meses debido a que non sabía o idioma e non tiña amigos, pero aos seis meses mellorou.

Issa Ndiaye e alumnos de 3º A ESO
Issa Ndiaye e alumnos de 3º A ESO

Elixíu vír a Galiza porque dí que esta tranquilo e pode vivír, cando consiga os papeis, moitos anos sen problemas.

Actualmente vive co seu tío en Vilaboa, e traballa vendendo discos, que consegue baixándoos de internet ou mercando un e facendo moitas copias para sacarlle rendabilidade. Para vendelos busca sitios tranquilos pola noite porque na Calle Real a policía quítanlle as cousas. Se o colleran vendendoos, poderiano mandar de volta ao seu país, ou metelo na cárcere durante uns días.

Os seus principais obxectivos son: Mellorar na súa profesión (é carpinteiro), que pasen os tres anos para poder conseguír os papeis e volver a Senegal e montar un negocio.

O seu sono é conseguír un bo traballo e diñeiro para poder traer ao seu pai e curalo da súa enfermidade (ten unha parte do seu corpo paralizada) porque en Senegal non hai tanta tecnoloxía, e él a parte de curalo, quere conseguirlle unha silla de rodas eléctrica.

Ten unha moza en Marrocos e esta desexando vela, fala con ela todos os días. Tamén se comuníca coa súa familia chamando tódolos domingos preguntarlles que tal están.

Entrevista ó profesor de filosofía, Fernándo Vidal Meijón

Ética e cidadanía, os comezos da filosofía

Entrevista feita por Antía López Mosteiro e Sara Sequeiros Fernández [4ºA ESO]

O profesor Fernando Vidal Meijón
O profesor Fernando Vidal Meijón

¿En que consiste a educación á cidadanía?A educación para a cidadanía e unha materia nova que se introduciu no sistema educativo despois da ultima lei do PSOE, e supostamente pretende cubrir a eses niveis de primeiro ou segundo ciclo de secundaria -xa que hai algunhas comunidades autónomas en España nas que esta materia se imparte en terceiro da ESO- unha serie de contidos que non estaban cubertos, contidos como que son os dereitos humanos, a constitución española, a democracia, cales son os recursos que nos da a democracia para poder exercer como cidadáns, etc.

¿E, dende o seu punto de vista, é bo estudala?Non é nin bo nin malo, estaría mellor se iso se exercese. Se nos Institutos se aplicase máis.

¿Para que serve?Serve para coñecer mellor as cousas, como cando mercas un aparello electrónico e lees as instrucións dun aparello que acabas de mercar. É unha maneira de coñecer eses recursos que a sociedade che ofrece para poder ser cidadán libre e poder facer o que queres facer.

¿Que é a ética?A ética é unha reflexión racional sobre a conduta, coa idea de intentar pensar a mellor maneira de ser felices, si é que se pode pensar iso e si é que hai algún recurso racional que nos permita tomar decisión nunha dirección ou noutra.

¿Para que serve a educación ética-cívica?A verdade é que é pouco tempo ó que se lle adica porque é unha hora semanal, pero debería de servir para facer un exercicio practico de manexo de criterios racionais para reflexionar sobre o que facemos. Cuestionarnos o que facemos, fago isto, por que?

O profesor Vidal con Sara e Antía
O profesor Vidal con Sara e Antía

Antes relacionábase a ética coa relixión, ¿Hoxe en día, que relación teñen?A ética e a relixión van collidas da man. Porque a relixión tamén pretende establecer criterios para vivir. A diferenza é que a ética pretende que ti reflexiones como ser feliz e como vivir sen deus.

¿Qué se estuda na ética?Estúdase elementos necesarios para poder construír elementos racionais sobre a conduta, diferentes elementos que constitúen a moralidade humana (responsabilidade, liberdade…) algún tipo de propostas para ser feliz que fixeron filósofos ao longo da historia. Reflexións sobre os dereitos humanos, feminismo, pacifismo, ecoloxismos…

O obxectivo é poder reflexionar sobre o que fas dende as claves dos distintos puntos de vista.

¿Esta materia esta encamiñada cara a filosofía?Si, porque de algunha maneira si es quen de establecer un discurso racional sobre o que fas, estarás preparado para discutir sobre outros temas máis abstractos como que é a verdade e qué é a mentira e moitos outros temas…

Moitas gracias